NEE e software libre

0

[D]

Ola!

Son o orientador do CEIP de Camariñas. Estou a facer un curso denominado “Entrans” no que se intenta colaborar na elaboración e traducción do software galego a través da plataforma Mancomun.org

Penso que hai moito material que se pode traducir e adaptar ao galego. A plataforma acaba de nacer pero xa temos polos centros software libre como o Open Office, o Firefox…

Espero que co tempo tamén haxa programas e material para traballar co alumnado con NEE.

TADEGa nos premios Eganet

0

[D]

TADEGa.net está inscrita como participante nos premios Eganet (www.eganet.orgwww.premioseganet.com). Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca os Premios EGANET, continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. A nosa candidatura quedou rexistrada na categoría de “Premio Tecnoloxía Accesible” ¿Quen sabe? Ao mellor …

Novo libro de Pilar Irimia

0

[D]

SUPERANDO LA SOLEDAD, La educación de la persona con discapacidad intelectual” de Pilar Irimia. Este libro afronta unha avaliación crítica das posibilidades da integración das persoas con discapacidade intelectual, a partir dos diferentes proxectos desenvoltos nos derradeiros anos, en vez de dar por suposta a validez de certos ideais apriorísticos. O esforzo realizado por distintas institucións e polo estado, para lograr unha educación satisfactoria e unhas mellores posibilidades laborais, converteuse nunha apaixonante aventura. Se o conxunto de experiencias é sen dúbida positivo, pola maior toma de conciencia da sociedade; os resultados en cambio, non foron moitas veces os esperados. Esta investigación analiza en detalle casos concretos seguidos en longos procesos temporais. Constitúe ademais un diálogo intenso cun elevado número de persoas, representantes dos diferentes grupos sociais implicados directamente neste empeño colectivo. O traballo recibiu o III Premio Nacional de Investigación Educativa do ano 2003. O rigor dunha investigación científica conxúgase cunha presentación entrañablemente humana de realidades cotiás e de experiencias vividas polos diferentes protagonistas. Humanismo e solidez argumental brindan suxestións para a reflexión e discusión.

M.ª Alicerce Irimia Fernández é doutora en Antropología Social, é na actualidade orientadora nun centro de Educación Secundaria e ao longo da súa carreira profesional desempeñou postos técnicos e de responsabilidade directamente relacionados coa educación e integración de alumnos con discapacidad intelectual.

Entre as súas publicacións relacionadas co tema figuran: “Linguistic Correction and Semantic Skills in the Spanish Children”, “Identités et culture dans I´experience “Foyer” pour élèves espagnols”, “Vivir las categorías étnicas: “Hispanic” en una escuela de Chicago”, “Estrategias ambiguas e identidades dinámicas en las escuelas plurales”.

Axiña Aumentativa.net en galego

1

[D]

Nestes días, unha equipa de 4 docentes galegos están a facer a traducción de Aumentativa.net ao galego. Trátase dun servizo web moi útil para a atención á diversidade, e máis en concreto, naqueles entornos nos que a comunicación convencional da fala e da escrita non é posible: Este servizo é un espazo de recursos para a comunicación aumentativa. Aquí ponse á disposición do usuario materiais para descargar, de base pictográfica e fotográfica, unidades didácticas multimedia, animacións, xeración automática de materiais multimedia on-line, xeración automática de materiais curriculares impresos, actualización semanal de pictogramas e imaxes, solicitude de pictogramas á carta, etc. Máis información a temos na mesma web www.aumentativa.net

E cando falamos dunha base de datos de imaxes pictográficas estamos a falar, nada máis e nada menos que de 3260 pictogramas asociados a 15468 palabras a día de hoxe, xa que esta base de datos está a medrar constantemente grazas ao traballo dos integrantes deste proxecto.

Non están aínda fixadas as datas de cando estará todo este traballo en galego, pero os traballos están moi avanzados.

Ir arriba