Asemblea Xeral Extraordinaria 2021

Alegoría sobre asemblea.
Imaxe tomada de Pixabay co noso agradecemento ao seu autor: Syaibatul Hamdi.

Publicamos aquí copia parcial e información adicional da convocatoria remitida o pasado 11 de novembro ás persoas socias de TADEGa.

Datos de referencia

Orde do día

  1. Lectura e aprobación se procede da acta da sesión anterior.
  2. Diversos asuntos.
  3. Memoria do VII Congreso TADEGa 2021.
  4. Estado de contas da asociación.
  5. Elección de nova presidencia da asociación.
  6. Proposta e aprobación se procede da nova Xunta Directiva
  7. Rogos e preguntas.
  8. Aprobación da Acta.

Cando

Venres 26 de novembro de 2021, ás 18:00 horas en 1ª convocatoria ou, no seu caso, ás 18:30 horas en 2ª.

Onde

Santiago de Compostela. O lugar concreto está pendente de comunicarse en breve en función dos resultados da enquisa que aquí se xunta.

Como

É unha convocatoria de asemblea aberta: aínda que non sexas socia ou socio, convidámosche a que veñas, nos coñezas e propoñas todo aquilo no que teñas inquedanzas no eido do ensino, da atención a diversidade e da tecnoloxía dixital.

Celebración

Finalizada a sesión, teremos unha cea festiva e de convivencia nalgún dos restaurantes da zona.

Anotarse

A fin de prever o número de asistencias aos distintos actos programados, e o aforo que imos ocupar, precisamos que as persoas interesadas, cubrades o seguinte formulario non máis tarde do 19 de novembro: https://forms.gle/rthk8NTcySYJKfpQA

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.