Asociarse

Que é TADEGa?

Somos un foro de profesionais maioritariamente galegos de distintos campos profesionais implicados na Educación e, dun xeito especial, na Atención á Diversidade, é dicir:

  • A diversidade funcional (discapacidade).
  • A multiculturalidade.
  • O mundo do maior.
  • O mundo rural.
  • As altas capacidades.
  • A marxinalidade social.

É todo un longo etc. que abrangue a todas as persoas que, os que se cren normais chaman diferentes, (aínda que na realidade tal distinción é absurda e discriminatoria).

O caso é que as TIC veñen sendo unha nova ferramenta á vez que medios de comunicación múltiples e, no lugar de axudar á inclusión de todas e todos, aínda incrementan a segregación de quen non poden acceder a elas por causa dos nosos deficientes e discriminatorios deseños.

O noso obxectivo é dobre: por un lado rachar esta fenda dixital (así é como se chama esta inxusta situación) e, pola outra: investigar, fomentar, compartir, debater, deseñar, adaptar e propor as ferramentas, as maneiras, e os métodos para obter o mellor proveito destas tecnoloxías dixitais nos campos educativos nos que estamos a traballar.

Este é o noso compromiso, e este traballo sempre nos terá entretidos e ocupados; o labor sempre estará inacabado; a mellora sempre é posible.

Ideas Básicas en TADEGa

  • O noso compromiso céntrase en que a realidade educativa galega para a atención á diversidade optimice ao máximo as oportunidades que a tecnoloxía dixital pode ofrecer en cada momento, e non en base ao noso protagonismo, senón a partires do que entre todos poidamos ir descubrindo e compartindo.
  • Somos moitas persoas e de orixes moi dispares, non só educadores/as e inmersos en problemáticas moi distintas. Ninguén ten a razón e canto máis diferentes e diversos sexamos, mellor.
  • Non estamos aliñados con ningún credo, nin político nin relixioso nin de ningún outro tipo. Valoramos a nosa liberdade de opinión e actuación e, polo tanto, a nosa disparidade de procedencias e de formas de ser. É máis, cremos que cánto máis diferentes e plurais sexamos, máis cerca estaremos de atopar tesouros ricos, aínda que nos leve máis traballo facelo.
  • Non cremos na tecnoloxía como fármaco, senón como ferramenta, o que significa que é un instrumento máis no noso traballo diario, pero un instrumento ao que debemos, hoxe, prestarlle unha especial atención porque, pola súa idade e pola nosa inexperiencia, non se lle está sacando todo o proveito que pode dar.
  • A dificultade non está tanto no coñecemento e o dominio da ferramenta canto, máis ben, na complexidade para integrala nos currículos, nos espazos físicos, ou nos tempos e ritmos de aprendizaxe; pero non como un pegón acabado de chegar e de mal acomodo, senón como parte integral do plan de centro (ou o seu equivalente na institución que o acolle e da soporte).
  • Nunca pechados sobre nós mesmos crendo que o noso embigo é o mundo, senón co deleite da pluralidade do encontro con outros moitos, sen fronteiras.

Queres ser socio ou socia?

O 15 de decembro de 2007 TADEGa constitúese formalmente como asociación. Se desexas asociarte mándanos a solicitude que podes descargar nesta páxina cuberta e asinada ao enderezo postal que no propio documento se indica.

Asemade, podes consultar un resumo dos estatutos da asociación tamén dispoñibeis nesta páxina para valorar, antes de suscribirse, se realmente son acordes aos teus intereses. Engadimos ademais un tríptico en formato PDF para a súa libre distribución e no que se explican as liñas mestras deste grupo. Unha vez recibida a solicitude, devolveremos a volta de correo unha copia completa dos estatutos. E, unha vez que se confirme o cobro bancario da cota anual correspondente, que hoxe é de 30 € (euros), procederase a darte de alta nos diversos servizos establecidos para os socios conforme aos diversos acordos establecidos con diversas entidades.

Dereitos de socias e socios

Asociarse sae a conta. Procuramos rendir ben ises cartos:

  • Prezos reducidos nos diversos actos (congresos, xornadas, etc.) que a nosa asociación organice.
  • Acceso libre e gratuíto aos servizos de AUMENTATIVA.net
  • Accesos especiais a diversos sitios da nosa web e participación (voluntaria) en diversos proxectos de investigación.

Contactar con TADEGa

Aquí tes os datos básicos da nosa asociación:

Sede social

Asociación TADEGa
R/ Caballeros, 25 – 5º Dta.
15009 A Coruña

Teléfono

650 753 834

Sitios web

Correos electrónicos

contactar@tadega.netcolaboracions@tadega.net

CIF

G70160387

Conta bancaria

  1. En formato convencional: 2080 5162 22 3040010397.
  2. En formato IBAN: ES40 2080 5162 2230 4001 0397.

Documentos que se citan

A continuación se relacionan os documentos antes mencionados para a súa libre descarga. Ofrécense en varios formatos para que atopes o compatible cos teus programas informáticos:

  • Resumo dos estatutos:
    • En formato DOC de Microsoft Office: [Enlace 1].
    • En formato ODT de Open Office: [Enlace 2].
    • En formato PDF de Adobe: [Enlace 3].
  • Tríptico explicativo de TADEGa:
  • Solicitude de inscrición e domiciliación bancaria:
    • En formato DOC de Microsoft Office: [Enlace 5].
    • En formato ODT de Open Office: [Enlace 6].
    • En formato PDF de Adobe: [Enlace 7].


Ir arriba