A educación inclusiva a debate

Con motivo da celebración do Congreso de Educación FEAPS (1), a organizacion celebrou un café con expertos nesta materia e que son os encargados de deseñar o modelo de educación de FEAPS que se presentará no citado Congreso, o próximo mes de febreiro en Córdoba. Neste café-coloquio (2) tocáronse moitos dos aspectos que debatíamos hai días. Algún dos temas facían referencia as carencias, ausencias, faltas, non existencias… que aparecen se preguntamos educación inclusiva?. Cando se fala de inclusión non se fala dunha metodoloxía nin dun procedemento, fálase dunha cultura, dunha actitude, dunha ética, en relación coa educación en xeral, que todos os nenos teñan a educación que merecen. Neste sentido na inclusión sí se foi avanzando: hai máis crenza, máis ideoloxía positiva, máis paixón por quen a ten, pero é de agradecer non é eSixible. Hoxe en día non hai nada que esixa nas normativas esta formulación. Se a túa filla ten a sorte de estar nun centro que por sorte, polas actitudes e as características do colexio e das persoas, vaille ben pois é unha afortunada, pero se está nunha entidade onde, ese colexio, eses profesores ou a sociedade de ao redor non ten esta cultura, ninguén lle vai a pór sistemas de proceso de mellora para que realmente chegue a inclusión. Os cambios e as transformacións non terían só que ver con cambios de mentalidade, que son básicos, se non que ademais terían que ir acompañados de transformacións de esixencia. Enlaces de interese Enlace ao Congreso FEAPS de Educación www.feaps.org Enlace ao texto íntegro do café coloquio Café Coloquio sobre Inclusion

Xornadas Autismo Galicia

Xornadas: “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autista” [D-619] A Federación AUTISMO GALICIA (1) organizará unhas Xornadas os días 12, 13 e 14 de decembro na Facultade de Filosofía, en Santiago de Compostela baixo o título “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autista”. A través destas xornadas tratarase de achegar á cidadanía os avances na tecnoloxía dentro dun campo tan ignorado como é o das persoas con Trastornos do Espectro Autista (T.E.A.) e persoas con Discapacidade en xeral. Todos os grupos representados, poderán proporcionar a súa visión sobre aquelas aplicacións informáticas que constitúen unha innovación no campo da tecnoloxía e facilitan o traballo dos/as traballadores/as dos centros, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida das persoas con T.E.A. e a das súas familias. Total horas: 20. CRÉDITOS CONCEDIDOS: 1 Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e Universidade de Vigo Inscrición: Servizo de Participación e Integración Universitaria Casas Reais, 8. Santiago Telf.: 981 563 100, ext. 12859/12864/23573 O prazo para inscribirse será ata fin de aforo. TADEGa, participará cunha intervención o sábado pola tarde. Enlaces de interese Enlace á páxina de Autismo Galicia www.autismogalicia.org Enlace ao programa das Xornadas Documento pdf das Xornadas

I Obradoiro ASPERGA

[D-608] A Asociación de familias afectadas pola Síndrome de Asperger en Galicia (ASPERGA), en colaboración con Ucatea e Iniciativa Integra, organiza o I OBRADOIRO ASPERGA. “O síndrome de Asperger no entorno familiar”. Terá lugar o día 20 de decembro de 2008 de 10:00 a 14:00h na Aula de Cultura da Caixa Galicia. c/Médico Rodriguez (Juan Flórez). A Coruña. Entrada Libre Análise da situación dos afectados polo Síndrome de Ásperger dentro do seu entorno máis próximo, a familia. Profesionais no campo da psicoloxía e a educación aportarán o marco teórico; a través de obradoiros poderanse coñecer tamén experiencias de familias e afectados. Enlaces de interese Información de contacto: ASPERGA. Marisol Andújar Morales 988247083 // 659159285 aasperga@gmail.com Tríptico do Obradoiro Tríptico

TECNONEET 2010

[D-606] Namentres que todavía está fresquiño nas mentes de moitos de nós o V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) – III Xornadas de Logopedia Dixital 2008, desenvolvido no mes de setembro en Murcia, naquela terra xa teñen postas as súas miras no 2010, ano no que presentarán o VI Congreso TecnoNEEt, baixo o lema “25 años de integración en España”. Será o 4, 5 e 6 de marzo. Para todas as persoas que non o saibades todavía, TecnoNEEt; é o nome que reciben os congresos bianuais que se desenvolven na comunidade murciana dende o ano 2000, no eido das novas tecnoloxías e a atención á diversidade. Esta iniciativa, respaldada pola Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia, foi medrando paseniño e collendo forza, quizáis polo seu carácter dinámico e interactivo, quizáis pola variedade no tratamento dos contidos e pola súa practicidade, ou quizáis pola profesionalidade coa que en todo momento se procurou dar resposta á demanda dun número cada vez maior de escolas que sinten a necesidade de incorporar as tecnoloxías educativas nas aulas para contribuír na mellora da calidade de vida do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Ou, se cadra, por todo un pouco. Así pois, tampouco debera sorprendernos que os murcianos estivesen argallando xa unha nova cita na súa terra. E o 2010 promete ser moi especial, posto que, entre outras cuestións, aproveitarán a coincidencia cos 25 anos de integración que cumplimos en España para facer unha análise das súas repercusións na educación e da medida na que contribuíron as novas tecnoloxías neste proceso de cambio, co fin de propoñer novas liñas de actuación para a mellora das nosas escolas. Dende logo, ao equipo TecnoNEET todavía lle queda moito que camiñar e a nós moito que esperar para aproveitarnos de todo o seu traballo. Pero, sen dúbida, pagará a pena. Así que non vos esquenzades e anotade: os días 4, 5 e 6 de marzo do 2010 tendes unha cita en Murcia. Enlaces de interese Ligazón á web do VI Tecnoneet: www.tecnoneet.org

ISAAC 2010

[D-609-1] [D-609-2] A 14ª Conferencia Internacional de ISAAC, terá lugar en Barcelona do 24 ó 31 de xullo de 2010 baixo o lema “Comunicando Mundos”. Dita conferencia quere reunir a profesionais, usuarios e familias de todo o mundo que empregan e promoven o emprego da Comunicación aumentativa e alternativa (CAA). En Barcelona haberá espacio para o intercambio de experiencias, estudos e opinións en torno ás CAA. O obxectivo é aprender uns dos outros. Durará un total de 8 días: 2 días de formación, onde expertos de prestixio realizarán obradoiros sobre temas específicos con CAA. 4 días de conferencias, onde se agarda que os participantes aporten as súas experiencias e opinións en relación a CAA, dende o ámbito educativo, social, sanitario e persoal. 2 días de simposio científico, onde os principais investigadores de todo o mundo neste ámbito mostran as liñas de investigación actuais. Tamén se contará coa presenza das principais empresas do sector de todo o mundo, cunha exposición permanente dos seus productos, demostracións das últimas novidades en Sistemas aumentativos e alternativos de Comunicación. Enlaces de interese Ligazón á web da Conferencia de Barcelona: www.isaac2010.org

Educación inclusiva

Este artigo é unha nota remitida polo foro de vida independente coa solicitude de ser publicada nesta bitácora que gustosamente aceptamos. [D-600] A Xunta de Galicia incumpre a Convención de Dereitos Humáns das Persoas con Discapacidade e a LOE A decisión da Consellería de Educación que segregará aos nenos con diversidade funcional vai en contra da lei. Ante a proliferación de situacións en que nenos con diversidade funcional física ou intelectual que se atopaban integrados en centros educativos ordinarios están sendo obrigados pola Xunta a pasar a centros especiais, o Foro de Vida Independiente (1) sinala que isto supón un contrasentido dado que se avalou a obrigatoriedade dunha educación inclusiva, tal como establece a Convención de Dereitos Humanos dos discapacitados. Non resulta razoable que tras anos de asistencia a un centro escolar alguén con diversidade funcional véxase segregado a un centro que baixo o ampuloso título de especial é en realidade un Gulag ou Guantánamo no que fóra da vista da sociedade instrúese aos escolares en que a súa diversidade é motivo de exclusión social respecto aos estudantes da súa idade e entorno social. A esta práctica mafiosa, mediante informes tendenciosos e instrucións internas, a Xunta intenta dar un verniz de lexitimidade co anuncio dun decreto de atención á diversidade mediante o desvío dos alumnos con discapacidade a aulas específicas, para facer desaparecer as dificultades de integración creadas pola falta de recursos, vontade e coñecementos para o cumprimento da educación inclusiva que a legalidade vixente establece. O Foro de Vida Independiente coincide co obxectivo que alega a Xunta de “racionalizar recursos”, pero xa que existe diñeiro para dispendios (coches oficiais a 480.000 euros a unidade, 2 millóns de euros para remodelar un despacho, 355 coches oficiais cos seus respectivos condutores, edificios (O Porriño) construídos fai anos aos que non se lle deu ningún uso,…),que non responden a ningún dereito da cidadanía, estes gastos deben efectuarse despois de haber cuberto os fondos precisos para unha educación inclusiva de calidade para todos os galegos. O Foro de Vida Independiente fai un chamamento á comunidade educativa, ao movemento asociativo da discapacidade, aos representantes políticos escollidos nas eleccións e á sociedade en xeral para impedir que a segregación escolar impóñase en Galicia ou en calquera outra comunidade española porque trátase dunha violación dos dereitos humáns. Ao mesmo tempo queremos manifestar a nosa máis profunda preocupación polo feito de que TSXG declárese “incompetente” na demanda dun pai pola imposición da Xunta de enviar a un alumno, despois de estar nun centro de integración do seu contorno, a un especifico para persoas con diversidade funcional. Se a administración

Ler máis

Moi capaces.

Hoxe con motivo do seu Día Internacional, a Televisión de Galicia trasladouse ás instalacións de ASPRONAGA (1) en Oleiros para coñecer as actividades que realizan no Centro Ocupacional. Persoas, moi capaces. [D-598] Enlaces de interese Ligazón á web de ASPRONAGA: www.aspronaga.org Ligazón ao vídeo de presentación de A Revista: Vídeo de presentación de A Revista Ligazón ao vídeo 2 de A Revista: Vídeo de presentación de A Revista

AbleTech

[D-595] Os días 10 e 11 de nadal, celébrase no BEC de Barakaldo (Bilbao), o I Congreso Internacional sobre Tecnoloxías para a Accesibilidade e de Apoio ás Persoas Dependentes: ableTech’08 Organizado por TECNALIA, pretende ser un foro no que expertos do ámbito internacional do sector intercambien as súas experiencias para aprender das boas prácticas doutros países. Enlaces de interese Ligazón á web do Congreso: www.abletech.org Ligazón ao documento con informacion do evento: Documento pdf coa informacion

e-Asturias

[D-591] Os nosos primos veñen de celebrar os seus Premios á Sociedade da Información 2008. Na categoría “Mejor Iniciativa para la reducción de la brecha digital”, os premiados foron os nosos compañeiros e amigos Daniel Muñoz e Rubén Velasco polo proxecto “Comunicador Personal Adaptable”. Dende estas páxinas non queremos deixar de felicitalos e non so pola súa ferramenta, senón tamén pola súa amabilidade e amigabilidade a hora de enviar os cd’s, facilitar a instalación, etc etc. Noraboa. Eiquí tendes unhos amigos para o que precisedes. Enlaces de interese Ligazón á web dos Premios: www.e-asturias.es Ligazón á web do Comunicador Personal Adaptable: www.comunicadorcpa.com

Cognitiva

Pois como o prometido é debeda, ahí o vai un pequeno resumo do que Manuela de Fonos Salud veu a TADEGA a amosarnos da ferramenta “Cognitiva”; que aborda o proceso lectoescritor e trata a estimulación e a rehabilitación cognitiva desde a perspectiva neuropsicolóxica, tendo en conta os diversos sistemas funcionais que interveñen en ela. [kml_flashembed movie=”https://tadega.net/wp-content/uploads/2008/11/cognitiva_lectoecritura.swf” width=”400″ height=”300″ wmode=”transparent” /] [D-588] Enlaces de interese Ligazón á web de cognitiva: www.cognitiva.es Ligazón á presentacion I de cognitiva: Presentación I Ligazón á presentacion I de cognitiva: Presentación II