SAAC

nube de palabras

Unha historia con nomes

0

Noites sen días

nube de palabras

Imaxe dunha nube de palabras da lectura "Noites sen días" do relatorio de Soutomaior, percíbense un feixe de palabras en branco e negro e disposicion horizontal nas que destacan ademais dos nomes propios: NON, TEMPO, CONTRA, ESCOLA, MENTRES, PERO...

O pasado 10 de Marzo no segundo obradoiro organizado polo Concello de Soutomaior, MªLuz López e Susana Fernandez abordaron dende unha perspectiva de a pé, a configuración de taboleiros de comunicación asi como experiencias de usuario de emprego de comunicadores e demais aspectos relacionados coa recompilación de imaxes pictográficas para a comunicación:

Outras ligazóns

http://www.slideshare.net/zuzi1983/saac-12083799

Pantalla inicial da web de accegal.org

Arranca ACCEGAL

0
accegal

Pantalla inicial da web de accegal.org

A nosa noraboa a esta iniciativa que ven de arrancar das mans da colaboración do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago e o Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Inxeniería de Telecomunicación (Universidade de Vigo), ou o que é o mesmo: Das mans da nosa colaboradora Fátima García e Enrique Costa, para la elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles.

Coñeciamos VirtualTEC e MessageTTS grazas á lista de correo de TADEGA, dúas aplicacións que consisten nun teclado virtual como axuda á comunicación oral e un sintetizador de voz coa entrada por teclado respectivamente. Ambalas aplicacions disponibles no Market para dispositivos Android.

Pero agora temos que destacar un Comunicador Dixital con imaxes para este tipo de aparellos, o PictoDroid, tanto na súa version Lite (mais sinxela), como a que permite expresar diferentes accións e crear oracións complexas; sempre a través de pictogramas ou outras imaxes.

PictoDroid

Imaxe do Comunicador PictoDroid Lite

Na actualidade podemos realizar oracións coas accions:

vamos a…
quiero jugar…
quiero ir al baño
quiero beber…
quiero comer….
estoy…

Ao completar a selección de pictos o sistema procederá á lectura da frase formada. Todas as imaxes poden modificarse ou eliminarse e é posible engadir os que sexan precisos.

Os nosos parabéns por ista interesante iniciativa e dende TADEGA animarvos a seguir por ista liña de traballo que apoiamos e colaboramos dende xa.

Ligazóns

Aumentativa renóvase

0

Captura da web de www.aumentativa.net

Como sabedes, todos os socios de TADEGa desfrutades do acceso completo aos materiais de Aumentativa.net. A nova versión reescribe a súa vocación de interactividade e crecemento progresivo. De interactividade, mentres as súas raíces están ben establecidas na escola, que se alimenta a través de investigación-acción e os seus resultados. Tamén pretende medrar segundo as necesidades dos usuarios, que sexa permanentemente aberta para a inclusión e desenvolvemento de novos contidos, así como unha renovación da súa presentación para o usuario.

Esta nova versión mellorada da web tamén inclúe a incorporación de novos materiais e recursos multimedia así coma un novo modelo de interacción co usuario:

  • Máis fácil a creación de materiais e actividades.
  • Habilidade para compartir actividades e materiais con outros usuarios do sistema.
  • Navegabilidade e axustes dos parámetros máis intuitiva e sinxela.
  • Nova sección especial sobre a comunicación total – fala signada

Picaa en galego na App Store (actualización)

1
Iphone coa aplicacion PICAA

Imaxe de 3 iPhone/iPod onde se mira a aplicación PICAA

Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil

Se hai un tempo informábamos da aplicacion Picaa no App Store para iPhone, iPod touch e iPad; dende o pasado 20 de decembro contamos cunha nova versión 1.4.1 con interesantes novedades:

  • seleción do tipo de letra, incluindo fontes mais informais e de tipo “escolar”
  • nova función para xerar os sons dos elementos mediante un sistema TTS (Text-To-Speech): na edición dos elementos das actividades é posible indicar que o son se xenere automáticamente a partires do texto ou dunha cadena persoalizada (require conexión 3G ou WiFi).
  • Engadido soporte ao galego grazas a colaboracion de TADEGA. Para activalo hai que selecionar a rexión “gallego (España)” en Axustes > General > Internacional.

Dende aquí agradecemos o esforzo do equipo Picaa para termos a aplicacion en Galego e os avances da mesma. Moitas gracias

Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut.

Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación.

O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo.

A aplicación é gratuita, e comenzamos a testala nos centros.

http://scaut.ugr.es/picaa/

http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8#

Ir arriba