Seguinte obradoiro deste ano

Seguinte obradoiro deste ano

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.

1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.

E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.

Derradeiro aviso. Últimos días!

Derradeiro aviso. Últimos días!

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.

Imos de estrea: “Vida”

Estamos moi ilusionados Onde: Auditorio Municipal de Ourense. Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi

Ler máis

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

  O curso reanuda o seu roteiro. Os plans para este 2016 recén inaugurado son moitos e do máis interesante. Así que atentos ás novas que pouco a pouco iremos contando por aquí. O símbolo de lectura, xornal, novidades ou como queirades interpretalo ten relación directa con parte disas novidades que iremos contando no seu momento. Pero polo de agora, imos cinguirnos a algo moi solicitado pola xente tadeguiana, especialmente

Ler máis

Aviso para centros docentes

Aviso para centros docentes

Obra Nos meus zapatos Os centros docentes adoitan facer unha programación de actividades especiais a desenvolver ao longo do curso. Acontece ás veces que xurde no medio do curso unha oportunidade para acceder a desenvolver algunha actividade de interese. Este sería o caso, moi especialmente para o derradeiro ciclo de primaria e primeiros cursos de secundaria. Unha obra para reflexionar. Trátase dun espectáculo de danza contemporánea titulada Nos meus zapatos

Ler máis

Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles”

Non hai entradas! Con Susana Lamela e Ana Mariño A verdade é que non contabamos cun éxito así; en apenas 3 días tivemos que pechar o formulario de solicitudes por encher o aforo deste centro que nos acolle. Sentimos as molestias que lle podamos causar as persoas interesadas en participar e que non se anotaran antes. Comprometémonos a deseñar estratexias operativas para repetir este obradoiro noutra ocasión antes de rematar

Ler máis

Obradoiro: HazAlgoDiferente.es

Obradoiro: HazAlgoDiferente.es

Terapia Breve Centrada en solucións no entorno escolar Fai xa tempo que na xunta directiva andamos implicados en ofertar a persoas socias e amigas diferentes actos, actividades, obrdoiros, e eventos que entendemos podan ser de interese. Continuando con este propósito, hoxe vos traemos esta iniciativa que nos parece do máis interesante. Achegámosvos unha proposta realmente innovadora, un obradoiro que dará que pensar. Da man de HazAlgoDiferente.es ofertamos un obradoiro do

Ler máis

Altofalantes de vibración

Altofalantes de vibración

Características Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico. Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter

Ler máis

Proxecto Fala Signada

Proxecto Fala Signada

O Proxecto no que participaron 3 Centros Galegos coordinados por TADEGa e 3 Centros da Comunidade de Murcia “O SISTEMA DE COMUNICACION TOTAL FALA-SIGNADA NA PRACTÍCA DOCENTE” gracias á Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade (DIVERTIC); xa ten operativa a web e a aplicación que se deseñou para acceder a todos os materiais Hablasignada: Sistema de Comunicación Total na práctica docente Este proxecto desenvolve a incidencia e repercusiones

Ler máis

Aplicacións iPad

Todos coñecemos aplicacións específicas que se empregan como soporte para a comunicación. A maioría son en inglés e a uns prezos que impiden que cheguen a todos os usuarios. Pero nos últimos anos foron aparecendo novos dispositivos táctiles (iPhone, iPod Touch, iPad ou outros baseados en Android) que nos proporcionan novas oportunidades. Esta tecnoloxía existe e pode estar á nosa disposición. En moitos fogares con nenas e nenos de curta

Ler máis