Cursos de Formación

Os nosos compañeiros de DIVERTIC , entre as actividades que promove está a edición e desenvolvemento de cursos de formación para docentes nos ámbitos das Tecnoloxías da Información y Comunicación en xeral e das Necesidades Educativas Especiais en particular. Las Tecnologías de la Información y la Comunicación aplicadas a los sistemas de comunicación aumentativa. Curso . Horas: 30 Créditos: 3 Fecha de inicio: 26 de Noviembre de 2010 Fecha de finalización: 24 de Enero de 2011 Precio: 30 euros En trámite de homologación por parte de la Consejería de Educación, Formación y Empleo de la Región de Murcia Empleo didáctico de LIM, Libros Interactivos Multimedia. Curso Telemático. Horas: 40 Créditos: 4 Fecha de inicio: 26 de Enero de 2011 Fecha de finalización: 16 de Marzo de 2011 Precio: 40 euros En trámite de homologación por parte de la Consejería de Educación, Formación y Empleo de la Región de Murcia Última hora: As socias e socios de TADEGA, teñen un 20% de desconto na matrícula Mais información http://www.divertic.org/index4.php

Emma Mayo Pais

Así é, con nome e apelidos: Doutora Mª Emma Mayo Pais. Non sen moito traballo, o pasado venres 30 de xullo leuse a Tese Doutoral: “La familia ante la discapacidad visual de un hijo”, que mereceu por parte do Tribunal a calificación de Sobresaínte Cum Laude. Parabens doutora, seguro que isto so é comezo dunha ampla traxectoria investigadora en prol das persoas con diversidade funcional. Entrevista no xornal ABC

Integratek

Integratek, solucións de voz para estudiantes con dislexia e outros trastornos específicos da aprendizaxe. www.integratek.es http://integratek.wordpress.com/

Messenguer Visual

O Messenger visual é un proxecto de servizo de mensaxería instantánea baseado en pictogramas, a fin de permitir a comunicación entre as persoas que teñen dificultade de lectura, escritura, fala ou movemento. Usa un sistema alternativo de comunicación e de palabras que representan conceptos a través de símbolos. O ambiente do programa tamén é máis visual. A idea é simple, pero ofrece unha excelente solución para miles de persoas: substituír a palabra (“mazá”, por exemplo) co símbolo (a imaxe dunha mazá). Os símbolos están clasificados por temas e cada persoa, da súa conta, pode enviar varios nunha liña, por forma a relacionarse as palabras nunha frase. Entón, o xeito de construír a mensaxe é intuitivo. “Destina-se a un tipo de poboación que agora non pode acceder a rede internet, a rede principalmente por mor da palabra escrita prevalece, explica Sandra Delgado, Coordenadora pedagóxica do Messenger Visual. Co Messenger é sensibilizar a poboación en xeral que moitas persoas non teñen acceso á rede. ” O programa é software libre e emprega pictogramas ARASAAC organización, que tamén ten unha licenza Creative Commons, o que significa que todos son libres para usalo e melloralo. A iniciativa foi desenvolvida no Centro de Innovación Tecnolóxica adaptados a persoas. http://devel.cpl.upc.edu/messengervisual/ Centro de Innovación Tecnolóxica adaptados a persoas http://www.fundmaresme.com/messengervisual/ http://devel.cpl.upc.edu/messengervisual/downloads/1

Síndrome de Down: Lectura y escritura

O libro de María Victoria Troncoso e María Mercedes del Cerro, da Fundación Síndrome de Down de Cantabria supuxo no seu día un magnífico recurso de traballo dende 1998. A nova é que agora está tamén dispoñible on-line así como as fichas en formato PowerPoint y Pdf. Tedes todo o material e o proxecto no enlace de Internet: www.down21.org/educ_psc/material/librolectura

Préstamo tecnolóxico TADEGa (actualización II)

Seguimos co servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega e parecemos aboados a unha única marca pero vaia por diante que non hai relacion algunha e so tratar de achegar os aparellos que nos parecen mais axeitados para un uso dentro, por e para as aulas. A novidade: http://www.geekets.com/2009/06/16/asus-t91-un-tablet-netbook-muy-interesante/ (Exemplo pasado do préstamo do EeeTop)”Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a isto , tod@s podemos manexar o ordenador sen problema e sen lios co rato. O resultado foi moi bo, a un fácil manexo, se únelle a posibilidade de utilizalo en parellas sen ter que pasarse o rato ( co enredo que iso supón), a motivación para esta nova ferramenta é moi grande, ademais, cun mínimo de adestramento ata os máis pícaros do cole úsano sen problema. Lucas e Conchi (Vincis) resolveron unhas actividades de LIM sen problema.” Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico? Envía o documento de colaboracion ao enderezo colaboracions (arroba) tadega.net e atenderemos o teu caso canto antes. Actualización Elementos actuais de TADEGa en préstamo:

Xornada dereitos humanos

Ola compañeiros, o vindeiro mércores celébrase en Vigo unha xornada sobre Dereitos Humanos, estades todos e todas convidados. Adxúntovos o cartel e o programa. A tadeguiana Cuca ten unha breve intervención… agardamos que non se poña moi nerviosa 😉 Tamén vos pedimos que lle désedes a isto a maior difusión posible pois esta xentiña está a traballar moito pola mellora da calidade de vida das persoas con Diversidade Funcional. Documento co Programa das Xornadas

XII Xornadas AGPETAL III Xornadas TADEGa

Unha vez pasadas as Xornadas, e os retallos organizativos que aínda quedan, iremos dixerindo todo o material, fotos, vídeos, contidos… que produciron as Xornadas. Hoxe o vídeo do Proxecto Foro TecnoNEEt (1), logros e perspectivas de futuro; e tamén o PowerPoint lo Lobo Feroz (2) que Borja de BJ-Adaptaciones (3) dixo que nos deixaba. Grazas a todas e a todos. [D-702] Ligazons (1)Ligazón á web do Foro TecnoNEEt (2)Ligazón ao PowerPoint “La Historia do Gran Lobo Feroz” (3)Ligazón á web de BJ Adaptaciones (4)Ligazón ao álbum de fotos de Picasa das Xornadas