Obradoiro Pictoaplicaciones

A segunda ondanada formativa levounos dista xira a Teo, onde o perfecto anfitrión Manuel Masaguer abriunos as portas da súa aula para que Gonzalo fixera un repaso con exemplos de que é Pictoaplicaciones e porque xurde para logo ir vendo un por un o Pictotraductor, Pictoagenda, Pictosonidos, Pictocuentos, Pictojuegos e as novidades que próximamente están por sair. Moitas moitas grazas polo duro traballo que estades a facer. Parabéns e seguide

Ler máis