EVIN: Estimula a visión na rede

EVIN é unha plataforma web para a estimulación visual de nenas e nenos con baixa visión. Isto é o que din: “esta estimulación se realizará mediante juegos para ejercitar al usuario en diferentes tareas visuales y así mejorar sus capacidades perceptivovisuales“ Todos os exercicios e xogos realízanse on-line e os estímulos que se presentan son bastante configurables. Nun principio arrancan con dous xogos Exploracións e puzzles, pero teñen a intención de achegar máis. Para o tema deste artigo relacionado coa discapacidade visual recomendo o caderno de bitácora Interedvisual, que ofrece noticias e recursos para profesores.

Regular a accesibilidade de persoas xordas

Vía (DiarioSigno.com) atópamonos esta nova moi interesante sobre a accesibilidade das persoas xordas e as Novas Tecnoloxías e a súa regulación nos EEUU. Parece que unha coalición de organizacións para as tecnoloxías accesibles (COAT) composta por 45 organizacións promoverá accións e aprobará regulamentos lexislativos que den garantías sobor da accesibilidade da rede e dos medios dixitais. A rede, os dvds, os videoxogos, a tv, a VOIP…todo parece ter cabida nesta iniciativa. ¿Seguimos apuntando? Aínda que o seguinte vídeo explicativo de YouTube está en Inglés coido que pillaremos algo 😉 [D] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SDJt-dp–Oo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Pizarra Dixital Interactiva e NEE

O uso das PDI (Pizarra Dixital Interactiva) ou Tablet PCs na aula de apoio teñen repercursións altamente positivas, as primeiras debido aos seus compoñentes (PC-Canón-PDI) teñen máis handicaps técnicos, pero aínda así os beneficios suplen como moito os seus inconvintes; particularmente useina con discapacitados motrices para traballar a preescritura con resultados “motivantes”. A plásticidade das aplicacións/xogos desenvolvidos na rede, favorecen esa “manipulación” con soportes tipo PDI. Para exemplo esta aplicación (vía pictaps) con múltiples aplicacións pedagóxicas: [D] ¿Alguén se atreve a valorar a figura co Test de Goodenough?

Selo a excelencia da Accesibilidade

Vía CODIGOCERO. [D] Dende agora, grazas a un acordo internacional (www.DiarioSigno.com) asinado pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), o Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), e o Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), as páxinas e portais existentes en Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite a súa accesibilidade establecida conforme ás normas. Combinando sistemas de revisión automática (véxase o exemplo de TAW) con metodoloxías de inspección manual para asegurar que cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade e (de ser así), achegar un selo de excelencia a súa presenza en Internet. Esta nova certificación servirá ademais como guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

Melloras no banco de imaxes do CNICE

[D] O banco de imáxes do CNICE acábase de renovar. Incorporaron unha interfaz máis intuitiva ampliando as súas posibilidades de búsqueda por categorías (niveis, áreas, seccións…) e tamén por palabras clave. O cheiro a web 2.0 queda en iso, posto que os cambios tampouco son tan espectaculares; de todas formas, son moitos os recursos que teñen catalogados nos diferentes formatos para o seu uso na aula: fotografías, ilustracions, vídeos, animacions e sons. O interesante de todo isto e que incorporaron a licenza Creative Commons ó banco, xa era hora. ¡Noraboa!

Materiais para o Cálculo Mental

Coido que sempre é difícil comezar a poñer o primeiro post, afrontar a páxina e branco faite dubidar sobre o que tes ou debes dicir e se debe ser relevante ou non. [D] Pois comezamos con material práctico para o uso diario na aula. De sempre os problemas de razoamento e cálculo son unha constante en tódolos niveis da escolarización obrigatoria (e non obrigatoria; 🙂 o sentido común nestes tempos anda un pouco feble)… de sempre andamos a facer retallos con fotocopias de aquí e acolá, facendo os nosos Frankensteins de materiais. Así poís temos grazas a QUINZET un material precedido coa seguinte declaración de intencións: “Durante más de quince años muchas escuelas han experimentado el tratamiento del cálculo mental a partir de series graduadas propuestas por el Quinzet. Este proyecto consiste en una nueva metodología del tratamiento del cálculo global a partir de la propuesta sistemática de series de colecciones de cinco problemas de cálculo mental, que el educador/a propone a la clase dos veces por semana como mínimo, y de unas pruebas de diagnóstico que permiten evaluar el proceso de aprendizaje y maduración de los alumnos. En este libro encontraremos más de 3800 problemas graduados para utilizarlos desde los 3 años hasta el segundo ciclo de Educación Secundaria.“ Descargas: (deshabilitadas por petición expresa) Cálculo Mental Vol.1 (pdf. 467 KB) Cálculo Mental Vol.2 (pdf. 366 KB) Cálculo Mental Vol.3 (pdf. 391 KB) Cálculo Mental Vol.4 (pdf. 399KB) Nota: (05 de maio do 2007) para a súa descarga é necesario facer unha solicitude a QUINZET.