Xornadas Autismo Galicia
Xornadas: “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autistaâ€
[D-619]
A Federación AUTISMO GALICIA (1) organizará unhas Xornadas os días 12, 13 e 14 de decembro na Facultade de Filosofía, en Santiago de Compostela baixo o título “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autistaâ€.
A través destas xornadas tratarase de achegar á cidadanía os avances na tecnoloxía dentro dun campo tan ignorado como é o das persoas con Trastornos do Espectro Autista (T.E.A.) e persoas con Discapacidade en xeral.
Todos os grupos representados, poderán proporcionar a súa visión sobre aquelas aplicacións informáticas que constitúen unha innovación no campo da tecnoloxía e facilitan o traballo dos/as traballadores/as dos centros, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida das persoas con T.E.A. e a das súas familias.
Total horas: 20. CRÉDITOS CONCEDIDOS: 1
Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e Universidade de Vigo
Inscrición:
Servizo de Participación e Integración Universitaria
Casas Reais, 8. Santiago
Telf.: 981 563 100, ext. 12859/12864/23573
O prazo para inscribirse será ata fin de aforo.
TADEGa, participará cunha intervención o sábado pola tarde.
Enlaces de interese
- Enlace á páxina de Autismo Galicia www.autismogalicia.org
- Enlace ao programa das Xornadas Documento pdf das Xornadas