Discriminación na rede?
Estou máis que farto co tema da seguridade; para escribir un comentario nun blog, código de seguridade; para escribir unha anotación nunha wiki, código de seguridade; para descargar un programa, código de seguridade… Sabedes de que vos falo?, desas letras que aparecen distorsionadas e que temos que reproducir para que as mencionadas plataformas diferencien que somos seres humanos e non máquinas (método CAPTCHA).
Pois segregan e discriman a rede, non hay dereito! 🙂
[D-191]
Meu deus se a U.S Robots & Mechanical Men Inc. levantara a cabeza!