Ferramentas accesibilidade

[D-527-1] [D-527-2] Olá!! Quería compartir con vos dous ferramentas de accesibilidade web: Virtual Magnifying Glass (1): “É coma unha lupa”. Esta ferramenta permite aumentar zonas cunha una pequena lupa. Firefox Accessibility Extension (2): Fai Firefox mais accesible, xa que o complemento de accesibilidade de Mozilla/Firefox, fai mais doado para as persoas con diversidade ollar e navegar pola web. Os desarrolladores poden empregar o complemento para testear o emprego da estrutura e marcas de estilo que apoian a accesibilidade funcional. Enlaces relacionados: (1) Enlace á descarga de Virtual Magnifying Glass: http://magnifier.sourceforge.net/ (2) Enlace á descarga do complemento de accesibilidade de Firefox: http://firefox.cita.uiuc.edu/

Discapnet

[D-523] Na páxina de Discapnet están á vosa disposicion unhas fichas didácticas para traballar diversos aspectos como a autoestima, a asertividade, a memoria, a comunicación… Están orientadas para adolescentes, pero poder ser de utilidade. As fichas poden consultarse directamente na web ou descargarlas en formato word ou pdf Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do material didáctico de discapnet : http://junior.discapnet.es/Joven/FichasDidacticas/default.htm

Congreso desarrollo de competencias.

[D-524] Congreso Internacional: “EDUCACIÓN INFANTIL Y DESARROLLO DE COMPETENCIAS”. Madrid 28, 29 y 30 de Novembro de 2008 A noción de competencia pouco a pouco invadiu o campo da educación, ata chegar aos currículos das reformas educativas en multitude de países. Centrar o traballo en competencias implica que os educadores procuren experiencias educativas nas que os rapaces poñan en xogo un conxunto de capacidades de distinto orde (afectivo e social, cognitivo e de linguaxe, físico e motriz) que se reforzan entre sí. Así, a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) organiza este congreso para ofrecer aos educadores as estratexias para “promover, fortalecer e desenvolver as competencias que cada neno posúe”. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1) Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.waece.org/madrid/home.html

Congreso Internacional Síndrome de Asperger

[D-521] Os días 19, 20 e 21 de febreiro terá lugar na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla o II Congreso Internacional Síndrome de Asperger. O congreso vai dirixido a todos e todas os/as profesionais relacionados co estudio dos Trastornos del Desarrollo e tamén aberto a familiares e persoas interesadas no tema. O prazo de inscrición xa está aberto. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1) Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.asperger.es/congreso2009/news.php

IX Inforensino

[D-520-1] TADEGA estivo presente nesta IX edición das xornadas INFORENSINO, que se celebrou iste ano na Facultade de Veterinaria de Lugo. A cita foi do 12 ao 14 e tedes mais informacion sobre o programa na web de INFORENSINO. [D-520-2]

Las TIC para la igualdad

[D-517] O vindeiro venres día 5 de setembro, no marco XI Congreso Edutec, vaise presentar, en Santiago de Compostela, o libro Las TIC para la igualdad, unha obra deseñada para darlle a entender ao lector a utilidade das novas tecnoloxías na atención á diversidade. Julio Cabero, Margarita Córdoba e José María Fernández son os coordinadores deste título integrado na Colección Educación e Psicoloxía, da Editorial MAD Eduforma, no que se ofrece unha análise das tecnoloxías da información e a comunicación dispoñibles no contexto educativo para persoas con determinados tipos de discapacidade. A obra, de grande utilidade para mestres e expertos en Educación Especial, será presentada no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) ás 9.45 horas. A Editorial MAD Eduforma, conta cunha experiencia de máis de 25 anos na publicación de libros cunha orientación práctica e a este título súmanse outras obras como Ensino con TIC no século XXI ou A escola 2.0, entre outras.

Guía para persoas con discapacidade

Unha guía de vantaxes e medidas de apoio [D-513] A Xunta de Galicia, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Secretaría Xeral do Benestar, editaron en xuño do 2008 a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade (1), elaborada por Bieita Losada Rodríguez e Concepción Freire Castro, traballadoras sociais da Vicepresidencia. A guía, concibida como un material práctico ao alcance de todas as persoas, é un compendio de servizos e prestacións no ámbito estatal e autonómico, orientadas ás persoas con discapacidade. A guía foi deseñada de xeito que en todos os seus apartados o contido aparece de forma clara e concisa a través de táboas esquemáticas que facilitan ao usuario ou usuaria a busca e o acceso á información. Desenvólvese ao longo de oito apartados que abranguen, entre outros, o procedemento que se ha de seguir para o recoñecemento, a declaración e cualificación do grao de minusvalía; a educación; a formación e o emprego; os beneficios fiscais, as prestacións económicas, sociais e sanitarias; e a vivenda e a accesibilidade á mesma. Deste xeito, a guía convértese nun espazo útil que facilita o coñecemento a aqueles e aquelas que o precisan para que poidan participar dos servizos existentes e exercer os seus dereitos e responsabilidades cidadáns en condicións de igualdade. Enlaces relacionados (1) Enlace á páxina da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e á guía en http://vicepresidencia.xunta.es, dende onde se pode descargar a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade.

Na presentación do navegador ZAC

Así a sentín eu [D-511] O pasado xoves, organizada pola asociación TADEGa, asistimos no MUPEGA en Santiago, á presentación do navegador Zac (1). Iago e Diego foron a miña sorpresa (2): Estiveron alí uns minutos antes de comezar. A pesar do diagnóstico de TEA, o meu fillo Iago é moi sociable, e deixouse querer. Entre os asistentes estaban a tía e o tío dun meniño que tamén ten unha bitácora De la Mano Contigo (3) e dúas nais máis, unha delas conta a súa historia en La Sonrisa de Arturo (4). Tamén unha representación de Autismo Galicia (5). Alegroume gratamente sentir novamente, pero en vivo e en directo, a través de Iago Seara, a bondade da aplicación creada por John LeSieur, o seu proxecto difúndese gratuitamente. Aledoume tamén saber que está posta en marcha a seguinte versión con importantes cambios, entre eles, a posibilidade de decidir que enlaces amosar, ou crear unha biblioteca mundial de enlaces onde a comunidade usuaria con perfil de administración (nais e pais, titores/as, profesorado… ) poderá buscar ou deixar, os que cada quen considere máis axeitados. Iago expuxo o seu traballo dentro do equipo español do ZAC, enxalzando o labor doutras colaboracións e amosounos algo máis de John LeSieur, a súa mocidade e a súa inquietude por lograr novas versións máis elaboradas e accesibles. A Iago vino como a unha persoa excepcional, familiar, agradable, doce, preocupado por resolver as inquietudes e concienciado en conseguir que este proxecto para nenos e nenas con autismo poida ser, como dicíamos alí, un navegador sen apelidos, para todas e todos. Simplemente, o Navegador Zac. Enlaces relacionados (1) Páxina do navegador ZAC. (2) Páxina do caderno de bitácora de Iago e Mamiago. (3) Páxina do caderno de bitácora De la mano contigo. (4) Páxina do caderno de bitácora La sonrisa de Arturo. (5) Páxina da asociación Autismo Galicia.

Fundación Adapta

[D-503] O 24 de outubro do 2007 constituíuse a Fundación Adapta, unha organización sen ánimo de lucro creada por diferentes entidades e persoas, todas elas con experiencia no mundo das novas tecnoloxías de apoio. A través delas e da súa investigación científica, así como da cooperación cos países que o precisen, a Fundación Adapta ten como fin mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e/ou con discapacidade intelectual. Con esta fin comprométese a destinar o 50% dos beneficios que obteña a Fundación a accións de apoio ao seu desenvolvemento. E, tras a súa constitución, a súa páxina Web (1). Entre outros servicios, a través dela teremos acceso a dous portais de gran interese para os que estamos comprometidos e comprometidas coa atención á diversidade e as novas tecnoloxías. Ambos os dous portais están a piques de se abrir ao público tras varios anos de traballo: o portal Miradas de Apoio, do Grupo de Autismo e Dificultades de Aprendizaxe da Universidade de Valencia, e un portal de e-learning para cursos a distancia. Baixo a filosofía da Aprendizaxe Centrada na Persoa ou PCP, o portal Miradas de Apoio ofrece unha serie de servizos e ferramentas sostidos por grupos de apoio centrados na persoa. E, pola súa banda, o portal e-learning para a formación a través de internet ofrecerá información oficial para o emprego das diferentes ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas ao trastorno autista e a discapacidade intelectual. Así mesmo, través da páxina oficial da Fundación Adapta poderemos acceder a noticias e a publicacións científicas de interese no ámbito da atención á diversidade e as novas tecnoloxías. A Web é, dende logo, unha páxina todavía en crecemento, ao igual ca Fundación que a xestou. Sen embargo, a calidade dos seus integrantes nos leva a pensar que en breve se ha de convertir nunha páxina de visita obrigada para todos os que participamos con eles do interese polas novas tecnoloxías e a atención a diversidade. E esperamos que así sexa. (1) Enlace á páxina da Fundación Adapta

Campamento para infancia con autismo

[D-506] A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade colabora neste mes de agosto co programa “Nos vamos de campamento” da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista ou ASPANAES, que vai ter lugar no Poboado das Veigas, en As Pontes (A Coruña). O programa está formulado co fin de desenvolver actividades de tempo libre para os participantes e dar un pequeno respiro as familias. Ten unha duración dunha semana e vai destinado a un total de 40 nenos e adultos con trastorno autista. Así, mentres as familias poden descansar do forte estrés que supón o coidado destes nenos e nenas, os rapaces e rapazas, sempre acompañados por persoal especializado, poderán desfrutar dun tempo de lecer no que se desenvolverán actividades de xogo ao aire libre como sendeirismo, excursións á praia e a parques temáticos, deportivas, saídas culturais e mesmo sesións de cine. Por outra banda, e sen descoidar o compoñente lúdico do campamento, coas actividades deseñadas tamén se pretende o traballo e fomento nos coidados persoais cotidianos, así como nos hábitos e nas costumes sociais, a través da convivencia e da participación activa de tarefas domésticas e de autonomía personal. Esperamos que propostas como esta se xeneralicen ao resto de Galicia.