Recursos

Sobre recursos para educadores e técnicos das TIC para usar no seu traballo.

Logotipo de HazAlgoDiferente.es

Obradoiro: HazAlgoDiferente.es

0
Logotipo de HazAlgoDiferente.es

Logotipo de HazAlgoDiferente.es

Esfera do logotipo de TADEGa.

Terapia Breve Centrada en solucións no entorno escolar

Fai xa tempo que na xunta directiva andamos implicados en ofertar a persoas socias e amigas diferentes actos, actividades, obrdoiros, e eventos que entendemos podan ser de interese. Continuando con este propósito, hoxe vos traemos esta iniciativa que nos parece do máis interesante.

Achegámosvos unha proposta realmente innovadora, un obradoiro que dará que pensar. Da man de HazAlgoDiferente.es ofertamos un obradoiro do máis interesante e cos seguintes datos:

  • Como? Obradoiro de mañá de sábado de 4 horas dirixido a mestras e mestres. 30 prazas por rigorosa orde de inscrición.
  • Cando? sábado 15 de novembro dende as 10:00 da mañá ata o mediodía que remataremos con xantar de desfrute.
  • Onde? ETL Campa, C/ Simón Bolivar, 3 – baixo. A Coruña.
  • Canto? 5 euros para sufragar gastos básicos de local.
  • Máis información: descargando neste enlace ao programa en formato PDF.

Animáste? Isto promete. E para inscribirte, só tes que enviarnos os seguintes datos por correo electrónico:

Anagrama do lanzamento do obradoiro que HazAlgoDiferente.es lanza para TADEGa.net en novembro de 2014.

Anagrama do lanzamento do obradoiro que HazAlgoDiferente.es lanza para TADEGa.net en novembro de 2014.

Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Altofalantes de vibración

1
Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Características

Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico.

Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia.

Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea.

Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe.

Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet.

Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc.

Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas.

No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior.

O altofalante de Amazon

A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es…

O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional).

O altofalante do Colacao e dos 40 principais

Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata.

Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano.

Fátima Mª García Doval.

Altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto empaquetado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto empaquetado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista xeral.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista xeral.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto despregado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto despregado.

Proxecto Fala Signada

0
O Proxecto no que participaron 3 Centros Galegos coordinados por TADEGa e 3 Centros da Comunidade de Murcia “O SISTEMA DE COMUNICACION TOTAL FALA-SIGNADA NA PRACTÍCA DOCENTE” gracias á Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade (DIVERTIC); xa ten operativa a web e a aplicación que se deseñou para acceder a todos os materiaisHablasignada: Sistema de Comunicación Total na práctica docente
Habla Signada
Este proxecto desenvolve a incidencia e repercusiones das TIC como recurso educativo para favorecer a resposta educativa ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente no área de comunicación e linguaxe.
O obxectivo principal é o desenvolvemento dun banco de recursos ao servizo da Comunicación Aumentativa, e en concreto do Sistema de Comunicación Total de Benson Schaeffer, no noso caso con todos os contidos, locucions e vídeos en Galego
A web e os materiais posúe unha licenza Creative Commons 3.0 polo que é de libre acceso e descarga.
Queremos felicitar a todos polo traballo, especialmente á Asociación DIVERTIC e a todos os Centros que artellaron ista ferramenta:
CCEE El Buen Pastor. Cieza, Murcia
CPEE Las Boqueras, Murcia
CPEE Stmo. Cristo da Misericordia, MurciaCEIP Seis do Nadal, Vigo
CEIP Principe Felipe, Pontevedra
CCEE Ntra Sra Lourdes, A Coruña 

Ligazóns:

http://hablasignada.divertic.org

http://falasignada.divertic.org 

 

FOTO IPAD

Aplicacións iPad

0

FOTO IPAD

Imaxe de dous ipads un diante do outro onde podemos apreciar o de cor negra en primeiro plano e o branco tras iste.

Todos coñecemos aplicacións específicas que se empregan como soporte para a comunicación. A maioría son en inglés e a uns prezos que impiden que cheguen a todos os usuarios.

Pero nos últimos anos foron aparecendo novos dispositivos táctiles (iPhone, iPod Touch, iPad ou outros baseados en Android) que nos proporcionan novas oportunidades. Esta tecnoloxía existe e pode estar á nosa disposición. En moitos fogares con nenas e nenos de curta idade estanse empezando a introducir, o que pode ser aproveitado coma unha axuda técnica invisible e socializadora. E debemos valorar tamén o feito de que a formación no manexo destas ferramentas soe estar presente no entorno familiar do neno, polo que é facilmente exportable e xeralizable.

Da man destes dispositivos, apareceron decenas de aplicacións, tamén basicamente en inglés, pero a uns prezos que poden oscilar entre 0 e menos de 50 €. Moitas delas tamén son gratuítas ou teñen unha versión gratuíta.

Do mesmo xeito hai xa milleiros de aplicacións educativas e de lecer non específicas para persoas con necesidades na súa aprendizaxe pero que igualmente poden sernos moi útiles.
Xa que globalmente a oferta é tan grande, presentámosvos unha pequena lista orientativa, referida exclusivamente ao emprego de galego e/ou castelán. Nela atoparedes o logo da aplicación, nome da aplicación
(facendo clic accedese á páxina web de iTunes correspondente) e prezos en euros.

Aportase a páxina web onde hai máis información sobre a aplicación proporcionada polo fabricante ou distribuidor. Tamén hai unha descrición breve da aplicación: non é un informe da mesma, senón unha frase que nos axude a definir a súa funcionalidade. Obviamente aquí entra en xogo a nosa propia creatividade e a nosa capacidade para proporcionar novos significados.

Ligazóns

Ir arriba