Obradoiros 2016: Solucións para xestionar o cambio na túa aula
Comezamos có primeiro obradoiro deste ano 2016: Impartido por Dismedia Cando: Sábado 20 de febreiro Horario: 10:30 a 13:30 h. Onde: Centro Gaiás (Centro de Emprendimento da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela). Prezos: 5 € para persoas socias de TADEGa e 10 € para as non socias. Prazas: 20 persoas máximo. Xantar: Opcional pero é preciso reservar a través do formulario de inscrición (10 €) Constará dunha parte de presentación de Dismedia e do proxecto Baboot e outra práctica na que se desenvolverá unha actividade piloto. Dismedia presentaséntase como AXENTES FACILITADORES DO CAMBIO. O noso obxetivo é acompañar e xestionar o cambio nos centros educativos. Baboot xurde da necesidade de incorporar novas metodoloxías na aula para a etapa de Educación Primaria. Propón un achegamento ao traballo por proxectos e recoméndase como unha primeira fase de inicio do cambio metodolóxico no centro. Trátase dun programa interdisciplinario no que se traballarán por proxectos as competencias clave e os contidos curriculares que establece a LOMCE. Conta cun deseño inclusivo, propoñendo dinámicas de aula que permiten a adaptabilidade das diferentes necesidades especiais que podan existir na aula. Está enfocado a traballar aspectos de carácter social, valores, intelixencia emocional e un primeiro achegamento á programación e á robótica. Enlaces de interese Proxecto Baboot-DISMEDIA: https://goo.gl/E7c9uH Web da Cidade da Cultura: http://www.cidadedacultura.gal/es/emprendimiento Formulario de inscripción na actividade: http://goo.gl/forms/VthqBVSxR4