Reflexións

Reflexións sobre cuestións de interese.

Ante todo pulcritude…

1

<—inicio do documento—> 😉

[D]

O tema das ferramentas web ten o seu aquel… a verdade, a primeira vista, o deseño dunha ferramenta ou páxina é o que máis impacta pero o importate está na porta traseira, no backdoor, os códigos, as linguaxes de programación.

Ajax, php, css, html, asp, cgi, xml, swf, java…

Familias é familias deles que dependendo do seu bo uso a ferramenta optimizarase en operatividade e funcionalidade.

Moreas e moreas de códigos respaldan as nosas páxinas preferidas que de maneira constante necesitan un mantemento, unha corrección, unha limpeza!

Moito sabe desto o noso compañeiro Juan; da xente que coñezo é o máis “limpo” en isto de traballar con códigos, o “Mr. Proper” da web, as sentenzas, variables, operadores… limpiñas de toda faragulla de código lixo ou de estándares poco convencionais… todo en aras a iso… da accesibilidade (http://www.xunta.es/accesibilidade), concepto que ten o seu recoñecemento no premio devandito (www.premioseganet.com) e do cal un altísimo peso específico ten este “tadeguiano”.

Ferramentas en aras a unha maior accesibilidade temos a moreas (http://www.w3.org/WAI/ER/tools/complete), aínda que particularmente gosto moito do firebug (http://www.getfirebug.com) pola súa sinxeleza e integración.

Con todo o componente humano é ineludible. A accesibilidade é pois un constructo para persoas feito por persoas.

Nota: Esperemos que o noso compañeiro sexa tan pulcriño en tódolos eidos da vida, deberás ser unha xoia!

<—fin do documento—>

TADEGa.net, premio EGANET 2007

2

[D]

Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.orgwww.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade.

Os nervos de Antonio e meus eran moitos aínda que o premio deixounos descolocados pois non contabamos con que os ollos dos grandes caeran sobre iste novo grupo tan cheo de ilusións por facer da simbiose entre as TIC e a atención á diversidade un mundo de ferramentas fecundas para todos.

Sexa como fose, a responsabilidade que gañamos co premio tamén é importante e o reto que se nos achega tomámolo con novo pulo.

Antes de rematar esta boa nova, quería dar os lóxicos agradecementos ás moitas persoas que están detrás de todos estes esforzos:

  • A Abraham, o cacharreiro tecnolóxico maior desta bitácora e con quen comparto case que a diario o peso de ter a web ao día.
  • A Antonio polos seus desvelos e suxestións, compañeiro de fatigas de TADEGa. Nos seus miolos estivo a idea primixenia deste grupo.
  • Aos magníficos compañeiros e amigos do TecnoNEEt, inspiradores maiores da semente de TADEGa, e da urxencia da accesibilidade web, non como un ornamento artístico, senón como a única resposta posible á dignidade das persoas con discapacidade. E, dun xeito especial, aos grandes amigos con maiúsculas Javier, Manolo, Emilio… e sen deixar atrás a ningún dos grandes deste equipo: Domingo, Mª Dolores, Mª José…
  • A todas e todos os membros de TADEGa para quen se constrúe todo isto.
  • A Marisa e María arquitectas maiores dunha vida ilusionada e ilusionante por un mundo con máis vida para todos.
Ir arriba