“Reencontros na 3ª fase. Non estamos sós”.
Toma nota
- Cando: 15, 16, 22, 29 e 30 de outubro de 2021.
- Onde: Online. Grazas á Facultade de Educación da UVigo.
- Como: obradoiros prácticos e mesas redondas conforme ás vosas propostas.
- Certificación: da UVigo. (Homologación concedida da Consellería de Educación de 15 horas).
- Inscrición: no formulario: bit.ly/7CongresoTADEGa.
- Prezos: de 30 a 50 € segundo perfil. Ver opcións no formulario de inscrición.
- Listaxe provisional de persoas inscritas: Listaxe.
Programa
Venres 15. “Que e para que avaliamos? Metodoloxías, instrumentos e axentes”
- 17:30. Avaliación Inicial. Equipo Laura.
- 18:30. Avaliación no traballo por contextos no CEIP Espiñeira-Aldán.
- 20:15. Conclusións e remate.
Sábado 16. “Transición entre etapas educativas”
- 10:00. Presentación.
- 10:15. Experiencia sobre a transición nas diferentes etapas educativas: voz da familia, profesorado e alumno implicados. Susana Fernández Carreira.
- 11:30. Mesa redonda. Centros específicos: problemáticas, alumnado, retos e carencias. Marta Manso, Paula Couto, Rubén Mateos e Rafael Lores.
- 12:45. Conclusións e remate.
Venres 22. “Materias instrumentais. Métodos e adaptacións no ensino da linguaxe, escritura e matemáticas”
- 17:30. Presentación e introdución.
- 17:45. Grupo Adapta. Materiais adaptados a persoas neurodiversas. Alba Pérez e Marta Paredes.
- 18:30. Materias instrumentais en Educación Primaria. Alicia Nimo.
- 19:15. MUDARE: acompañando procesos.
- 20:15. Conclusións e remate.
Venres 29. “Covid-19: nova realidade educativa”
- 17:30. Presentación e introdución.
- 17:45. Mesa de Experiencias. Familia, alumnado, escola e administración educativa ante a COVID 19. (ANPA, dirección e Asesoría de bibliotecas).
- 19:00. Sandbox. Educación e Gamificación online. Rafael Domínguez.
- 20:15. Conclusións e remate.
Sábado 30. “O asociacionismo no ensino”
- 10:00. Presentación e introdución.
- 10:15. Mesa redonda entre mestres e persoas pertencentes a diversas Asociacións: TADEGa, AGMAL, AGAMPI, FEAE-g e MUDARE. Presente e futuro; necesidades do profesorado.
- 12:00 Debate.
- 13:00. Conclusións e clausura.





Ola ❤️ Interesame o seminario con Laura. Como podo conseguir mais info e apuntarme? Grazas mil
Grazas Lucía. Neste mesmo artigo tes, tanto o enlace ao programa como o enlace ao formulario de inscrición. Tes aí todos os detalles necesarios.
Saúdos,
Juan.