Sensibilización

Novo logotipo da accesibilidade universal.

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

0

Xa é oficial

Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro.

aulasquecambian3
O obxectivo do programa Aulas I+I é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela.

Os datos básicos, ademais da web volos indicamos aquí:

  • Ámbito: convivencia / igualdade.
  • Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas.
  • Temporización: curso completo.
  • Alumnado: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO
  • Límite de centros participantes (para este curso): 5.
  • Criterios de selección (entre outros):
    • Idoneidade e calidade do proxecto.
    • Porcentaxe do profesorado implicado no programa.
    • Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro.

Por iso animámosvos a participar e como de seguro que coñeces Centros nos que realmente hai inquietude, rogámosche tamén que o compartas co sector do profesorado.

Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo.

Para saber mais

Instantánea da obra de teatro "Nos meus zapatos"

Aviso para centros docentes

0
Instantánea da obra de teatro "Nos meus zapatos"

Instantánea da obra de teatro “Nos meus zapatos”

Obra Nos meus zapatos

Os centros docentes adoitan facer unha programación de actividades especiais a desenvolver ao longo do curso. Acontece ás veces que xurde no medio do curso unha oportunidade para acceder a desenvolver algunha actividade de interese. Este sería o caso, moi especialmente para o derradeiro ciclo de primaria e primeiros cursos de secundaria. Unha obra para reflexionar.

Trátase dun espectáculo de danza contemporánea titulada Nos meus zapatos programada para o 8 de abril ás 11:00 en Santiago de Compostela, no Auditorio Obra Social Abanca (Rúa Preguntoiro, 23).

Forma parte da programación para escolares de Afundación, dirixida a centros de ensino que leven a grupos de alumnos; o auditorio ten case 700 butacas, das que polo de agora só están 50, polo que facemos este anuncio por se algún centro estivese interesado e lle encaixase nesa data.

Achégase a unidade didáctica sobre este espectáculo co que se quere contribuir á sensibilización do alumnado sobre a diversidade funcional, favorecer a igualdade de oportunidades no entorno escolar, traballar sobre a empatía e favorecer a percepción das diferenzas como algo positivo en enriquecedor.

Enlaces

Guía didáctica para traballar na aula sobre a obra Nos meus zapatos IGUALARTE.

Para os centros interesados en toda esta temática e estilo, non desboten unha ollada a este catálogo: http://escolares.afundacion.org/peticions/ficheros/09_01_2015_08_01_25_escolares__compostela_2014_(2).pdf

Ir arriba