Axúdanos

Axúdanos a difundir e mellorar o noso congreso en 3 sinxelos xestos: Como? 1. Copia e pega este código nalgún sitio do teu blog ou web <a title=”2º Congreso 2011 TADEGA.net” href=”http://encontros.tadega.net”><img title=”Logotipo do 2º Congreso TADEGa.” src=”http://encontros.tadega.net/wp-content/ uploads/2010/12/logo_web.png” alt=”Enlace e logotipo congreso do 2º Congreso TADEGa Ourense 2011.” width=”130″ height=”130″ /></a> 2. Imprime o póster e/ou o tríptico do congreso e colócaos nun sitio visible do teu lugar de traballo habitual Enlace ao póster: Cartaz A4 Congreso Tadega 2011 (formato PDF). Enlace ao tríptico: Tríptico Congreso TADEGa 2011 (formato PDF). 3. Anímate a vir e a participar !!!

II Congreso TADEGa, Ourense 2011

Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011 Prácticas dixitais na atención á diversidade Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II Congreso TADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense. Notas de interese Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada na web do congreso que está no enderezo: www.encontros.tadega.net Aberto o prazo de inscrición Agardámosvos! Aínda non moi convencido ou convencida? Velaquí tes os contidos: Sistemas de Comunicación Alternativa e Aumentativa: DIVERTIC e TADEGa: Picaa, Aumentativa, Comunicación total… CATEDU: O portal Arasaac. Comunicador Persoal Adaptable (CPA). Máis aló das aulas: Blogs e comunicacións accesibles para usuarios noveis. Rexistro Fonolóxico en logopedia Refocas-Refogal. Atención á Diversidade e dispositivos móbiles. Contos fáciles para situacións difíciles. Alfombra de baile e outros trebellos dixitais. Comunicación dixital I: Adaptacións para a discapacidade visual. Actividades con LIM na aula. Proxectos TIC e Diversidade da Fundación Orange. Comunicación dixital II: Comunicador Persoal Adaptable (CPA). Proxecto Abalar e a Atención á Diversidade. Ponte nas Ondas (Radio Pontevedra, Ourense e Portugal). Dispositivos e adaptacións para a diversidade: DancePad, Rfid e outros trebellos dixitais. Proxecto IN-TIC. Tecnoloxías para persoas con diversidade funcional. Proxección do documental “María y yo”.

Obradoiros Lugo 2010

Xeitos de comunicación Era unha débeda que tiñamos fai tempo; o achegamento de TADEGa a terras lucenses. E así foi. Primeiro por terras de Viveiro compartindo con todos e todas experiencias dixitais no ensino. E agora lle toca aos xeitos de nós comunicar. O próximo día 10 de decembro, venres, coincidindo coa visualización do conto de Xandre en todos os centros de ensino galegos tal e como dimos conta no artigo anterior desta bitácora, ponse en marcha os Obradoiros 2010 de Lugo cunha serie de intervencións de interese. Para quen desexe máis información, xuntámosvos no seguinte enlace un documento en formato PDF coa información máis ao detalle e máis datos de interese. Non volo perdades: Enlace ao programa dos obradoiros de Lugo 2010 (en formato PDF). Persoas interesadas, contactar inmediatamente con Susana no enderezo: zuzi1983@gmail.com

10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos

10 de decembro de 2010 Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas. Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net Dende a asociación TADEGa enviouse unha proposta a todos os centros do ensino galego: que o día 10 de decembro amosen nas súas aulas o conto: Xandre, o elefante sen sombra. Un conto adaptado, accesible e usable, para espertar en cada un de nós a necesidade da presencia de todas as persoas con ou sen discapacidades. Unha inclusión natural, un xeito de convivir, de ser e de estar. O conto, como sabedes, está nesta web de Xandre (e dentro del, ver menú principal O conto) así como as actividades, e incluso algún engadido máis (audios, vídeos, textos e debuxos para imprimir, etc.) Tamén se pode mercar a pulseira USB co conto xa grabado á que tamén se pode acceder dende o menú principal desta web. No caso de querer visualizarse directamente, recoméndase que uns días antes se probe nos mesmos ordenadores para deixar descargado todo o material previamente evitando así conxestións no ancho de banda cando todos os centros se conectasen á vez. Igual con tanto éxito tirades coa nosa web abaixo, estaría ben, pero faremos canto estea na nosa man para evitar todos os trastornos que podamos. Graciñas por ser e por estar.

Xa se poden mercar as pulseiras de Xandre

Finalmente xa están listas para a venda as pulseiras USB igualiñas cas do conto de Xandre pero co conto dentro dela para que a poidades usar en calquera ordenador teña ou non acceso a Internet. En caso de mal funcionamento da pulseira, contactade coa asociación para a o seu arranxo ou o envío de pulseiras de substitución. O prezo é de 10 euros a unidade (podéndose mercar de 1 a 10 unidades por sesión) máis 4 euros de gastos de envío. A venda carece de afán lucrativo 100% xa que o importe recadado destínase aos custos de adquisición, portes, gravado, ensobrado e distribución. Graciñas por ser e por estar. Enlace para mercar as pulseiras: www.tadega.net/compra.php

PNL sobre a Educación Inclusiva no parlamento Galego

Unha PNL (Proposición non de Lei) sobre a Educación Inclusiva no parlamento Galego Este martes pasado 23 de novembro, ás 21.30 horas aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia co seguinte encabezamento: Medidas para promover un sistema de educación inclusiva en Galicia para os alumnos con discapacidade en todos os niveis educativos. Foi presentada polo portavoz de educación do Partido Popular, Román Rodríguez, quen explicou o seu principal contido: Promover a detección temperá das necesidades específicas de apoio educativo, particularmente as asociadas á discapacidade, para iniciar o antes posible as medidas de atención educativa mais axeitadas. Desenvolver as accións de formación do profesorado que proceda para poder realizar unha atención educativa de calidade sobre os alumnos con necesidades educativas especiais. Os responsables da orientación educativa nos centros e os da inspección educativa deberán, así mesmo dispor dunha oferta formativa coa mesma finalidade. Promover a cooperación das organizacións representativas das familias de alumnos con necesidades educativas especificas para desenvolver a mellor atención educativa de estes. Favorecer a participación dos alumnos con necesidades educativas específicas nos programas educativos que se desenvolvan nos centros, tales como ABALAR e PROA, entre outros. Desenvolver as actuacións necesarias para que a escolarización dos alumnos con necesidades educativas específicas se rexa polos principios de inclusión, promovendo a colaboración con outras administracións ou entidades públicas ou privadas sen animo de lucro, así como de institucións ou asociacións. Promover a dotación de recursos aos centros que escolarizan alumnos con necesidades educativas específicas para atender axeitadamente a este alumnado. (Este non é o texto definitivo pois hai que engadir as emendas). A proposta foi aprobada por unanimidade con algunhas emendas do Bloque Nacionalista Galego, que fixo fincapé na detección precoz na etapa de 0 a 3 anos, a comarcalización do os EOE e unha dura crítica ao Partido Popular polos recortes que está sufrindo o profesorado de apoio. O Partido Socialista, pola súa banda, tamén apoia a proposta aínda que indica que o que fai falta é un Plan de Educación Inclusiva e critica ao Partido Popular por estar a facer até agora o contrario do que recolle esta proposta. De onde xorde esta PNL? Cando a Plataforma España Inclusión estivo no Parlamento Español por causa do tristemente fracasado Pacto Educativo recibimos do Partido Popular de Madrid a promesa de que as nosas demandas serían recollidas nunha PNL en Madrid. Ao pouco recibimos correos informándonos de que esa proposta saíra adiante por unanimidade na capital de España. Decidimos pois que sería bo trasladala ás distintas comunidades, polo menos ás que tiñamos ao noso alcance. Esther Cadrado e eu como

Ler máis

Mais pictogramas

Da man de SCLERA pictos, vimos de actualizar o Banco Multimedia de TADEGA con 7333 pictogramas nun novo album “Sclera Inglés”, conscientes do atranco que supon o idioma e que en breve agardamos ter solucionado, pero satisfeitos porque deste xeito damos solucion a moitas demandas de conceptos que ata o de agora non tiñamos. A disfrutalos Ligazóns Banco Multimedia de TADEGA Páxina de SCLERA Pictos

Cursos de Formación

Os nosos compañeiros de DIVERTIC , entre as actividades que promove está a edición e desenvolvemento de cursos de formación para docentes nos ámbitos das Tecnoloxías da Información y Comunicación en xeral e das Necesidades Educativas Especiais en particular. Las Tecnologías de la Información y la Comunicación aplicadas a los sistemas de comunicación aumentativa. Curso . Horas: 30 Créditos: 3 Fecha de inicio: 26 de Noviembre de 2010 Fecha de finalización: 24 de Enero de 2011 Precio: 30 euros En trámite de homologación por parte de la Consejería de Educación, Formación y Empleo de la Región de Murcia Empleo didáctico de LIM, Libros Interactivos Multimedia. Curso Telemático. Horas: 40 Créditos: 4 Fecha de inicio: 26 de Enero de 2011 Fecha de finalización: 16 de Marzo de 2011 Precio: 40 euros En trámite de homologación por parte de la Consejería de Educación, Formación y Empleo de la Región de Murcia Última hora: As socias e socios de TADEGA, teñen un 20% de desconto na matrícula Mais información http://www.divertic.org/index4.php