Presentación ferramentas TIC

software de comunicacion

Pictograma de software de comunicacion

O pasado 15 de setembro estivemos en Santiago, no Centro Demostrador TIC Galicia para ver a Pizarra Dixital Polivalente (sen sombras). É unha empresa que está investigando sobre esto.
Vímoslle moitas posibilidades porque se lle pode poñer o canón por detrás  e así,  sobre todo as persoas con parálise cerebral e mobilidade reducida,  poden ver mellor a pantalla e interactuar con ela.

Logo, o sábado 16, fumos á presentación do Enable Viacam e o Sitplus.  Enable Viacam (eViacam) é un programa de computador que substitúe a funcionalidade do rato permitindo mover o punteiro a partir do movemento da cabeza.

Funciona nun ordenador PC equipado cunha cámara web, sen elementos adicionais.  eViacam está baseado no programa Rato Facial galardoado con varios premios.  A ventaxa que ten , a diferencia de outros que xa coñeciamos é que é de software libre pero o inconvinte é que ten que ter un bo control cefálico, ou sexa serve fundamentalmente para lesionados medulares.

SITPLUS é un framework de software libre (GNU/GPL) cuxo principal obxectivo é ofrecer actividades lúdico-terapéuticas para persoas con pluridiscapacidade. Ofrece novas formas de interacción baseadas en visión artificial, voz e outros periféricos para producir un resultado en forma de imaxe e son. Inspirado nos aplicativos de causa-efecto, SITPLUS fornece unha ferramenta para a interacción continua e a distancia, accesible á maioría das persoas con discapacidades cognitivas, físicas e sensoriais.

Pareceunos de moita utilidade para os nosos nenos e nenas, o inconvinte é que precisa de dúas persoas, unha que manexe o aparello e outra o neno ou nena. Están pensando en arranxar esto.  De todos os xeitos o autor, César Mauri pide colaboración para cambiar ou mellorar cousas, así que podedes deixar niste artigo os comentarios

Ligazóns

http://cdtic.xunta.es
http://patentados.com/patente/pizarra-polivalente/
http://sitplus.crea-si.com/
http://viacam.org

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.