MICROLABORA, un proyecto para la inclusión laboral

MICROLABORA, un proyecto para la inclusión laboral Fundación ONCE está llevando a cabo un proyecto que pretende aprovechar las nuevas posibilidades de relación laboral que ofrecen tanto el teletrabajo como la filosofía Web 2.0 en Internet. 13/09/2011 NOTA DE PRENSA De este modo, se busca contribuir a un mayor acercamiento de las empresas al ámbito de la discapacidad. El proyecto lo ejecuta Technosite, empresa del Grupo Fundosa especializada en accesibilidad y nuevas tecnologías, así como en investigación social y consultoría organizacional. Te solicitamos unos minutos de tu tiempo para presentarte brevemente el proyecto y que te animes a colaborar con nosotros. Fundación ONCE y Technosite hemos desarrollado el portal de Internet Microlabora. A través de esta web, las personas con discapacidad podrán acceder a pequeñas tareas (denominadas microtareas) que diferentes empresas colgarán en el portal. Estas microtareas, que pueden consistir, por ejemplo, en la realización de una traducción, la difusión de una campaña, etc., tendrán en común, por un lado, que se realizarán en modo de teletrabajo, por lo que será necesario que los colaboradores cuenten con un ordenador y una conexión a Internet; y, por otro, que, aunque su dificultad varíe, se estime que para realizarlas no serán necesarios más de 7 días. Las relaciones entre los colaboradores y las empresas siempre serán de carácter mercantil y nunca laboral, por supuesto retribuidas económicamente, es decir, que las empresas compran un servicio y no contratan a una persona. El colaborador emitirá siempre factura o recibo por el trabajo realizado, bien como autónomo, o como persona física. Como se trata de tareas de pequeño alcance, su realización y cobro será compatible siempre con la recepción de una prestación social (p.e., una pensión) por parte del colaborador. Próximamente se va a llevar a cabo una fase de prueba de Microlabora, de unos tres meses de duración, para la que solicitamos tu colaboración. En esta fase piloto el portal va a funcionar con total normalidad; las empresas ofertarán tareas reales y los colaboradores las realizarán, siempre cobrando por ello. El principal objetivo de esta fase es que tanto vosotros como las empresas nos comentéis los puntos fuertes y débiles de Microlabora y de su funcionamiento, qué cosas se pueden mejorar…en definitiva, que evaluéis el conjunto de vuestra experiencia antes de que Microlabora sea totalmente público. Para participar en la fase piloto, es necesario que te pongas en contacto con nosotros lo antes posible, y que nos envíes un breve currículum donde nos indiques cuáles son tus conocimientos, tu formación, etc. y, sobre todo, qué tipo de tareas te gustaría desarrollar. Así podremos incluir en la

Ler máis

Asamblea TADEGa 2011

Ola a todas e todos: Alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asemblea xeral extraordinaria de TADEGa que terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro ás 10:10 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 10:30 horas en segunda convocatoria no estudo de grabación Phonos da Estrada, Pontevedra en “Calle de la Gradín, 36680 A Estrada, Pontevedra“, (lugar entrañable para esta asociación pola súa magnífica colaboración na grabación dos audios do contos de Xandre); e coa seguinte orde do día: Lectura e aprobación da acta da sesión anterior. Estado de contas e presuposto para o ano 2012. Presentación de candidaturas para o cambio ou a anovación da presidencia e xunta directiva. Resumo e propostas sobre diversos asuntos. Aprovación da acta de sesión co visto bo da nova xunta directiva. Rogos e preguntas. Trataremos en todo momento de respectar ao máximo os horarios da institución que amablemente nos acolle. Sabendo isto e contando coa vosa axuda, tede en conta que: Tal e como se recolle nos estatutos (dos que se xunta enlace de acceso), só poderán exercer voto na asemblea as persoas socias, e no caso particular da votación concreta para á elección da presidencia, as persoas socias con alomenos 1 ano de antigüidade tendo como data de referencia o propio día da asemblea. As persoas interesadas en presentar candidatura á presidencia ou anovar a actual deberán presentarse na asemblea (punto 3) dándoselles tempo para detallar a súa candidatura. Debemos facer o posible para finalizar no horario de mañá e rematar non máis tarde das 14’00 horas, (no caso de non ser posible continuaríase en horario de tarde). Finalizada a sesión de mañá, teríamos un xantar festivo e de convivencia nalgún dos restaurantes da zona. A fin de saber con canta xente podemos contar para os distintos actos programados e o aforo que imos ocupar, precisamos que remitades as persoas interesadas en participar un correo electrónico de confirmación ao enderezo contactar@tadega.net non máis tarde do 25 deste mes indicando as persoas que, no seu caso, asistirían. Agradecendo de antemán o esforzo, atención e compromiso, recibide un cordial e afectuoso saúdo. Juan J. Fedez. García Pte. de TADEGa Referencias que se citan: Ubicación xeográfica do Estudo Phonos na Estrada segundo Google Maps: [Enlace á ubicación xeográfica]. Enlace a copia íntegra dos estatutos: [Enlace á copia en formato PDF dos estatutos].

Novo curso 2011-2012

Material Escolar: Benvidas e benvidos todos a iste novo curso que acollemos con ilusion pese aos comezos “quentes” na nosa comunidade. No eido da diversidade temos unha nova de interese para os nosos alumnos: A empresa BJ-Adaptaciones ven de publicar un catálogo de Produtos de Apoio que, grazas a condición de Establecemento autorizado pola Consellería de Educación, pódense adquirir como “material didáctico complementario” (art. 10) a través da gratuidade dos libros de texto para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo: “No caso do alumnado matriculado en educación especial (art. 5: en Centros Específicos ou en unidades de educacion especial en centros ordinarios (…) 250 €uros) o director ou directora do centro poderá coordinar a adquisición de material en distintos establecementos entregando os vales que lle corresponden a este alumnado, logo da autorización por escrito das persoas beneficiarias” Mensaxe recibida do equipo de BJ-Adaptaciones: Os hemos preparado una selección de nuestro catálogo que puedes descargarte AQUÍ con esos productos, incluyendo los precios con IVA para vuestra mayor comodidad. También hemos preparado un formulario de solicitud de presupuesto rápido que puedes rellenar on-line AQUÍ. Por supuesto, todas las otras vías de contacto están abiertas a tu disposición (nuestros delegados, teléfono, correo electrónico, etc.) Ligazóns: Documento pdf da convocatoria da gratuidade no Diario Oficial Documento pdf do catálogo de BJ

V Encontros TADEGa: Sexualidade e Diversidade

Vimos percibindo que a pesares da importancia que se deu nos derradeiros anos á inclusión das persoas con diversidade funcional en todas as esferas da vida cotiá, aínda segue subsistindo a postura xeralizada na nosa sociedade de que o mundo da sexualidade é un mundo alleo para estas persoas. Acerca do sexo existen en xeral moitos tabús, pero se ademais o relacionamos coas persoas con diversidade funcional xorden unha morea de mitos a desmontar. O selo distintivo de Tadega é a loita por unha sociedade máis incluínte, e nesta ocasión, queremos contribuír a que se recoñezan e respecten os dereitos das persoas con diversidade funcional coma seres sexuados, para erradicar os estereotipos e garantir o acceso á información e ao exercicio dos seus dereitos sexuais e reprodutivos en completa igualdade co resto de seres humanos, tendo sempre en conta as súas necesidades específicas. Cunha actitude social e profesional libre de prexuízos e de paternalismos, pretendemos nestes Encontros atopar respostas a interrogantes que, quizais, nin sequera chegamos a formularnos, pero sobre todo tentaremos sementar preguntas. Para saber mais: www.encontros.tadega.net Que vos ilusione tanto como a nós.

Prestamo Tecnolóxico 2011

Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico? Produtos á disposición das socias e socios: Miniordenador Asus Eeepc Asus Eeepc Características: 10 pulgadas, Sistema Operativo UBUNTU (Linux) Utilidade: Afacerse a Ubuntu como sistema operativo e ter un netbook na aula. Miniordenador Táctil Asus t91 Asus t91 Características: 7 pulgadas, Sistema Operativo Windows XP Utilidade: Probar as aplicacións convencionais (LIM, JClic, web… ) nun ordenador táctil tipo tablet PC e ter un netbook na aula. http://www.geekets.com/2009/06/16/asus-t91-un-tablet-netbook-muy-interesante/ Asus EeeTop Tactil Asus Táctil Características: 16 pulgadas, Sistema Operativo Windows XP Utilidade: Para usuarios con menos precisión motora e unha pantalla táctil moito mais grande. Miniordenador Táctil ASUS MT 101 Asus T101 Características: 10,1 pulgadas, Multitáctil, Sistema Operativo Windows 7 Utilidade: Probar as aplicacións convencionais (LIM, JClic, web… ) nun ordenador táctil tipo tablet PC de 10 polgadas. Afacerse a Windows 7 como sistema operativo e ter un netbook na aula.   iPod Touch – PICAA e apps para o ensino Imaxe de 3 iPhone/iPod onde se mira a aplicación PICAA Utilidade: Probar PICAA e as aplicacións da AppStore para o seu emprego na aula Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais dende un dispositivo móbil. Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación. O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo. http://scaut.ugr.es/picaa/ http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8# Tablet Android 2.1           Tablet Android Características: 7 pulgadas, táctil, Sistema Operativo Android 2.1 Utilidade: Probar unha tableta táctil coma dispositivo de emprego na aula: videos, web, etc. Afacerse a Android coma sistema operativo   Conexión internet Móbil 3,5G Dispositivo Internet Móbil 3.5G Utilidade: Se non tes internet na aula pero hai cobertura de móbil podes empregar isto. Precisas unha conexión a internet temporal?. Podes probar o internet móbil como unha posible solución. Miniordenador Compaq Mini CQ10 Compaq Mini CQ10 Características: 10.1 polgadas, sistema operativo windows 7 Utilidade: Afacerse a Windows 7 como sistema operativo e ter un netbook na aula.   Cargando…

Aumentativa renóvase

Como sabedes, todos os socios de TADEGa desfrutades do acceso completo aos materiais de Aumentativa.net. A nova versión reescribe a súa vocación de interactividade e crecemento progresivo. De interactividade, mentres as súas raíces están ben establecidas na escola, que se alimenta a través de investigación-acción e os seus resultados. Tamén pretende medrar segundo as necesidades dos usuarios, que sexa permanentemente aberta para a inclusión e desenvolvemento de novos contidos, así como unha renovación da súa presentación para o usuario. Esta nova versión mellorada da web tamén inclúe a incorporación de novos materiais e recursos multimedia así coma un novo modelo de interacción co usuario: Máis fácil a creación de materiais e actividades. Habilidade para compartir actividades e materiais con outros usuarios do sistema. Navegabilidade e axustes dos parámetros máis intuitiva e sinxela. Nova sección especial sobre a comunicación total – fala signada

Rematou o II Congreso TADEGa

Coa resaca aínda do II Congreso TADEGa, queremos antes de nada darvos as grazas a todas as persoas que fixestes posible co voso traballo que o Congreso fora unha realidade. Istes días pasaremos a avaliación do Congreso, do que atoparedes cumprida información dos relatorios en: http://encontros.tadega.net/congreso/programa Novas do Congreso Na TVG: Novas do Congreso Na Voz de Galicia: Ligazón á páxina da Voz de Galicia

Vémonos en Ourense?

Xa está todo listo para o vindeiro Congreso TADEGa, arranca o venres con varias sorpresas, presentacións en exclusividade, sinatura de acordos… pero sobre todo agardando coñecer persoas, persoas en plural, comprometidas e comprometidos coa ilusión, innovación e o aprendizaxe. Vémonos en Ourense?

Picaa en galego na App Store (actualización)

Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil Se hai un tempo informábamos da aplicacion Picaa no App Store para iPhone, iPod touch e iPad; dende o pasado 20 de decembro contamos cunha nova versión 1.4.1 con interesantes novedades: seleción do tipo de letra, incluindo fontes mais informais e de tipo “escolar” nova función para xerar os sons dos elementos mediante un sistema TTS (Text-To-Speech): na edición dos elementos das actividades é posible indicar que o son se xenere automáticamente a partires do texto ou dunha cadena persoalizada (require conexión 3G ou WiFi). Engadido soporte ao galego grazas a colaboracion de TADEGA. Para activalo hai que selecionar a rexión “gallego (España)” en Axustes > General > Internacional. Dende aquí agradecemos o esforzo do equipo Picaa para termos a aplicacion en Galego e os avances da mesma. Moitas gracias Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut. Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación. O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo. A aplicación é gratuita, e comenzamos a testala nos centros. http://scaut.ugr.es/picaa/ http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8#

Curso estimulacion da linguaxe

TADEGa organiza, en colaboración co Centro de Atención Psicopedagóxica e Apoio Educativo (APAE), un curso de estimulación da linguaxe oral e escrita. A idea central está baseada no concepto de linguaxe como unha capacidade que require estímulos para o desenvolvemento ideal e eficaz, non esquecendo que algúns/as nenos, dadas as súas características persoais precisan de atención específica. A lingua é un comportamento máis, e como tal se relaciona cunha condición precedente e un efecto ou consecuencia sobre o medio ambiente, polo que é moi importante o uso de reforzos para axudar a manter este comportamento desexable. A través de este curso pretendemos a concepción da linguaxe como unha habilidade estructurada en fonética/fonoloxía, morfosintaxis, semántica e pragmática, e é de gran importancia darse conta de que esto é sempre igual, independentemente do neno ou do trastorno que padeza, polo que a avaliación e a intervención será sempre a misma, e irá marcada polas características personais e do desenvolvemento de cada un dos nenos, nunca polo seu trastorno. Dada a interrelación entre linguaxe oral e o escrito, aprenderemos a estimular tanto un coma outro, e empezaremos a ser conscentes de cómo os nosos alumnos adquiren ambas habilidades apoiándose tanto na oralidade como na escrita. Esto é de gran importancia cando traballamos con neno/as de Educación Primaria, tanto para previr como para intervir en casos de Trastornos Específicos da Linguaxe escrita (dislexia) Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para estimular a linguaxe dos seus alumnos/as dun xeito eficaz tanto na aula ordinaria coma na aula específica, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función dos avances obtidos. Contidos do curso Consideracions xerais: Estimulación da linguaxe: Causas e consecuencias. Detección de alteracions Definición de trastorno Desarrollo evolutivo da linguaxe de 0 a 3 anos Cómo elaboramos un plan de intervención de 0 a 3 anos Avaliación da linguaxe: Qué availiamos, cómo facelo e quén Intervención na aula específica e intervención na aula ordinaria Componentes da linguaxe: Fonética/Fonoloxía: Definición e intervención (Teoría e práctica) Semántica: Definición e intervención. (Teoría e práctica) Morfosintaxis: Definición e intervención. (Teoría e práctica) Pragmática: Definición e intervención. (Teoría e práctica) Cómo elaboramos un plan de intervención a partir dos 3 anos Adaptacions metodolóxicas para: Trastornos da articulación: Dislalia, disartria, disglosia Retraso na adquisición da linguaxe Trastornos específicos da linguaxe oral (TEL): Retraso da linguaxe, disfasia Trastornos da fluidez e o ritmo: Tartamudez, disfemia, farfulleo, disritmias Trastorno específico da linguaxe escrita (dislexia) Trastornos da linguaxe e a comunicación asociados a: Trastornos xeralizados do desenvolvemento, Síndrome de Down, Habilidades intelectuais baixas, Parálise cerebral, Deficiencias

Ler máis