A túa experiencia… un artigo
Hoxe en día son moitas e moi variadas as fontes de información coas que nos atopamos na rede. ViTADEGa nace da necesidade de atopar sitios web con información de calidade e con experiencias reais nos espazos educativos (aulas, patios, parques, familia,…).

Somos os seguidores de TADEGa quen lle imos dar vida a esta canle de comunicación facendo dela unha fonte fiable e respectada por todo bo educador e educadora. Como tal que eres, podes ser colaboradora da sección. Para publicar en ViTADEGa seguimos estas recomendacións:
- Ter unha extensión de 500 – 700 palabras.
- Estar escrito en galego (preferiblemente) ou en castelán.
- Incluír unha imaxe signficativa, libre de copyright e acompañada, dunha frase descriptiva a modo de pé de imaxe.
- Incluír un título significativo do artigo.
- Empregar unha linguaxe inclusiva.
- De mencionar contidos xa publicados deben ser citados na redacción.
- Debe incluír tamén un parágrafo a modo de resumo que verán os lectores antes de abrir o artigo.
Cando o teñas preparado, envía o contido ao correo Vi@tadega.net en formato editable. Remite o documento asinado por ti e, se queres, incluír unha referenza a un contacto de correo electrónico ou rede social.
Deámoslle xuntos vida a TADEGa a través de ViTADEGa!