SAAC

picto de esclera

Mais pictogramas

0
picto de esclera

Imaxe pictográfica de sclera amosando dúas persoas abrazadas por riba do lombo nun contexto festeiro

Da man de SCLERA pictos, vimos de actualizar o Banco Multimedia de TADEGA con 7333 pictogramas nun novo album “Sclera Inglés”, conscientes do atranco que supon o idioma e que en breve agardamos ter solucionado, pero satisfeitos porque deste xeito damos solucion a moitas demandas de conceptos que ata o de agora non tiñamos.

A disfrutalos

Ligazóns

Comunicadores SAAC

0

No mundo dos sistemas de comunicacion alternativa e/ou aumentativa (SAAC), cada día hai mais softwares, pictogramas e trebellos: Picaa, Sc@ut, Comunicador CPA, TapToTalk, iPhone, NDS, Android, Tablet PC, ARASAAC, Divertic, SPC, Widgit, Sclera… cada un coas súas vertentes gratuitas e de pago e tamén coas súas vantaxes e inconvintes.

Por iso que unha boa opción tamén, e tirar pola banda da bricolaxe dixital e recursos gratuitos, libres e usables por todo o mundo, como istes exemplos feitos coa Ferramenta LIM:

Esta aplicación está a disposición de todos vos e escolleuse LIM para que cada mestre poda editalo e adaptalo ás súas necesidades. Si necesitas axuda de cómo facer esta tarefa en LIM ou algunha suxerencia, deixa un comentario.

Ista é a primera versión do comunicador, adaptado ás necesidades de comunicación dos meus alumnos da Clase Roja. A nosa idea é ir mellorando e aumentándoo pouco a pouco, así como engadirlle ligazóns, vídeos signados e un módulo de actividades.

Para saber mais:

Exemplo de comunicador nunha Nintendo DS:

Ir arriba