Carta de apoio candidatura ARASAAC

Carta de apoio candidatura ARASAAC

Carta de apoio á candidatura aos Premios Príncipe de Asturias do Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa –ARASAAC-   Ista é a nosa pequena achega aos compañeiros de ARASAAC. Son un exemplo de superación e esforzo en prol dos dereitos das persoas con diversidade funcional. Non podemos esquecer que son a voz de millóns de persoas e unha ferramenta que evoluciona diariamente gracias á colaboración de persoas de todo o mundo, unidos baixo a mesma Lingua.   Gracias a iniciativas como ista, dispoñemos tamén co noso apoio, de todo o banco de pictogramas e imaxes ARASAAC en Galego porén do resto de accións en galego no Portal e todo distribuíndose de xeito libre baixo licencia Creative Commons (BY-NC-SA)   Parabéns Se pertences a un colectivo ou Asociación, dende TADEGa convidámosvos a que do mesmo xeito valoredes dar o voso apoio á candidatura ARASAAC asinando o presente documento. Carta de APOYO

Máis formación

Unha vez rematado o curso de discapacidade visual e mirando as valoracións do mesmo, temos que darvos a noraboa por estar istes dous dias xuntos, compartindo “maternidades e paternidades” 😉 e tamén dar as grazas a Emma polo gran traballo desenvolvido. A isto sumamos o artigo de hai uns días cos dous primeiros obradoiros de 2012 en Cangas e A Coruña e algun mais por concretar que se acaba de propoñer para Lugo. Alguén da mais? Ligazóns: Video cunha das practicas do curso Páxina de Emma Mayo Psicóloga Obradoiros 2012 Fai a túa proposta de Formación 2012

Curso Discapacidade Visual (actualización)

O Alumnado con discapacidade visual e o seu contexto: Centro Educativo e Familia Texto actualizado: Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. TADEGa organiza os días 25 e 26 de Novembro, en colaboración co gabinete de psicoloxía Emma Mayo Psicóloga, un curso sobre “o alumnado con discapacidade visual e o seu contexto”. Consideramos que este curso é moi necesario pois, segundo datos da propia Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) publicados na súa web (http://www.once.es/new/afiliacion/datos-estadisticos), en Galicia existen un total de 265 rapaces entre os 0 e os 18 anos con discapacidade visual (142 homes e 123 mulleres), polo que é moi probable que nalgún momento da túa vida profesional teñas que impartir clases a algún destes rapaces/as, incluso a pesares de non telo feito con anterioridade e de non saber, a priori, que metodoloxía seguir. A través deste curso pretendemos que coñezas qué é iso da discapacidade visual, pero non só a través das definicións teóricas existentes, senón que pretendemos proporcionarche unha experiencia práctica que che axude a poñerte na pel dese posible alumno/a cego e/ou deficiente visual que, probablemente, algún día atoparás na túa aula. Ademais, proporcionarémosche diferentes estratexias para facilitar a intervención (organización da aula, localización do alumno, pautas de comunicación, recursos que facilitan o proceso educativo, adaptacións necesarias, tecnoloxías para a discapacidade visual…etc.) sen esquecernos de algo fundamental: a familia. Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para atender, dun xeito eficaz, aos alumnos/as que presentan discapacidade visual, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función do grado de discapacidade que presenta o alumno, así como doutras variables. Contidos do curso Miramos o síntoma ou estudamos ao neno? Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (I) Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (II) O meu compañeiro ten unha discapacidade visual, como podo axudalo? A familia O meu centro é un centro inclusivo para un alumno con discapacidade visual? Debate e conclusións Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Ligazóns (Ábrense nunha ventana nova) Formulario de inscripción Mais información Cartel do Curso Páxina de Emma Mayo Psicóloga

Aumenta o servizo de Préstamo

Ola a tas e todos, o servizo de Préstamos vense de ampliar coa incorporación de varios aparellos de un usuario que xa non os emprega (Grazas mil Luluxa 🙂 ) son os seguintes: Teclado: Non require ningunha instalación previa. Emulador de rato: Totalmente personalizable ás capacidades motoras. Libro básico de comunicación rápida: ten unha gravadora e un micrófono en cada páxina. Só hai que meterlle as imaxes impresas que se precisen. Para asambleas, obras de teatro, contestar nun exame, transmitir recados… Para grabar: premer. Para escoitar: premer. É absolutamente fácil, o que o fai funcional para familias de perfil tecnolóxico baixo, ou fácilmente transportable cando sexa preciso. Poderedes atopar o Formulario da Solicitude no icono da columna da dereita correspondente ao Servizo de Préstamo Ligazón á paxina do Servizo de Préstamo

Volven os obradoiros

Pois sí, un dos temas importantes que tiñamos pendente eran os Obradoiros de Formación TADEGa que xa en varias ocasións levounos a coñecer a moitas e moitos de vos por toda Galicia. A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…) Xa sabedes que os obradoiros serán gratuitos para socias e socios de TADEGA, pero tamén poderá asistir cunha minima inscrición calquera persoa que lle interese. O obxectivo é adquirir competencia ou iniciarse en cada tema, NON se entregará certificación algunha. Agardamos que sexa ista unha nova de interese e que demandedes o que precisedes!! Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación

Nova Xunta Diretiva

O pasado Sábado, tivo lugar a Asamblea TADEGA coa anovacion da xunta directiva como principal tema a tratar, quedando diste xeito formada por:             Presidencia: Juan Fernández Vicepresidencia: Belén Junquera Tesoureiría: Ana Dominguez Secretaría : Felo Couto Vogais: Emma País, María Blanco e Susana Fernandez Así que nos vindeiros días, darémosvos cumprida información do acontecido na Asamblea celebrada na Estrada (grazas María) e da proposta de actividades que levaremos acabo niste periodo. Faremos tamén unha recollida de información de aqueles temas que mais vos interesan para artellar obradoiros de formacion, etc Así que alá imos!!! 😉

FEAPS reivindica una educación inclusiva

En el inicio del curso escolar, FEAPS reivindica una educación inclusiva para el desarrollo de ciudadanos de pleno derecho.   Desde hace años, FEAPS apuesta por una educación inclusiva que favorezca la creación de una sociedad mejor para todos y que sea capaz de entender la diversidad como riqueza. Una educación pensada, no exclusivamente para el alumnado con necesidades educativas especiales, sino para cualquier alumno en cualquier momento de su vida (tal y como apunta el Modelo de FEAPS en Educación que se presentó en el Congreso Nacional “Educar + Incluir = Convivir”, celebrado en 2009 en Córdoba). En un contexto educativo complejo dentro de una crisis global, FEAPS reivindica un modelo  que logre personas con poder para construir, desplegar y defender –con los apoyos que sea necesario–, sus propios proyectos de vida, en un contexto de convivencia, contribuyendo así a la riqueza humana y al cambio hacia una sociedad más justa e igualitaria. Esta reivindicación se refleja en los documentos: “La Educación que queremos”, editado por FEAPS en 2010 en doble versión castellano / inglés, en el que se reúne un conjunto de propósitos y acciones para orientar la acción educativa; y la “Guía REINE, una reflexión ética para la inclusión educativa”,  que profundiza en la idea de que es la propia escuela la que tiene la capacidad de cambiar hacia un modelo inclusivo de educación, algo que no debe plantearse sólo desde la existencia de leyes, sino sobre todo desde la voluntad y el compromiso ético de todos los agentes de la escuela.  Ambos documentos se encuentran disponible en el archivo de la página web de FEAPS www.feaps.org En FEAPS somos conscientes de que existen escuelas dentro de nuestro Movimiento Asociativo denominadas de Educación Especial, que se encuentran fuera del formato ordinario de educación inclusiva, y que se centran en aquellos alumnos con necesidades de apoyo más intensas, más permanentes. Pero somos conscientes de que las escuelas específicas para este tipo de alumnado, están  luchando para acercarse a propuestas de inclusión. Por eso, un grupo de expertos de FEAPS está trabajando en una herramienta que medirá en qué medida un Centro de Educación Especial está comprometido con la inclusión y los derechos de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo, y cómo puede ir progresando hacia un modelo más inclusivo. Esta herramienta saldrá publicada en este primer trimestre del curso y se pondrá a disposición de cualquier centro que la solicite. Descargar nota de prensa (pdf) Descargar “Guía REINE, una reflexión ética para la inclusión educativa” (pdf) Descargar “La Educación que Queremos” (pdf) / “The Education we want” (pdf)

Asamblea TADEGa 2011

Ola a todas e todos: Alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asemblea xeral extraordinaria de TADEGa que terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro ás 10:10 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 10:30 horas en segunda convocatoria no estudo de grabación Phonos da Estrada, Pontevedra en “Calle de la Gradín, 36680 A Estrada, Pontevedra“, (lugar entrañable para esta asociación pola súa magnífica colaboración na grabación dos audios do contos de Xandre); e coa seguinte orde do día: Lectura e aprobación da acta da sesión anterior. Estado de contas e presuposto para o ano 2012. Presentación de candidaturas para o cambio ou a anovación da presidencia e xunta directiva. Resumo e propostas sobre diversos asuntos. Aprovación da acta de sesión co visto bo da nova xunta directiva. Rogos e preguntas. Trataremos en todo momento de respectar ao máximo os horarios da institución que amablemente nos acolle. Sabendo isto e contando coa vosa axuda, tede en conta que: Tal e como se recolle nos estatutos (dos que se xunta enlace de acceso), só poderán exercer voto na asemblea as persoas socias, e no caso particular da votación concreta para á elección da presidencia, as persoas socias con alomenos 1 ano de antigüidade tendo como data de referencia o propio día da asemblea. As persoas interesadas en presentar candidatura á presidencia ou anovar a actual deberán presentarse na asemblea (punto 3) dándoselles tempo para detallar a súa candidatura. Debemos facer o posible para finalizar no horario de mañá e rematar non máis tarde das 14’00 horas, (no caso de non ser posible continuaríase en horario de tarde). Finalizada a sesión de mañá, teríamos un xantar festivo e de convivencia nalgún dos restaurantes da zona. A fin de saber con canta xente podemos contar para os distintos actos programados e o aforo que imos ocupar, precisamos que remitades as persoas interesadas en participar un correo electrónico de confirmación ao enderezo contactar@tadega.net non máis tarde do 25 deste mes indicando as persoas que, no seu caso, asistirían. Agradecendo de antemán o esforzo, atención e compromiso, recibide un cordial e afectuoso saúdo. Juan J. Fedez. García Pte. de TADEGa Referencias que se citan: Ubicación xeográfica do Estudo Phonos na Estrada segundo Google Maps: [Enlace á ubicación xeográfica]. Enlace a copia íntegra dos estatutos: [Enlace á copia en formato PDF dos estatutos].

Novo curso 2011-2012

Material Escolar: Benvidas e benvidos todos a iste novo curso que acollemos con ilusion pese aos comezos “quentes” na nosa comunidade. No eido da diversidade temos unha nova de interese para os nosos alumnos: A empresa BJ-Adaptaciones ven de publicar un catálogo de Produtos de Apoio que, grazas a condición de Establecemento autorizado pola Consellería de Educación, pódense adquirir como “material didáctico complementario” (art. 10) a través da gratuidade dos libros de texto para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo: “No caso do alumnado matriculado en educación especial (art. 5: en Centros Específicos ou en unidades de educacion especial en centros ordinarios (…) 250 €uros) o director ou directora do centro poderá coordinar a adquisición de material en distintos establecementos entregando os vales que lle corresponden a este alumnado, logo da autorización por escrito das persoas beneficiarias” Mensaxe recibida do equipo de BJ-Adaptaciones: Os hemos preparado una selección de nuestro catálogo que puedes descargarte AQUÍ con esos productos, incluyendo los precios con IVA para vuestra mayor comodidad. También hemos preparado un formulario de solicitud de presupuesto rápido que puedes rellenar on-line AQUÍ. Por supuesto, todas las otras vías de contacto están abiertas a tu disposición (nuestros delegados, teléfono, correo electrónico, etc.) Ligazóns: Documento pdf da convocatoria da gratuidade no Diario Oficial Documento pdf do catálogo de BJ

Curso estimulacion da linguaxe

TADEGa organiza, en colaboración co Centro de Atención Psicopedagóxica e Apoio Educativo (APAE), un curso de estimulación da linguaxe oral e escrita. A idea central está baseada no concepto de linguaxe como unha capacidade que require estímulos para o desenvolvemento ideal e eficaz, non esquecendo que algúns/as nenos, dadas as súas características persoais precisan de atención específica. A lingua é un comportamento máis, e como tal se relaciona cunha condición precedente e un efecto ou consecuencia sobre o medio ambiente, polo que é moi importante o uso de reforzos para axudar a manter este comportamento desexable. A través de este curso pretendemos a concepción da linguaxe como unha habilidade estructurada en fonética/fonoloxía, morfosintaxis, semántica e pragmática, e é de gran importancia darse conta de que esto é sempre igual, independentemente do neno ou do trastorno que padeza, polo que a avaliación e a intervención será sempre a misma, e irá marcada polas características personais e do desenvolvemento de cada un dos nenos, nunca polo seu trastorno. Dada a interrelación entre linguaxe oral e o escrito, aprenderemos a estimular tanto un coma outro, e empezaremos a ser conscentes de cómo os nosos alumnos adquiren ambas habilidades apoiándose tanto na oralidade como na escrita. Esto é de gran importancia cando traballamos con neno/as de Educación Primaria, tanto para previr como para intervir en casos de Trastornos Específicos da Linguaxe escrita (dislexia) Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para estimular a linguaxe dos seus alumnos/as dun xeito eficaz tanto na aula ordinaria coma na aula específica, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función dos avances obtidos. Contidos do curso Consideracions xerais: Estimulación da linguaxe: Causas e consecuencias. Detección de alteracions Definición de trastorno Desarrollo evolutivo da linguaxe de 0 a 3 anos Cómo elaboramos un plan de intervención de 0 a 3 anos Avaliación da linguaxe: Qué availiamos, cómo facelo e quén Intervención na aula específica e intervención na aula ordinaria Componentes da linguaxe: Fonética/Fonoloxía: Definición e intervención (Teoría e práctica) Semántica: Definición e intervención. (Teoría e práctica) Morfosintaxis: Definición e intervención. (Teoría e práctica) Pragmática: Definición e intervención. (Teoría e práctica) Cómo elaboramos un plan de intervención a partir dos 3 anos Adaptacions metodolóxicas para: Trastornos da articulación: Dislalia, disartria, disglosia Retraso na adquisición da linguaxe Trastornos específicos da linguaxe oral (TEL): Retraso da linguaxe, disfasia Trastornos da fluidez e o ritmo: Tartamudez, disfemia, farfulleo, disritmias Trastorno específico da linguaxe escrita (dislexia) Trastornos da linguaxe e a comunicación asociados a: Trastornos xeralizados do desenvolvemento, Síndrome de Down, Habilidades intelectuais baixas, Parálise cerebral, Deficiencias

Ler máis