Reflexións

Reflexións sobre cuestións de interese.

III Xornadas Por Dereito 2014

0

Novo curso, novos folgos

Asociación Por Dereito.

Ben, xa abonda de vacacións e relaxing… toca porse as pilas. Reanudamos a nosa liña 2014 de obradoiros, xornadas e encontros. Desta volta para anunciarvos as III Xornadas Por Dereito 2014.

E isto é o que nos conta a presidenta desta asociación e socia e amiga de TADEGa:

A asociación de familias e amigos de persoas con trastorno do espectro austista, Por Dereito, temos organizadas unhas novas xornadas (e xa van tres!) que se celebrarán no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 18 de outubro.
Este ano leva por título “Pensando no adultos e nos pequechos con TEA”, coa intención de despexar dúas incógnitas:

  • Que vai ser dos nosos fillos cando cheguen á idade adulta?
  • Que aplicacións para tablets e ordenadores lles poden facilitar a aprendizaxe e mellorar o coñecemento e a relación co seu entorno?

Para isto contaremos con poñentes que proceden de distintos puntos da península: Ávila, Burgos, Madrid, Oviedo e Barcelona, pero tamén contaremos con xente de Galicia. E que proveñen dende distinto tipo de organizacións: asociacións de autismo, fundacións, empresas…
Tedes toda a información no tríptico e no cartaz que elaboramos para esta ocasión

Somos cada vez unha familia mais grande, mais de 100 socios espallados por todo o territorio galego e que estamos unidos por uns obxectivos moi concretos e ambiciosos dentro do noso proxecto formativo: facer que se coñezan cada vez mais as particularidades das persoas con autismo, demostrar que a inclusión é posible e formar e informar a esta sociedade da que as persoas con TEA tamén forman parte.

Ben pois dende TADEGa vos queremos animar a participar neste evento, sen dúbida do máis interesante.

Logotipos do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e de TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

0
Logotipos do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e de TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

Logotipos do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e de TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

Premio e-Inclusión

Estamos de noraboa, a revista Código Cero, o Cluster TIC Galicia, La Voz de Galicia… fanse eco dunha novidade de alto interese para todas e todos nós: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), vén de facer público o recoñecemento a nosa asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión.

No seu comunicado do luns 5 de maio indícanos ademáis:

A Xunta de Goberno valorou o traballo realizado para eliminar a fenda dixital e a prol do desenvolvemento das persoas con diversidade funcional.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de facer público o recoñecemento a TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión.

(…)

Este galardón representa unha novidade dentro dos premios anuais que o CPEIG entrega na Noite da Enxeñaría en Informática, que este ano se celebrará o día 13 do mes de xuño. O CPEIG recoñece mediante o premio o traballo desenvolvido por TADEGa a prol da eliminación da fenda dixital que frea o desenvolvemento das persoas con diversidade funcional.

O colexio comparte coa asociación premiada o seu ideario, no sentido de que considera a accesibilidade das TIC vital e base para que os sectores máis febles da sociedade poidan acceder a todos os contidos, servizos e oportunidades coma o resto da cidadanía. Asemade, o CPEIG valora que a asociación promova a inserción e o aproveitamento das TIC no ensino galego e alí onde se prestan servizos de atención á diversidade, ademais da investigación, fomento e deseño das ferramentas e os métodos para obter o mellor proveito da tecnoloxía dixital e a súa inmersión nas aulas.

Satisfacción e responsabilidade

Para esta asociación é unha emoción contida de alegría e satisfacción recibir un galardón de tal calado e significación. Implica un recoñecemento que a sociedade fai a un número enorme de persoas implicadas nunha educación máis auténtica e acorde cos principios fundamentais dos dereitos das persoas á vez que tamén co novo milenio dixital que entre todas e todos nos estamos outorgando. A transición dunha escola afastada destas realidades a unha escola dixital e inclusiva non é doada nin sinxela, menos aínda desde dentro dela, e neso estamos e por iso apostamos.

Agora ben, un premio non debe ser nunca nun balsámico recoñecemento a un traballo ben feito; é ante todo, un estímulo e un compromiso máis firme para que os obxectivos marcados, por utópicos que podan xulgarse, se acaden nunha liña de horizonte realista á vez que temperá. Nelo estamos.

E como adoitamos dicir na propia asociación: Graciñas por ser e por estar.

Enlaces ás entidades mencionadas

Logotipo do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia).

Logotipo do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia).

 

 

 

 

 

 

Logotipo da revista dixital Código Cero.

Logotipo da revista dixital Código Cero.

 

 

 

 

Logotipo do Cluster TIC Galicia (Asociación de entidades e axentes do macrosector TIC galego).

Logotipo do Cluster TIC Galicia (Asociación de entidades e axentes do macrosector TIC galego).

 

 

 

 

 

 

Logotipo do xornal galego La Voz de Galicia.es

Logotipo do xornal galego La Voz de Galicia.es

 

 

 

 

TADEGa, universo dixital para a inclusión.

TADEga, tecnoloxías para todos e todas. É de seu.

Fracaso da Atención á Diversidade?

0

Compartimos o artigo do Blog da nosa compañeira Cuca da Silva, Pensando en Imaxes,
sobre Que está a suceder na educación?

“Non é que as cousas estiveran ben antes, pero agora van mais que mal…”
“Dende que comezou este curso recibín decenas de chamadas e correos electrónicos de nais desesperadas para todos os que están a pasar os seus fillos con autismo nos principais institucións de ensino.
Que nos queda dos tres pilares da inclusión: CONCIENCIACIÓN, RECURSOS y FORMACIÓN? A resposta é clara, NADAAAAAAAAAAAA”

Algúns detalles destas conversas cos pais son aberrantes:
“- Mi niño no tiene más que dos horas de apoyo a la semana.
– Mi hijo no tiene ningún apoyo, ni PT, ni AL.
– Mi hijo no puede ir de excursión porque no controla esfínteres. ¿Pero no tiene cuidadora? No no tiene. Y cuando se hace pis en el cole ¿quién lo cambia? Vamos nosotros a cambiarlo. OLEEEEEEEEE por la inclusión, oleeeeeeeee por la conciliación con la vida laboral!!
– Mi hijo sufre acoso por parte de sus compañeros de clase y su tutor. Pero su profesorado ¿no tiene constancia de su diagnóstico?,¿ hay plan de intervención dadas sus necesidades educativas? Nooo, ellos me dicen que es solo un niño mal educado, que lo que necesita es mano dura. BIENNNNNNNN POR LA FORMACIÓN, BIENNNNNNN por la aplicación de la ley de atención a la diversidad.
– El orientador y el INSPECTOR me dicen que como en este cole no le pueden dar apoyos a mi hijo que me lo lleve a otro centro. ¿LA INSPECCIÓN TAMBIÉN JUEGA AL JUEGO DE ELIMINAR A NUESTROS HIJOS DE LOS ORDINARIOS?
– Me dicen que deje al niño un año más en la guardería pues en el colegio no lo pueden atender.”

Podedes ver o artigo completo en :

http://www.pensandoenimaxes.blogspot.com.es/2013/01/fracaso-de-la-atencion-la-diversidad-no.html

Logotipo de Culturgal

Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. CULTURGAL

0

Dende o 30 de novembro ao 2 de decembro, pónse en marcha Culturgal 2012, “Feira das Industrias Culturais” baixo o lema “A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave” no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Logotipo de Culturgal

O programa e inmenso, a asistencia prevista tamén moi alta, e entre os seus contidos atopamos unha serie de experiencias co título “Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. Experiencias” Alí estará TADEGa para falar de que a atención á diversidade tamén merece o seu espazo nestes encontros, para falar de “Xandre, o elefante sen sombra” e outros contidos de interese para facer ver que falar de cultura e falar de educación pódese facer sempre que as persoas con diversidade funcional estén presentes, pero incluíndo tamén as súas necesidades, a súa cultura e incluíndonos uns aos outros.

Mais información:

Ir arriba