Antigas descricións alternativas

Un pouco de historia

Dende sempre quixemos que esta bitácora fose 100% accesible. Unha aventura nada doada, pero o intentamos e acadamos dignos éxitos dos que nos moi contentos.

O caso é que para a descrición das imaxes que son numerosísimas, habilitamos inicialmente un sistema especial de páxinas con descricións alternativas. Todo foi ben (aínda que bastante complexo) ata que un fallo no servidor descompuxo boa parte do traballo e tivemos que cambiar de táctica. Agora as imaxes están descritas a pé de imaxe, moito máis sinxelo e atractivo.

Ben, dende aquí quedan as antigas páxinas de descrición de medios que aínda están ligadas aos primeiros artigos desta bitácora. Todas elas quedan dependendo deste apunte.

Graciñas pola vosa comprensión

Ir arriba