Como ter os nosos navegadores noviños do trinque

Coidando dos nosos equipos A todas e todos nos ten pasado que conforme imos navegando pola rede de Internet, os nosos navegadores van ralentizando o seu rendemento co paso do tempo e apañando cousas que non queremos (barras de ferramentas, páxinas de procuras, páxinas de inicio…) todo porque algún día decidimos descargar un programa que nos vendían gratis con fama impresionante (aínda que non nos dicían que iso tiña o prezo de aloxar a maiores nos nosos sistemas programas indesexados. E agora que? Da man da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) do que previsiblemente teremos máis novas no noso vindeiro congreso a piques de saír a voz pública, cóntannos como resolver estes atrancos e como manter o noso sistema a raia de vulnerabilidades. Non volo perdades. Enlaces de interese Desinstalación de barras (toolbars) non desexadas. [Enlace 1]. Manter o noso equipo fóra de perigo de instrusións. [Enlace 2].

Isto é unha emerxencia

Pois sí, achéganse as datas nos que cada unha e cada un de vos desfrutaredes dos vosos seres mais queridos e desde TADEGa non podemos esquecer o servizo de préstamo, os obradoiros, o equipo de traducións ao galego, proxectos, unha nova web, Tecnoneet e a maleta viaxeira… 😉 e un longo etcétera que non serían nada sen o valor mais importante de TADEGa: Vós Por iso a emerxencia é lembrarvos que aqui estamos para apoiaros no que precisedes niste andar común na Atención á Diversidade nas aulas. A continuación o que pretende ser un cartaz de Nadal da man dunha ilustración de VladStudio onde aparecen unha páxina chea de caracteres simulando código, onde na parte media pódense ver destacados os seguintes: < ? $happy = new Year() /*!*/ ?> Descárgate o audio e o multimedia se queres Ligazón directa ao multimedia emerxencia mp3 Arquivo zip co multimedia

Congreso DEA – TECNONEET 2012

Os vindeiros 18, 19 e 20 de outubro terá lugar o I Congreso Nacional sobre Dificultades Específicas de Aprendizaje – VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad, no que levamos a experiencia tanto do traballo con LIM e INTIC para traballar coas actividades LIM en dispositivos Android sen dispor de conexion wifi, coma a presentación en Español do proxecto Xogamos?. http://diversidad.murciaeduca.es/congresos/deatecnoneet/ Ista é a presentación sobre INTIC e LIM: E iste é o sitio web do Proxecto Xogamos? en Español (Ábrese nunha ventana nova): https://sites.google.com/site/jugamossite/

Conta atrás para o VII Congreso TecnoNEEt

Como xa sabedes case todas e todos vós, os días 18, 19 e 20 de outubro en Cartaxena teremos o I Congreso Nacional de Dificultades Específicas de Aprendizaje (DEA) xunto co VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad (TecnoNEEt) que este ano leva por título Respuestas flexibles en contextos educativos diversos.Como hai moita xente de TADEGa anotada neste congreso tanto como organizadores como asistentes, e como ademais moitas destas persoas son docentes que traballan no ensino público, deixamos aquí postos os datos necesarios e o modelo que fai falla para solicitar os días de permiso no centro para asistir a esta actividade formativa. O modelo de solicitude, pode descargarse aquí: enlace. Unha vez cumprimentado anexaráselle documentación relativa ao congreso (neste caso por exemplo o programa que figura na web). Entregarase esta documentación no centro (no que se está destinado no momento de producirse a ausencia). A dirección do mesmo, e cun mínimo de anticipación de 10 días naturais, deberá emitir un informe que se xuntará á solicitude para ser remitidos ambos documentos á xefatura territorial. Caso de non ter resposta antes do congreso poderíase consultar telefónicamente na inspección educativa. Á volta do congreso deberase emitir un breve informe do acontecido no congreso así como un xustificante de ter asistido.   WEB DEL CONGRESO DEA-TECNONEET 2012

II Gran Reto Running Por Dereito 2012

Por segundo ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai facer un evento deportivo para dar visibilidade ao autismo, ao tempo que recaudamos fondos que nos axudarán a facer algunhas das actividades que temos postas en marcha por toda a Comarca do Salnés ao longo do ano. Esta vez farémolo polo Paseo Marítimo de Cambados. Para animar á participación contamos coa presenza de Demetrio Álvarez que intentará superar os 157 kilómetros recorridos en 24 horans, que o ano pasado conseguiu facer ao carón do seu compañeiro Antonio Madriñán. Paralemente faremos dous sorteos, un para os participantes, de varios lotes de productos deportivos e outro para o que contamos coa camiseta da Selección Española e algunhas cousiñas mais moi interesantes. Preparamos este evento con moita ilusión e son moitas as persoas, entidades e incluso empresas que nos dan un gran apoio e so por isto vale a pena tanto esforzo. Convidámosvos a todos a que este vindeiro fin de semana, dende as 12.00 do día 1 hasta as 12.00 do día 2 de setembro vos acerquedes a Cambados e participedes unha vez mais neste evento inclusivo o tempo que vos apeteza ou hasta que o voso corpo aguante. Estaremos agradándovos cos brazos abertos e teredes a oportunidade de levar con vós todo o noso cariño e unha preciosa camiseta conmemorativa do evento que regalamos coa incrición. Toda a información no blogue do “Reto”: http://retopordereito2012.blogspot.com.es/ Información da Asociación Por Dereito: http://www.pordereito.blogspot.com.es/