Ao fin, síntese de voz en galego

0

Imaxe do CD coas voces en galego para o JAWS. [D]

Dentro da ONCE moita xente leva moito tempo loitando para que a síntese de voz (entre elas o Jaws) nos falen en galego, catalán e euskera. Ao fin conseguiuse, creouse un CD con distintas voces, non son unha marabilla, pero… mellor que nada… A información respecto diso que nos chega do CIDAT (Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica) da ONCE é a seguinte:

http://cidat.once.es/home.cfm?excepcion=52&idproducto=280&idseccion=10

Voz de Telefónica I+D é unha síntese compatible con programas que traballan con SAPI 4.0, como podan ser: Jaws, ZoomText ou LectoText. É capaz de falar con dúas voces en castelán chamadas Miguel e Ana, unha en catalán chamada Jordi, unha en euskera chamada Julen e outra en galego chamada Xoan. SAPI, de Speech Application Programming Interface (Interfaz de programación de aplicacións de fala), é un conxunto de ordes a baixo nivel de código máquina que permite aos programadores de aplicacións facer programas sen necesidade de ter que escribir ordes especiais cada vez que teñan que facer que o ordenador fale.

Xa temos o noso propio IBSN

1

IBSN: Internet Blog Serial Number 981-982-986-8 [D]

Pois si, xa temos o noso propio IBSN (Número de Serie de Blogs de Internet) que identifica inequívocamente na Internet calquera dos documentos que aquí se publiquen (equivalente aos ISBN dos libros e aos ISSN de revistas e xornais).

Veredes ademais que acadamos unha numeración simpática (os prefixos telefónicos das 4 provincias galegas agás Ourense que nos quedamos coa última, mágoa porque o IBSN debe conter 3 guións e 10 díxitos).

Recoméndase aos curiosos na materia, ver o que a Wikipedia pon sobre o IBSN (non ten desperdicio) no enlace (http://es.wikipedia.org/wiki/IBSN) e así como o xeito de conseguir un IBSN para un blog no enlace (http://ibsn.org/es). De todos modos, débese lembrar que o IBSN é só para cadernos de bitácora e non para ningún outro tipo de documentos electrónicos e só un para cada bitácora.

Quen sabe? Ao mellor tamén poderíamos acadar un ISSN e, polo tanto, facer que os artigos publicados sexan rexistables a baremables en prol dos seus autores.

Non todo é cacharrear

1

Imaxe alegórica dunha familia. [D]

Non todo vai a ser falar de ordenadores, cables, programas; tamén é hora de reflexionar, de pensar, de calibrar e avaliar canto estamos a facer ou de ata onde queremos chegar, de se os nosos esforzos van por bo camiño, de se realmente somos libres ou alguén nos está a vender a moto.

Por iso sempre se agradece que alguén faga estas reflexións e nos dé un tirón de orellas cando compre facelo. Nesta liña, saudamos ao caderno de bitácora do noso compañeiro José Vidal (http://www.espacioblog.com/jvidal) moi centrado nestas lides e cun bo grao de perspicacia. Auga fresca pola mañá coa que, de cando en vez, debémonos refrescar, e discutir claro está, porque afortunadamente aquí ninguén é perfecto ¿Onde tería eu sitio senón?

Noraboa José!

EVIN: Estimula a visión na rede

0

EVIN é unha plataforma web para a estimulación visual de nenas e nenos con baixa visión. Isto é o que din:

esta estimulación se realizará mediante juegos para ejercitar al usuario en diferentes tareas visuales y así mejorar sus capacidades perceptivovisuales

Todos os exercicios e xogos realízanse on-line e os estímulos que se presentan son bastante configurables. Nun principio arrancan con dous xogos Exploracións e puzzles, pero teñen a intención de achegar máis.
Para o tema deste artigo relacionado coa discapacidade visual recomendo o caderno de bitácora Interedvisual, que ofrece noticias e recursos para profesores.

Ir arriba