II Gran Reto Running Por Dereito 2012
Por segundo ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai facer un evento deportivo para dar visibilidade ao autismo, ao tempo que recaudamos fondos que nos axudarán a facer algunhas das actividades que temos postas en marcha por toda a Comarca do Salnés ao longo do ano.
Esta vez farémolo polo Paseo Marítimo de Cambados. Para animar á participación contamos coa presenza de Demetrio Álvarez que intentará superar os 157 kilómetros recorridos en 24 horans, que o ano pasado conseguiu facer ao carón do seu compañeiro Antonio Madriñán.
Paralemente faremos dous sorteos, un para os participantes, de varios lotes de productos deportivos e outro para o que contamos coa camiseta da Selección Española e algunhas cousiñas mais moi interesantes.
Preparamos este evento con moita ilusión e son moitas as persoas, entidades e incluso empresas que nos dan un gran apoio e so por isto vale a pena tanto esforzo.
Convidámosvos a todos a que este vindeiro fin de semana, dende as 12.00 do día 1 hasta as 12.00 do día 2 de setembro vos acerquedes a Cambados e participedes unha vez mais neste evento inclusivo o tempo que vos apeteza ou hasta que o voso corpo aguante. Estaremos agradándovos cos brazos abertos e teredes a oportunidade de levar con vós todo o noso cariño e unha preciosa camiseta conmemorativa do evento que regalamos coa incrición.
Toda a información no blogue do “Reto”: http://retopordereito2012.blogspot.com.es/
Información da Asociación Por Dereito: http://www.pordereito.blogspot.com.es/