IV Congreso TADEGa. Vigo 2015.

Congreso… Sorpresa!

0
Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Xa sabedes que a xente de TADEGa somos un tanto particulares (é que xa non sei moi ben como enunciar o termo), imos dicir que somos algo así como xentes fóra de catálogo.

O caso é que vimos ata aquí a anunciarvos novidades do congreso que farán as delicias dos que se inscribiran (estarán encantados), e os que aínda non o fixeron, mesarán as barbas ou apretarán o paso para facelo (ollo que poucos días quedan de bonificación).

Imos ver logo esas novidades.

Noviño do trinque

  • En atención á chegada información de última hora a moitos centros, ampliamos o prazo de bonificación unha semana máis, é dicir ata o domingo 29 de novembro. Bulide!.
  • Sabiades xa que haberá certificación homologada do ministerio e que, a maiores, se certificará a través do noso ISSN as comunicacións e cartaces que se presenten. Pois vos informamos tamén que se homologarán vía Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e OU cuxos trámites xa están en marcha.
  • Cambio de horarios: na xornada do venres, a sesión inaugural, aínda que están os mesmos elementos, presenta cambios no seu horario, mirade con atención.
  • Mirade tamén con atención a lista de persoas admitidas porque no caso de ter solicitada a inscrición, poderedes ver se a vosa solicitude está feita e completa.
  • Fermosa foto de D. Miguel Ángel García Duboy (para os nostálxicos "el piraña") hoxe home impulsor da inclusión.

    Fermosa foto de D. Miguel Ángel García Duboy (Lémbravos algo familiar?) hoxe home impulsor da inclusión.

    D. Miguel Ángel Valero Duboy, Director do CEAPAT e encargado de abrir boca co relatorio inaugural sobre o incluínte e o inclusivo.

  • Tamén grazas a Miguel Ángel García Duboy vos anunciamos a consolidación dun dos obradoiros que aínda tiñamos pendente: o obradoiro do CEAPAT: Adaptación de xoguetes, fabricación de pulsadores, adaptación de ratos e impresión 3D aplicada a produtos de apoio, nada máis e nada menos que levados por Roberto Gaitán Cazorla que xa tivemos a sorte de coñecer no congreso anterior e que tanto éxito tivo.
  • Pois non se vaian amigos, que aínda hai máis… pero volo contamos outro día. 😉
IV Congreso TADEGa. Vigo 2015.

Colabora

0
Imaxe alegórica de pedir colaboración.

Todo o que aquí podes atopar, foi construído con moito mimo e esforzo. Mantelo en pé non é doado. Precisamos que colabores.

O congreso vaise achegando, os preparativos todos en marcha. Chega agora un momento crucial que non todo o mundo percibe:

A inscrición no congreso ten un prezo pouco máis que simbólico. De feito as contas de gastos para manter toda a infraestructura en pé é bastante elevada. Tamén é certo que a nosa misión non é recaudatoria nin mercantilista. O noso obxectivo e brindar un bo servizo.

De todos modos pódesnos axudar: hai empresas, institucións, organismos que, de coñecer ben o noso proxecto poderían estar interesadas en participar e colaborar dalgún xeito, en parte sufragando unha fracción reducida dos nosos gastos.

Axúdasnos a contactar con eles e a que nos coñezan!

E como sempre: graciñas a todas e todos, por ser e por estar.

Cartaz anunciador do IV Congreso TADEGa.

Non o podes perder! #tdgvigo15

0

Enlace: https://vimeo.com/142123759

Cartaz anunciador do IV Congreso TADEGa.

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

0

Non esquezas a túa cita!!

22 Novembro 2015

  • Queres coñecer como empregar os procesos de Gamificacion na aula?
  • Aplicas as novedades da Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía?
  • No obradoiro de tablets, descubrirás as metodoloxías mais axeitadas
  • Queres unha impresora 3D para a túa aula? Participa niste sinxelo concurso
  • Apetéceche montar na práctica un robot para a aula?
  • E MOITAS MÁIS SORPRESAS…

Lembra que a partir deste día a inscrición no IV CONGRESO TADEGA, increméntase en 15 € https://goo.gl/N6MXYS

Ir arriba