Selo a excelencia da Accesibilidade

3

Vía CODIGOCERO.

[D]

Dende agora, grazas a un acordo internacional (www.DiarioSigno.com) asinado pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), o Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), e o Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), as páxinas e portais existentes en Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite a súa accesibilidade establecida conforme ás normas. Combinando sistemas de revisión automática (véxase o exemplo de TAW) con metodoloxías de inspección manual para asegurar que cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade e (de ser así), achegar un selo de excelencia a súa presenza en Internet.

Esta nova certificación servirá ademais como guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

Melloras no banco de imaxes do CNICE

0

Exemplo de imaxes do CNICE [D]

O banco de imáxes do CNICE acábase de renovar. Incorporaron unha interfaz máis intuitiva ampliando as súas posibilidades de búsqueda por categorías (niveis, áreas, seccións…) e tamén por palabras clave. O cheiro a web 2.0 queda en iso, posto que os cambios tampouco son tan espectaculares; de todas formas, son moitos os recursos que teñen catalogados nos diferentes formatos para o seu uso na aula: fotografías, ilustracions, vídeos, animacions e sons.

O interesante de todo isto e que incorporaron a licenza Creative Commons ó banco, xa era hora. ¡Noraboa!

Materiais para o Cálculo Mental

2

Coido que sempre é difícil comezar a poñer o primeiro post, afrontar a páxina e branco faite dubidar sobre o que tes ou debes dicir e se debe ser relevante ou non.

[D]

Pois comezamos con material práctico para o uso diario na aula.

De sempre os problemas de razoamento e cálculo son unha constante en tódolos niveis da escolarización obrigatoria (e non obrigatoria; 🙂 o sentido común nestes tempos anda un pouco feble)… de sempre andamos a facer retallos con fotocopias de aquí e acolá, facendo os nosos Frankensteins de materiais.

Así poís temos grazas a QUINZET un material precedido coa seguinte declaración de intencións:

Durante más de quince años muchas escuelas han experimentado el tratamiento del cálculo mental a partir de series graduadas propuestas por el Quinzet. Este proyecto consiste en una nueva metodología del tratamiento del cálculo global a partir de la propuesta sistemática de series de colecciones de cinco problemas de cálculo mental, que el educador/a propone a la clase dos veces por semana como mínimo, y de unas pruebas de diagnóstico que permiten evaluar el proceso de aprendizaje y maduración de los alumnos. En este libro encontraremos más de 3800 problemas graduados para utilizarlos desde los 3 años hasta el segundo ciclo de Educación Secundaria.

Descargas: (deshabilitadas por petición expresa)
Cálculo Mental Vol.1 (pdf. 467 KB)
Cálculo Mental Vol.2 (pdf. 366 KB)
Cálculo Mental Vol.3 (pdf. 391 KB)
Cálculo Mental Vol.4 (pdf. 399KB)

Nota: (05 de maio do 2007) para a súa descarga é necesario facer unha solicitude a QUINZET.

Esfera do logotipo de TADEGa.

Un pouco de historia

1

 

Esfera do logotipo de TADEGa.

A idea do logotipo é sinxela. Todas e todos dentro e incluídos, ás mesmas distancias, accesible, usable, sinxelo.

[D]

A conta de que?

Ben, como hai que empezar por algún lado, e como a historia de como naceu TADEGa débese gardar nalgures antes de esquecela (por se a fama se nos sube á cachola e despois precisamos de botar man dos datos para soltalos nunha rolda de prensa 😉 ) pois será bo tela aquí escrita.

Vale, despois deste estrano e longo discurso, comezamos cos datos:

  • 28 ao 30 de setembro de 2006. Un exquisito congreso TecnoNEEt (como son sempre istes congresos) e nel, todos os galegos que alí estabamos apoiados tamén polos matriculados para asistencia virtual, decidimos formar un grupo de profesionais da educación preocupados polo uso das TIC na Atención á diversidade. Todos estabamos de acordo en que xa ía sendo hora de que en Galicia se formase un grupo inquedo por esta temática e que puidese servir de referencia para os máis. Aínda que de aquela non tiñamos nome.
  • 5 de outubro de 2006. Primeiros contactos por correo electrónico de todos os integrantes de TADEGa para formalizar a formación deste grupo, presentarnos, debater para darnos un nome e dotarnos dunha páxina web.
  • 9 de outubro de 2006. Xa somos “TADEGa” (houbo votacións e todo), e dos 22 membros iniciais pasamos a 30.
  • 22 de outubro de 2006. Tras un debate por correo electrónico, se pon en marcha a nosa web ( www.tadega.net ). Ao mesmo tempo, con lista de distribución de correo e foro de debate.
  • 23 de outubro de 2006. Detectado un problema de acceso por parte dos ordenadores conectados á rede pública da Xunta (entre eles todos os dos centros educativos) á nosa páxina web e a outras de grande interese como a de TecnoNEEt, a do NEEDirectorio, Aumentativa.net, etc. Inícianse toda unha serie de contactos para subsanalo (a cousa levaría o seu tempo, non foi dado).
  • 30 de novembro de 2006. Os problemas de acceso dos que falabamos antes arránxanse parcialmente grazas ás nosas xestións e ao bo facer de DisacnetSolutions.
  • 8 de decembro de 2006. Mellórase a web completándose o seu contido e acadando, ao fin unha boa accesibilidade das páxinas (mira se que nós mesmo non damos exemplo do que supón a accesibilidade…)
  • 15 de xaneiro de 2007.
    • Os últimos problemas de acceso a páxinas web educatibas dos que falabamos antes quedan definitivamente arranxados. Os técnicos de DisacnetSolutions volven a amosar a súa profesionalidade.
    • Colgamos na web as páxinas de “Os 40 principais” un novo servizo que pensamos pode ser moi aprezado polos educadores.
  • 14 de febreiro de 2007.
    • Nace este blog (¡Mira que coincidir co comercial día nos namorados… manda chover na Habana!)
    • Incorpórase ademáis Abraham, o noso bloqueiro maior, perdón, editor maior, e así xa somos 31.
    • Quédanos o reto de acadar que tanto o foro como o Blog, perdón, caderno de bitácora, sexan totalmente accesibles. A ver se é verdade.

Todo isto foi o máis salientable que aconteceu dende a primeira idea de TADEGa ata a creación deste caderno de bitácora. De aquí en adiante… xa nos podedes ir lendo.

E Isto é todo amigos

Ir arriba