Características Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico. Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter
Obradoiros 2014
Despois do congreso de TADEGa seguimos traballando na formación, nesta ocasión co obxectivo de ofrecerche varios obradoiros para o ano 2014. E para isto necesitamos da túa opinión. Queremos coñecer os teus intereses: temáticas, lugares de celebración, tempo… E se che gustaría coordinar algún dos obradoiros ou mesmo impartilo ti! Por iso temos aquí un formulario que nos axudará a recoller toda esa información e comezar a programación de actividades.
Proxecto Fala Signada
O Proxecto no que participaron 3 Centros Galegos coordinados por TADEGa e 3 Centros da Comunidade de Murcia “O SISTEMA DE COMUNICACION TOTAL FALA-SIGNADA NA PRACTÍCA DOCENTE” gracias á Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade (DIVERTIC); xa ten operativa a web e a aplicación que se deseñou para acceder a todos os materiais Hablasignada: Sistema de Comunicación Total na práctica docente Este proxecto desenvolve a incidencia e repercusiones
Asemblea de Socias e Socios
Convocatoria Convócase ás persoas socias da Asociación TADEGa, á Asemblea que terá lugar no local do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Praza de Curros Enriquez, s/n 36002 – Pontevedra, o vindeiro Sábado 30 de Novembro de 10:00 a 14:00 h, de acordo á seguinte Orde do Día: Orde do día Lectura e Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior Avaliación do III Congreso TADEGa 2013. Estado de
Así foi o III Congreso TADEGa
Ademais de agradecervos a todas e todos os que fixechedes posible coa vosa asistencia iste III Congreso, xa tedes á vosa disposición a páxina de DOCUMENTACION dos relatorios e obradoiros e tamén algunhas fotos: Error 100: Your album id doesn’t appear to be accessible.
III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013
Presentación Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non
Obradoiro TADEGa: Tablets e dispositivos Android
Ao fin unha débeda agardada Dende fai tempo que viñamos anunciando obradoiros en congresos, sempre estabamos cerca e sempre retrasando o anuncio. Agora xa non, toca ir amosando o que será o vindeiro curso 2013/14 que arranca este venres (si, venres 5 de xullo) con este estupendo obradoiro dun tema sumamente demandado: o uso das tablets nas aulas, sobre todo dentro do ámbito da atención á diversidade. Aquí vos deixamos
Como ter os nosos navegadores noviños do trinque
Coidando dos nosos equipos A todas e todos nos ten pasado que conforme imos navegando pola rede de Internet, os nosos navegadores van ralentizando o seu rendemento co paso do tempo e apañando cousas que non queremos (barras de ferramentas, páxinas de procuras, páxinas de inicio…) todo porque algún día decidimos descargar un programa que nos vendían gratis con fama impresionante (aínda que non nos dicían que iso tiña o
Xornadas Por Dereito 2013
Ferramentas para a inclusión Temos o pracer de informarvos de que por 2º ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai celebrar as xornadas de formación e información de especial interese para as persoas con vínculos ou con interese en afondar no coñecemento do TEA. Este ano serán en Pontevedra no Salón de Actos do Pazo da Cultura o día 25 de maio. Poderemos escoitar a persoas de tanto prestixio no
O reino dos mil chanzos
Podemos ver o mundo por un burato ou por unha fiestra marabillosa e mergullarnos nel con tódalas consecuencias e ao mesmo tempo coñecer o mundo da diversidade funcional motora. Desde esta última posibilidade podemos debruzarnos sobre a fantasía dun conto infantil con moitos obxectivos, o máis importante: educar no mundo dos valores. A aceptación do diferente, a empatía, o degoiro de ser capaz e a liberación dos prexuízos é a