Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. CULTURGAL
Dende o 30 de novembro ao 2 de decembro, pónse en marcha Culturgal 2012, «Feira das Industrias Culturais» baixo o lema «A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave» no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O programa e inmenso, a asistencia prevista tamén moi alta, e entre os seus contidos atopamos unha serie de experiencias co título «Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. Experiencias» Alí estará TADEGa para falar de que a atención á diversidade tamén merece o seu espazo nestes encontros, para falar de «Xandre, o elefante sen sombra» e outros contidos de interese para facer ver que falar de cultura e falar de educación pódese facer sempre que as persoas con diversidade funcional estén presentes, pero incluíndo tamén as súas necesidades, a súa cultura e incluíndonos uns aos outros.
Mais información:
- Enlace ás TIC do Culturgal: Culturgal_TIC
- Enlace á web do Culturgal: www.culturgal.com