Seguinte obradoiro deste ano

Seguinte obradoiro deste ano

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.

1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.

E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.

Derradeiro aviso. Últimos días!

Derradeiro aviso. Últimos días!

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.

VIII Congreso TADEGa. Ourense 2023

VIII Congreso TADEGa. Ourense 2023

15 anos de Comunidade, Tecnoloxía, Diversidade e Inclusión (Programa en PDF) Datas e datos Programa Venres 3 Sábado 4 Obradoiros Inscrición e prezos: bit.ly/tadega23 Contacto: EventosTadega@gmail.com Asignación de obradoiros: bit.ly/TDG-2023 Persoas inscritas: tadega.net/inscricions-2023

MOOC: “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”

MOOC: “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”

Estrea este 2019 cun MOOC o 14 de xaneiro na plataforma Miriadax. Condicións e datos na súa web: https://miriadax.net… O curso MOOC está composto por 4 módulos (un por semana) cunha dedicación horaria de 4 horas semanais por parte dos participantes. Módulos Presentación. Produtos e tecnoloxías de apoio. Ferramentas para a participación virtual. Software de programación doado parte I. Scratch. Software programación doada parte II. Makey-Makey. Profesorado Betania Groba González.

Ler máis

6ª edición de A Radio Conta por Asperga

6ª edición de A Radio Conta por Asperga

A Radio Conta é un programa solidario realizado por oito radios públicas e privadas da Coruña. A iniciativa chegou en decembro de 2018 á súa 6ª edición, o sábado 29 de decembro ás 17:00 h no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Actuacións musicais, humor e convidados sorprendentes formaron parte desta emisión única, adicada no 2018 a visibilizar e difundir o labor de Asperga, a Asociación Galega de Asperger. Tres horas

Ler máis

Cursos para educadores. III Edición

Cursos para educadores. III Edición

Destinatarios Profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista): mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores, etc. Dende a asociación Asperga e da Federación Autismo Galicia. Achégannos esta información relativa a esta III edición dos seus cursos de formación 2019 especialmente pensados para educadores. Son 3 os cursos nesta edición, e con ilusión dámoslle difusión para todas as persoas interesadas. Curso I. Apoios visuais.

Ler máis