TecnoNEEt 2008 en marcha
[D-312]
O congreso abre as súas portas
Como xa temos insistido noutras ocasións, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital para conformar así o Congreso Tecnoneet-Logopedia Dixital 2008
que, baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital
terá lugar no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008.
[D-344]
Aberto o prazo de inscrición de comunicacións, pósteres e obradoiros
A día de hoxe comunícannos dende a organización que quedan abertos os formularios por Internet para os envíos de traballos (comunicacións, pósteres e obradoiros) para este congreso. Así pois, vos animamos encarecidamente a participar no mellor evento internacional de fala hispana sobre tecnoloxías e atención á diversidade. Moi probablemente, TADEGa estará presente de diversos xeitos:
- 3 dos nosos compañeiros de TADEGa forman parte do comité organizador (Belén, Antonio e Juan).
- Nun obradoiro, TADEGa propón obradoiros sobre as plataformas galegas EduLim e Ardora.
- Noutro obradoiro, a edición dixital de contidos accesibles.
- Presentación oficial da plataforma Aumentativa.net traducida xa totalmente ao galego grazas a unha equipa de TADEGa (Grazas Belén).
- Presentación oficial do acordo de colaboración entre Divertic.org e TADEGa.net para o libre intercambio de experiencias e acceso a servizos de ambas asociacións.
Vos invitamos a participar
Dende a nosa experiencia de convocatorias previas, sabemos que a calidade está garantida. Así pois vos invitamos a que participedes neste excepcional encontro. A maiores, TADEGa está a buscar fórmulas organizativas e económicas para facilitar o acceso a este congreso aos seus asociados. Esperemos poder darvos noticias moi pronto.
E, por suposto, tedes toda a información necesaria na súa web: http://congreso.tecnoneet.org/