Vídeos ‘SAAC’ no ‘SMART Notebook’

Seguimos a buscar posibilidades de traballo interesantes para os nosos alumnos e outro boísimo recurso son os vídeos de SAAC (mais de 900) da Galería de Imaxes de TADEGa. Grazas á pizarra dixital SMART poden acceder eles sos co dedo e unha vez que localizan o que lles interesa é o mestre o que inserta o video nunha actividade do SMART Notebook para que estea á disposición cada vez que necesitemos traballar ise concepto. O proceso é moi sinxelo coma vedes no video, porque como os videos xa estan no formato flv so temos que descargalos ao noso equipo e logo insertalos no notebook como vedes na explicación. Xa contaredes como vos foi. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/s3Cw_1qaHJ0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /][D-362]

Sobre o obradoiro de Pontevedra

[D-360] Felicidades a todos os que tiveron que ver co Obradoiro de Accesibilidade web deste sábado en Pontevedra. Grazas por abrirme un pouco os ollos e en definitiva por facerme partícipe de todo. Empeza unha nova fase. Esperemos que sexamos capaces de realizalo con éxito.

10 razóns para unha web accesible

[D-353-1] Dez razóns para deseñar unha web accesible Este é o título do relatorio que impartirá Emmanuelle Gutiérrez Restrepo [1] da Fundación Sidar [2], na que repasarán as dez razóns para deseñar de xeito accesible, dez razóns de índole técnica, económica e social. Abordará conceptos tales como usabilidade, estándares, web semántica, interoperabilidade, aplicacións enriquecidas, comunicacións móbiles, posicionamento en buscadores, etc. E ademais retransmitida polos nosos compañeiros do CESGA [3]! Hoxe ás 18:00 a través de Internet accedendo á súa web no enlace que xuntamos ao final deste artigo e incluso participar mediante chat, rexistrándose como «anónimo», dende a web da iso-es.org [4] Outra opción tamén é a de seguirse na sede presencial do CESGA [3] en Santiago de Compostela, A Coruña, España. Relación de enlaces web que se citan en orde de mención Bitácora de Enmanuelle Gutiérrez Restrepo: www.bitacoras.sidar.org/emmanuelle Fundación Sidar: www.sidar.org Retransmisión dende o CESGA: mms://windowsmedia.cesga.es/isoc-es Chat para participar dende a Isoc: www.isoc-es.org/chat [D-353-2]

TecnoNEEt 2008 en marcha

[D-312] O congreso abre as súas portas Como xa temos insistido noutras ocasións, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital para conformar así o Congreso Tecnoneet-Logopedia Dixital 2008 que, baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital terá lugar no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008. [D-344] Aberto o prazo de inscrición de comunicacións, pósteres e obradoiros A día de hoxe comunícannos dende a organización que quedan abertos os formularios por Internet para os envíos de traballos (comunicacións, pósteres e obradoiros) para este congreso. Así pois, vos animamos encarecidamente a participar no mellor evento internacional de fala hispana sobre tecnoloxías e atención á diversidade. Moi probablemente, TADEGa estará presente de diversos xeitos: 3 dos nosos compañeiros de TADEGa forman parte do comité organizador (Belén, Antonio e Juan). Nun obradoiro, TADEGa propón obradoiros sobre as plataformas galegas EduLim e Ardora. Noutro obradoiro, a edición dixital de contidos accesibles. Presentación oficial da plataforma Aumentativa.net traducida xa totalmente ao galego grazas a unha equipa de TADEGa (Grazas Belén). Presentación oficial do acordo de colaboración entre Divertic.org e TADEGa.net para o libre intercambio de experiencias e acceso a servizos de ambas asociacións. Vos invitamos a participar Dende a nosa experiencia de convocatorias previas, sabemos que a calidade está garantida. Así pois vos invitamos a que participedes neste excepcional encontro. A maiores, TADEGa está a buscar fórmulas organizativas e económicas para facilitar o acceso a este congreso aos seus asociados. Esperemos poder darvos noticias moi pronto. E, por suposto, tedes toda a información necesaria na súa web: http://congreso.tecnoneet.org/

A fenda dixital medra

[D-345] Veño de visitar algunhas bitácoras, costume diario, para ver que é o que se está a cocer nos foros docentes máis relevantes de fala tanto galega como castelán. Lamentablemente, o panorama resulta bastante empobrecedor: hoxe en día, asistimos con certa emoción á explosión da coñecida como web 2.0: hai unha efervescencia explosiva de comunidades educativas (pais, centros, alumnos e profesores) que se lanzan á construción de webs baixo diversos formatos de nova acuñación (bitácoras, wikis, webquest, etc.) incluso hai algún manifesto (declaración de Roa) para ser asinado sobre o uso de toda esta tecnoloxía nas aulas e de como vertebralas axeitadamente. En cambio, ninguén fala da accesibilidade que todos istes contidos deben cumprir (máximo a partires da publicación do Real Decreto 1494/2007 de 12 de decembro) pero xa sabemos que, a nós, nin os reais decretos nos moven. O caso e que temos milleiros de novas webs creadas dende as escolas e os institutos, case ningunha accesible a persoas con discapacidade, case todas sen saber qué é a accesibilidade web e, polo tanto, despreocupados 100% de tal asunto. Incluso algunhas ata manifestan que asistimos ao peche da fenda dixital, cando eu, nestas visitas, ao que asisto é ao seu axigantamento. Nota: non quero ferir por ferir, o meu obxectivo non é o sangue. Sei da moi boa vontade de moitos redactores destas e doutras milleiras de páxinas máis, pero, se as nosas actitudes provocan discriminacións, non cabe outro recurso que facelo saber, sen panos quentes, máximo cando os danados, son danados sen voz.

Novo libro sobre discapacidade motórica

‘Guía para la evaluación orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios’. [D-338] Fai poucos días, recibimos nos foros da nosa web unha anotación da publicación deste libro e, uns días máis tarde, nas colaboracións da bitácora, unha entrañable nota que nos remitiu o autor deste libro. Queremos expresarlle o noso agradecemento por tanta atención, e agardamos con impaciencia a lectura deste libro que parece moi interesante. Grazas Javier. Ista foi a mensaxe que nos remitiu o seu autor, Javier Martín: No primeiro lugar felicitarvos a todos os que formades parte de Tadega e aos que colaborades neste proxecto; por dúas cousas: polo ben que o facedes, e porque facía falta. Despois de facer eu un comentario no foro de TADEGa (no apartado de bibliografía) Juan animoume a que o fixera aquí. Pois só dicirvos que traballo no IES “Rafael Dieste” de A Coruña (é un centro de escolarización preferente de discapacitados motóricos) e que estou á vosa disposición para todo o relacionado con este tema ou calquera outro. O comentario do foro era iste: “Publicouse a finais de 2007 na Editorial EOS o libro Guía para la evaluación, orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios de Javier Martín Betanzos (servidor)”. O obxectivo desta obra é axudar aos centros educativos e profesores a planificar, axustar e desenvolver unha resposta educativa o mais idónea posíbel aos problemas que suscita a integración de alumnos discapacitados motóricos nos centros ordinarios. Espero que lle valla a alguén. Saúdos, Javier martín. Enlace á bitácora do autor, Javier Martín na web martinbetanzos.spaces.live.com

O presentador con ‘Síndrome de Down’

[D-339] A televisión de Extremadura comezará de contado un programa semanal de media hora de duración para informar sobre o mundo da discapacidade. O programa emitirase os fins de semana e será presentado por unha persoa con síndrome de Down e contará cun debate moderado por unha persoa con parálise cerebral.

Obradoiro accesibilidade no “CRA de Teo”

[D-337] Onte tiven a sorte de poder participar no primeiro obradoiro de accesibilidade básica de contidos web, a pesar de que os meus coñecementos neste tema son moi limitadiños direi que saquei moitas máis cousas en claro do que pensaba a priori. Está claro que con xente deste calibre é fácil ir collendo de aquí e de alá e, pouco a pouco, ir creando o teu propio banco de recursos, ideas moitas, ferramentas tamén, agora votarlle horas para fedellar en todo e ir equivocándome e tamén acertando.

‘Do2Learn’: Recursos para ANEAE

[D-250] Xa hai uns días que o noso compañeiro Abraham avisounos das novidades deste sitio, e como xa facía tempo que non pasaba por alí (www.Do2learn.com), hoxe estiven a fedellar na súa páxina e quedeime gratamente sorprendido polos recursos que agora ofertan: Fotografías da disposición das aulas segundo as necesidades. Xogos de estimulación sensorial. Gratuítos ou de pago. Propostas de actividades. Material para imprimir. Guías de diagnose para necesidades educativas. Paga a pena se non o coñeciades!