Obradoiros

Novo logotipo da accesibilidade universal.

V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017

1

(Web actualizada o 20 de setembro). En breve faremos púbica a listaxe provisional de persoas admitidas como noutras ocasións. (Menú superior: Encontros > Congresos…).

 

Imaxe alegórica de pedir colaboración.

Todo o que aquí podes atopar, foi construído con moito mimo e esforzo. Mantelo en pé non é doado. Precisamos da túa colaboración.

Axúdanos a difundir!

Precisamos da túa axuda. No seguinte enlace tes un tríptico en formato PDF para descargar, imprimir e compartir, especialmente nos centros e institucións nos que traballes ou colabores.

Facer difusión deste congreso permítenos soster este tipo de actividades de calidade a prezos realmente asequibles. Grazas.

[Enlace para descargar o tríptico do congreso].

 

Un itinerario moi enriquecido

2017 é unha boa añada de TADEGa xa que celebramos o noso décimo aniversario como asociación (2007-2017) e iso haino que celebrar, nonsí? Velaiquí a axenda de festexos:

Folla de ruta da celebración do cécimo aniversario TADEGa.

Folla de ruta da celebración do décimo aniversario TADEGa. Podes facer clic na imaxe para vela con máis detalle. En calquera caso e para garantir a accesibilidade, descríbese textualmente con detalle a continuación todo o seu contido.

 

1ª parada: V Congreso TADEGa Décimo aniversario

  • Cando: 20 a 21 de outubro de 2017.
  • Onde: Facultade de Educación da UDC. A Coruña.
  • Estilo: funcional en base a múltiples obradoiros simultáneos.
  • Lema: Destino: inclusión educativa e dixital.
  • Como: mediante inscripción no seguinte [enlace á inscrición do V Congreso TADEGa].

2ª parada: VIII Congreso TecnoNEEt

  • Cando: 30 de novembro a 2 de decembro de 2017.
  • Onde: Murcia.
  • Estilo: Congreso, feria, exposicións, obradoiros, posters, comunicacións…
  • Lema:Tecnoloxía accesible e inclusiva: logros, resistencias e desafíos.
  • Como: mediante inscripción no seguinte [enlace á web do TecnoNEEt].

3ª parada: II Startup Weekend EDU Galicia

  • Cando: 15 a 17 de decembro de 2017.
  • Onde: Santiago de Compostela.
  • Estilo: StartupWeekend en estado puro.
  • Como: mediante inscripción no seguinte [enlace á web do Startup Weekend].

Programa do V Congreso TADEGa 2017

Venres 20

  • 16:30 a 17:00: Recollida de documentación.
  • 17:00 a 17:15: Benvida e inauguración.
  • 17:15 a 18:45: Obradoiros I.
  • 18:45 a 19:00: Descanso.
  • 19:00 a 20:30: Obradoiros II.
  • 20:30 a 21.30: Espazo de Networking.

Sábado 21

  • 09:30 a 11:00: Obradoiros III.
  • 11:00 a 11:30: Café na zona de Expositores.
  • 11:30 a 13:00: Obradoiros IV.
  • 13:00 a 14:00: Master Class: Naranja Imaginario.
  • 14:00 a 16:00: Descanso
  • 16:00 a 17:30: Obradoiros V.
  • 17:30 a 18:00: Centros Diverxentes.
  • 18:00 a 19:30: Obradoiros VI.
  • 19:30 a 20:15: Presentación de Aulas I+I.
  • 20:15: Un contacontos nada normal.

Os obradoiros

(En orde alfabética).

  1. ABP e robótica nas aulas: Babot. Con María Nimo Piñeiro de DISMEDIA.
  2. Arduino Echidna. Con Xabier Rosas de Bricolabs.
  3. Dalle ao Dado. Con Susana Lamela e Ana Mariño.
  4. Elaboración de cuentos interactivos en entornos multisensoriales. Con Gil Barrero de BJ Adaptaciones.
  5. Faino ti: BricoPictos e outras adaptacións. Con Cuca da Silva de Por Dereito.
  6. Gamificación e atención á diversidade. Con Aitor Barbosa.
  7. Hablar y Signar. Con Manuel Gómez Villa e Fco. Javier Soto Pérez da asociación DIVERTIC.
  8. Impresión 3D e diversidade funcional: Diversidade Impresa. con Paz Freire.
  9. Método CODES: lectoescritura na diversidade motriz. Con Javier Martin Betanzos.
  10. Monta o teu Robot, escornabot, de Aula. Con Xabier Rosas de Bricolabs.
  11. Pictoeduca con Lola e Miguel del grupo Promedia, Pictoaplicaciones.com e a Fundación Barrié.
  12. Prácticas restaurativas: diversidade e convivencia. Con Rafael Pérez de Lis e Ana Pérez da Asociación Arela.
  13. Que hai de novo, ACCEGAL?. Con Jonathan Juncal Martínez e Silvia García Méndez de ACCEGAL.
  14. Robótica Educativa e DIY: Eiro. Con Marcos Alonso de Neukos Robotic.
  15. #Soy Visual. Con Jaime Vidal Corral de ASPRONAGA e a Fundación Orange.
  16. Top Apps educativas para primaria. Con Avelino Correa de creAPPcuentos.

NOTA: A escaleta coa asignación dos obradoiros nos seus horarios, dependerá no seu momento da elección que fagan as persoas inscritas a fin de que cada quen priorice os obradoiros do seu interese. Esta elección será mediante formulario online que remitiremos uns días antes do congreso.

Obradoiro: produto delicatessen

(En orde alfabética).

 

María Nimo Piñeiro.
ABP e robótica nas aulas: Babot

Como integrar o ABP e a robótica educativa no currículo oficial? Da man de Dismedia, experiméntao en primeira persoa cun proxecto STEAM de Babot. Un obradoiro para divertirse e entusiasmarse que podemos trasladar ás nosas aulas… A xogar!

María Nimo Piñeiro

 

Susana Lamela (de noviña).
Dalle ao dado

Obradoiro activo-creativo no que desenvolveremos unha tarefa integrada cun produto final en formato dixital. Potenciarase a imaxinación, a creatividade, a coeducación a atención á diversidae… Que che parece?

Susana Lamela e Ana Mariño

 

Gil Barrero... pensándoo moi en serio.
Elaboración de cuentos interactivos en entornos multisensoriales

En vista del interés que en vuestro anterior congreso se generó con el sistema interactivo multisensorial, me encantará desarrollar un taller de elaboración de cuentos interactivos en estos entornos multisensoriales, amén de que en la zona de exposición, mostremos la idea de vocabulario núcleo como herramienta útil en usuarios con SAAC, o el uso de los dispositivos de seguimiento visual como herramienta de valoración y seguimiento de habilidades lectoras… por ejemplo.

Gil Barrero

 

Cuca da Silva Rubio, jerreira como poucas.
Faino ti: BricoPictos e outras adaptacións:

Obradoiro práctico e funcional para cando nas aulas debemos adaptar materiais de todo tipo pensando en alumnado que precisa alternativas á comunicación verbal ou apoios para entenderse e facerse entender nela, especialmente no ámbito do TEA botando man das ferramentas que imos atopando na rede como o Araword (por exemplo)… Todos podemos ser uns manitas.

Cuca da Silva Rubio

 

Micro retrato de Aitor Barbosa González.
Gamificación e atención á diversidade

Identificar los gustos, aficiones y motivaciones de nuestro alumnado para la mejora de su participación, adhesión y compromiso con el aula a través del juego… Trabajando en grupos veremos como muchos de nosotros ya lo hemos hecho y como lo podemos materializar en un proyecto motivador.

Aitor Barbosa González

 

Un par de ases: Fco. Javier Soto Pérez e Manuel Gómez Villa.
Hablar y Signar

Obrando para para aprender a potenciar as funcións lingüísticas da Comunicación Total de Benson Schaeffer cos nosos dispositivos móbiles da man deste par de marcianos (murcianos) de DIVERTIC… Atréveste?

Manuel Gómez Villa e Fco. Javier Soto Pérez

 

Manuel Ferrero López del Moral.
Lo normal es ser distinto:

Escritor y narrador de León. Aprendiz de los pardales, hijo de los árboles y hermano de los ríos. Campana tocando al son de los tambores de la tierra y al ritmo de los rayos del sol. Cuenta sus cuentos con vocación de montaña. Como poeta y recitador se afina con las gotas de rocío de la mañana y con el silencio de las estrellas. Su voz mezcla a partes iguales el misterio de la niebla y la claridad de lo sencillo. Toda su vida se resume en una palabra: ¡Oh!… O reino dos mil chanzos Sónache?

Manuel Ferrero López del Moral

 

Javier Martín Betanzos (de noviño).
Método CODES:

Como ensinas a ler a un alumno con mobilidade reducida, se non escribe manualmente, e non fala ou a súa fala é inintelixible e sen usar libros de lectura nin cadernos? No obradoiro co de lecto-escritura CODES desenvolveremos dun xeito práctico esta vía. Útil tamén para que calquera alumno se embarque na lecto-escritura de xeito dixital… Interesa?

Javier Martín Betanzos

 

Lola Educa & Miguel PictoTraductor.
Pictoeduca

De la mano de la Fundación Barrié, traemos a Pictoeduca, el portal educativo pensado para la diversidad, en el que se muestran múltiples materiales adaptados al contenido curricular. Integrador, no etiquetador, heterogeneidad, universal, para el conocimiento y la inserción social… Vamos!

Lola Educa & Miguel Pictotraductor

 

Practicas Restaurativas coa asociación Arela.
Prácticas restaurativas: diversidade e convivencia

As prácticas restaurativas, máis que un modelo deconvivencia, son un xeito de ver as relacións e os conflitos. Un obradoiro para coñecer enfoques, aplicacións e ferramentas das Prácticas Restaurativas e incluílas entre os recursos de aula.

Rafael Pérez de Lis Nieto e Ana Pérez Figueroa

 

Jonathan Juncal y Silvia García... dúas promesas de futuro.
Que hai de novo, ACCEGAL?

Todo un mundo de aplicacións no universo ACCEGAL, desde a xestión do tempo, xeradores de xogos, axendas, apps para xestión de programas de modificación de conduta… e, por suposto, incribles novidades no noso querido PictoDroid Lite. Non volo perdades! Parécevos?

Jonathan Juncal Martínez e Silvia García Méndez

 

Jaime Vidal (con franqueza).
#SoyVisual

Todos coñecemos e admiramos a riqueza do mundo ARASAAC, pero agora, da man da fundación ORANGE, achégasenos este novo e valiosísimo material. No obradoiro imos descubrilo e estudar as súas posibilidades dende todos os puntos de vista da man de Jaime Vidal, vello coñecido de TADEGa, home feliz e sabido cacharreando con todo canto se lle pon a man… Así, entre todas e todos.

Jaime Vidal Corral

 

Avelino Correa... todo cheo de razóns.
Top Apps educativas para primaria

Obradoiro de apps que triunfan nas aulas de primaria en todo o mundo: narrativa dixital, ciencias, o corpo humano, realidade aumentada, colaborativas, traballar a comunicación… recursos incríbles que facilitan a aprendizaxe e traballan comunicación e a cooperación…. Veña que imos!

Avelino Correa

Organizan

TADEGa

(Asociación de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega)

Logotipo da asociación TADEGa.

Logotipo da asociación TADEGa.

Cufie – ADI

Centro Universitario de Formación E Innovación Educativa – Unidade de Atención á Diversidade

Logotipo do CUFIE.

Logotipo do CUFIE.

Logotipo do ADI.

Logotipo do ADI.

Colaboran

Fundación Orange

Logotipo da Fundación Orange.

Logotipo da Fundación Orange.

DIVERTIC

Asociación Nacional de Tecnología Educativa para la Diversidad

Logotipo da Asociacion DIVERTIC.

Logotipo da Asociacion DIVERTIC.

BJ Adaptaciones

Logotipo de BJ Adaptaciones.

Logotipo de BJ Adaptaciones.

Startup Weekend EDU

0

94d9431cd60141c6835be24dc4791699Ola! Xa estamos aquí de volta.

TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata:

¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado?

¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante?

¿Estamos de broma? En absoluto, do 14 ao 16 de outubro en Santiago de Compostela iso xustamente é o que vai pasar: validar unha idea e desenvolvela en equipo durante 54 horas, xunto a outras persoas con iguais aspiracións.

Quedan poucas prazas. Atrévete!

Startup Weekend EDU Galicia:

http://galicia.up.co/events/9693

Graciñas por ser e por estar!

Obradoiro 3D no CEIP Rubiáns

0

Despois do Congreso TADEGA, tocaba facer entrega da impresora 3D do concurso de ideas de impresion 3D. Así que o Sábado alá nos fumos, a levarlle a impresora e -cunha morea de mestres do propio Centro e outros convidados- a facer un obradoiro de desdramatización da tecnoloxía 3D e o esu emprego.

Foi un pracer compartir con todos vos iste Obradoiro que seguro que lle sacades moito partido cos vosos rapaces!


From Obradoiro 3D CEIP RUBIANS. Posted by Tadega Net on 3/07/2016 (18 items)

Generated by Facebook Photo Fetcher 2


Obradoiros 2016: Solucións para xestionar o cambio na túa aula

0

Comezamos có primeiro obradoiro deste ano 2016:

Impartido por Dismedia

Debuxo representativa de Dismedia (uns rapaces xogando nunha maquinaria lúdica de forma esférica). Destacan as palabras en galego: "Agentes del cambio, escuela, familias, alumnos, acompañamiento, asesoramiento y proximidad".

Debuxo representativa de Dismedia (uns rapaces xogando nunha maquinaria lúdica de forma esférica). Destacan as palabras en galego: “Agentes del cambio, escuela, familias, alumnos, acompañamiento, asesoramiento y proximidad”.

  • Cando: Sábado 20 de febreiro
  • Horario: 10:30 a 13:30 h.
  • Onde: Centro Gaiás (Centro de Emprendimento da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela).
  • Prezos: 5 € para persoas socias de TADEGa e 10 € para as non socias.
  • Prazas: 20 persoas máximo.
  • Xantar: Opcional pero é preciso reservar a través do formulario de inscrición (10 €)

Constará dunha parte de presentación de Dismedia e do proxecto Baboot e outra práctica na que se desenvolverá unha actividade piloto.

Dismedia presentaséntase como AXENTES FACILITADORES DO CAMBIO. O noso obxetivo é acompañar e xestionar o cambio nos centros educativos. Baboot xurde da necesidade de incorporar novas metodoloxías na aula para a etapa de Educación Primaria.

Propón un achegamento ao traballo por proxectos e recoméndase como unha primeira fase de inicio do cambio metodolóxico no centro.

Trátase dun programa interdisciplinario no que se traballarán por proxectos as competencias clave e os contidos curriculares que establece a LOMCE.

Conta cun deseño inclusivo, propoñendo dinámicas de aula que permiten a adaptabilidade das diferentes necesidades especiais que podan existir na aula. Está enfocado a traballar aspectos de carácter social, valores, intelixencia emocional e un primeiro achegamento á programación e á robótica.

Enlaces de interese

Ir arriba