Novo curso 2011-2012

Material Escolar: Benvidas e benvidos todos a iste novo curso que acollemos con ilusion pese aos comezos “quentes” na nosa comunidade. No eido da diversidade temos unha nova de interese para os nosos alumnos: A empresa BJ-Adaptaciones ven de publicar un catálogo de Produtos de Apoio que, grazas a condición de Establecemento autorizado pola Consellería de Educación, pódense adquirir como “material didáctico complementario” (art. 10) a través da gratuidade dos

Ler máis

V Encontros TADEGa: Sexualidade e Diversidade

Vimos percibindo que a pesares da importancia que se deu nos derradeiros anos á inclusión das persoas con diversidade funcional en todas as esferas da vida cotiá, aínda segue subsistindo a postura xeralizada na nosa sociedade de que o mundo da sexualidade é un mundo alleo para estas persoas. Acerca do sexo existen en xeral moitos tabús, pero se ademais o relacionamos coas persoas con diversidade funcional xorden unha morea

Ler máis

Prestamo Tecnolóxico 2011

Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico? Produtos á disposición das socias e socios: Miniordenador Asus Eeepc Asus Eeepc Características: 10 pulgadas, Sistema Operativo UBUNTU (Linux) Utilidade: Afacerse a Ubuntu como sistema operativo e ter un netbook na aula. Miniordenador Táctil Asus t91 Asus t91 Características: 7 pulgadas, Sistema Operativo Windows XP Utilidade: Probar as aplicacións convencionais (LIM, JClic, web… ) nun ordenador táctil

Ler máis

Aumentativa renóvase

Como sabedes, todos os socios de TADEGa desfrutades do acceso completo aos materiais de Aumentativa.net. A nova versión reescribe a súa vocación de interactividade e crecemento progresivo. De interactividade, mentres as súas raíces están ben establecidas na escola, que se alimenta a través de investigación-acción e os seus resultados. Tamén pretende medrar segundo as necesidades dos usuarios, que sexa permanentemente aberta para a inclusión e desenvolvemento de novos contidos, así

Ler máis

Rematou o II Congreso TADEGa

Coa resaca aínda do II Congreso TADEGa, queremos antes de nada darvos as grazas a todas as persoas que fixestes posible co voso traballo que o Congreso fora unha realidade. Istes días pasaremos a avaliación do Congreso, do que atoparedes cumprida información dos relatorios en: http://encontros.tadega.net/congreso/programa Novas do Congreso Na TVG: Novas do Congreso Na Voz de Galicia: Ligazón á páxina da Voz de Galicia

Vémonos en Ourense?

Xa está todo listo para o vindeiro Congreso TADEGa, arranca o venres con varias sorpresas, presentacións en exclusividade, sinatura de acordos… pero sobre todo agardando coñecer persoas, persoas en plural, comprometidas e comprometidos coa ilusión, innovación e o aprendizaxe. Vémonos en Ourense?

Picaa en galego na App Store (actualización)

Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil Se hai un tempo informábamos da aplicacion Picaa no App Store para iPhone, iPod touch e iPad; dende o pasado 20 de decembro contamos cunha nova versión 1.4.1 con interesantes novedades: seleción do tipo de letra, incluindo fontes mais informais e de tipo “escolar” nova función para xerar os sons dos elementos mediante un sistema TTS (Text-To-Speech): na edición dos elementos das actividades é

Ler máis

Curso estimulacion da linguaxe

TADEGa organiza, en colaboración co Centro de Atención Psicopedagóxica e Apoio Educativo (APAE), un curso de estimulación da linguaxe oral e escrita. A idea central está baseada no concepto de linguaxe como unha capacidade que require estímulos para o desenvolvemento ideal e eficaz, non esquecendo que algúns/as nenos, dadas as súas características persoais precisan de atención específica. A lingua é un comportamento máis, e como tal se relaciona cunha condición

Ler máis

Axúdanos

Axúdanos a difundir e mellorar o noso congreso en 3 sinxelos xestos: Como? 1. Copia e pega este código nalgún sitio do teu blog ou web <a title=”2º Congreso 2011 TADEGA.net” href=”http://encontros.tadega.net”><img title=”Logotipo do 2º Congreso TADEGa.” src=”http://encontros.tadega.net/wp-content/ uploads/2010/12/logo_web.png” alt=”Enlace e logotipo congreso do 2º Congreso TADEGa Ourense 2011.” width=”130″ height=”130″ /></a> 2. Imprime o póster e/ou o tríptico do congreso e colócaos nun sitio visible do teu lugar de

Ler máis

II Congreso TADEGa, Ourense 2011

Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011 Prácticas dixitais na atención á diversidade Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II Congreso TADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense. Notas de interese Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada

Ler máis