Investigación

Trainers for de Future
0TRAINERS FOR THE FUTURE – I CONGRESO NACIONAL DE FORMADORES
24 y 25 de noviembre de 2017 – Santiago de Compostela
Pois vai ser que si, que se apurades as persoas socias de TADEGa tedes un desconto especial por participar neste congreso do máis interesante, especialmente para as xentes máis inquietas que, ademais de Educación están a pensar en ideas que antes ou despois poderían chegar a cristalizar nun emprendemento.

Startup Weekend EDU
0Ola! Xa estamos aquí de volta.
TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata:
¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado?
¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante?
¿Estamos de broma? En absoluto, do 14 ao 16 de outubro en Santiago de Compostela iso xustamente é o que vai pasar: validar unha idea e desenvolvela en equipo durante 54 horas, xunto a outras persoas con iguais aspiracións.
Quedan poucas prazas. Atrévete!
Startup Weekend EDU Galicia:
http://galicia.up.co/events/9693
Graciñas por ser e por estar!

Altofalantes de vibración
1
Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.
Características
Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico.
Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia.
Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea.
Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe.
Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet.
Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc.
Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas.
No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior.
O altofalante de Amazon
A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es…
O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional).
O altofalante do Colacao e dos 40 principais
Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata.
Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais
de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano.
Fátima Mª García Doval.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista xeral.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto despregado.

A formación do profesorado na diversidade
0Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade
A integración real e efectiva de estudantes con discapacidade nas universidades é unha realidade, tamén constatable na USC, que obriga a continuar incrementando os esforzos para mellorar a atención educativa que reciben así como fomentar actitudes favorables de cara a eles.
Así o constata a investigación ‘Integración educativa e social dos estudantes con discapacidade na Universidade de Santiago de Compostela’ que realizou o pasado curso a doutora pola USC e compañeira de TADEGA Emma Mayo Pais e que foi presentado no I Congreso Internacional Universidade e Discapacidade.
Dende este espazo non podemos mais que felicitar a Emma pola súa laboura investigadora e, entre todos, reclámar maiores recursos para poder ofrecer una formación de calidade
Para saber mais
- Enlace 1: Recorte de Prensa no xornal da propia USC.
- Enlace 2: Recorte de Prensa no xornal o Progreso.
- Enlace 3: Recorte de Prensa no xornal La Voz de Galicia.