Noticias

Acontecementos salientables no mundo das TIC na Atención á Diversidade

Novo logotipo da accesibilidade universal.

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

0

Xa é oficial

Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro.

aulasquecambian3
O obxectivo do programa Aulas I+I é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela.

Os datos básicos, ademais da web volos indicamos aquí:

  • Ámbito: convivencia / igualdade.
  • Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas.
  • Temporización: curso completo.
  • Alumnado: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO
  • Límite de centros participantes (para este curso): 5.
  • Criterios de selección (entre outros):
    • Idoneidade e calidade do proxecto.
    • Porcentaxe do profesorado implicado no programa.
    • Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro.

Por iso animámosvos a participar e como de seguro que coñeces Centros nos que realmente hai inquietude, rogámosche tamén que o compartas co sector do profesorado.

Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo.

Para saber mais

Startup Weekend EDU

0

94d9431cd60141c6835be24dc4791699Ola! Xa estamos aquí de volta.

TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata:

¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado?

¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante?

¿Estamos de broma? En absoluto, do 14 ao 16 de outubro en Santiago de Compostela iso xustamente é o que vai pasar: validar unha idea e desenvolvela en equipo durante 54 horas, xunto a outras persoas con iguais aspiracións.

Quedan poucas prazas. Atrévete!

Startup Weekend EDU Galicia:

http://galicia.up.co/events/9693

Graciñas por ser e por estar!

Aplicación de mensaxería TADEGa

0

En TADEGa temos unha aplicación de mensaxería para mellorar a comunicación interna e a productividade entre grupos de interese. Deste xeito recibirás a invitación para formar parte, e para o que deberás seguir os pasos que nela se indican.

Tamén podes facer a túa solicitude cubrindo o seguinte formulario:

https://goo.gl/ak7J0e


 

Slack

Unha vez dentro do sistema:

Participar en diversas salas de debate en grupos de traballo conforme aos teus intereses.
Poder contactar con calquera persoa mantendo as vosas conversas privadas.
Compartir toda clase de documentos e incluso de axendas e outras aplicacións compartidas.
Participar, de ser o caso, en grupos de traballo restrinxidos dentro do sistema.

Non terá para ti repercusión económica algunha e poderás participar nesta rede dende o teu ordenador, móbil ou tablet (iOS, Windows, Linux e Android), quedando así conectada/o permanentemente. Basta con que instales a aplicación Slack en todas as plataformas que utilices.

Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo.

Cartaz anunciador da película "Vida".

Imos de estrea: “Vida”

0
Cartaz anunciador da película "Vida".

Cartaz anunciador da película “Vida”.

Estamos moi ilusionados

  • Onde: Auditorio Municipal de Ourense.
  • Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A
  • Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida

Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa.

Sinopse de Vida

Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións.

Sinopse de Máis ca Vida

Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man.

Enlaces de interese

Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com

Moita merda!

Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito porque, daquela, época na que non se inventaran os coches, a xente trasladábase en cabalo ás representacións das obras, e moita merda de cabalo á porta significaba moito éxito de público. Pois para todo o equipo de “Vida” e “Máis ca vida” xa sabedes: Moita merda!

Ir arriba