Conclusións Tecnoneet 2008

[D-691] Ola a todas e todos. Comprácenos comunicarvos que, tras algunhas discusións nos comités encargados na súa elaboración, remítennos o documento definitivo de Conclusións do V Congreso Tecnoneet 2008. O colectivo tadeguiano en xeral sintese moi orgulloso diste documento no que traballaron activamente e, en especial o noso Juan. Noraboa Presi Acceso ao documento

Xornadas AGPETAL-TADEGa

XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009 [D-667] Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña. Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional Los temas a tratar en esencia son: Audición e linguaxe. TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación). Atención a alumnado con implante coclear. Foros activos de experiencias TIC. Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros. A matrícula dá dereito á: Asistencia ás XII Xornadas. Carpeta de documentación e traballo. Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa. (Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña). No enlace que vos amosamos a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas. Tríptico informativo das xorndadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat): [Enlace].

Bo Nadal

[D-629] Xa estamos nestas entrañables datas nas que gostamos de estar coas persoas achegadas, as mais queridas e a familia. Ista nova familia que nun ano de vida está a conformar un agarimoso lugar nos nosos corazóns, deséxavos unhas Felices Festas. Familia TADEGa.net