Inclusión

Anagrama das actividades para o curso 2013/14

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

1
Anagrama das actividades para o curso 2013/14

Descrición alternativa: Anagrama das actividades para o curso 2013/14. Entre elas e como anticipo o obradoiro que aquí se anuncia.

Presentación

Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non camiñan dende os enfoques axeitados ou non acadan unha conexión plena coa sociedade actual. A tecnoloxía dixital vén ademais a influenciar todo esta estrutura: dende ás oportunidades ata o acceso á cultura, dende a mellora comunicativa ata a interculturalidade que promove. Chega pois o momento deste congreso cunha converxencia nunca antes vista nesta procura que nos ocupa.

Estilo

Con tal motivo e nun traballo simbiótico e conxunto con CampUSCulturae, traemos esta oferta de congreso, pero non un congreso calquera.

  • O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non), é a persoa.
  • A inclusión como obxectivo: o que non é para todos, non serve.
  • A accesibilidade e usabilidade como condicións imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión.
  • A atención á diversidade é un reto, precisa axuda, e o obxectivo é brindala.

Obxectivos

Parten das 4 necesidades básicas detectadas:

  • Formación no aproveitamento do dixital e na atención á diversidade.
  • Encontros para o intercambio de experiencias e recursos.
  • Promoción dos valores da inclusión, da accesibilidade e da usabilidade.
  • Investigar no desenvolvemento de ferramentas e servizos de utilidade.

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013. Inclusión e Cultura Dixital

Cando

  • 8 e 9 de novembro de 2013.

Onde

  • Facultade de CC da Comunicación. Santiago de Compostela.

Organizan

  • Asociación TADEGa
  • CampUSCulturae

Colaboran

  • Universidade de Santiago (USC).
  • Revista Educación 3.0
  • BJ-Adaptaciones.com
  • Pictoaplicaciones.com

Como

  • Na xornada do venres, abrimos o apetito con reflexión e controversia:
    • A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos (Mónica Arenas Ramiro).
    • Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade?
      • Mª Cruz Da Silva Rubio. Presidenta da asociación Por Dereitopordereito.blogspot.com.es
      • Irene García García. Coordinadora de CampUSCulturae – campusculturae.usc.es
      • Francisco Javier Soto Pérez. Asociación Divertic – divertic.org
      • Manolo Rey Fernández. Mestre e orientador e asesor na Consellería de Educación.
      • Yolanda Barallobre Ferreño. Xefa do departamento de Organización escolar e Diversidade do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) – www.edu.xunta.es/web/cafi
      • Ana Franco Vázquez. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral), no IES Sanxillao, Lugo.
      • Juan José Fernández García. Presidente de TADEGa. – tadega.net
    • Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 – campusculturae.usc.es (Miguel Gendre)
  • Na xornada do sábado teremos 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes elixan libremente 3 títulos do seu interese de entre múltiples posibilidades:
    1. Obradoiro ACCEGAL – www.accegal.org (Fátima Mª García Doval).
    2. Plataformas escolares Edmodo – www.edmodo.com (Antonio Garrido de la Guía – www.antoniogarrido.es)
    3. Tablets e dispositivos móbiles Android. (Iago José Corral López).
    4. Dispositivos móbiles Android e automatización de tarefas mediante NFC. (Iago José Corral López)
    5. Experiencias de traballo con ANEAE na aula. (Yolanda Fontán Fernández).
    6. Comunicación total. Proyecto Habla Signada. Asociación Divertic – divertic.org (Emilio Ivars Ferrer).
    7. Proxecto Sígueme – www.proyectosigueme.com (María José Rodríguez Fórtiz).
    8. Proxecto PictoAplicaciones.com – www.pictoaplicaciones.com (Gonzalo García Figueroa).
    9. Obradoiro de solucións personalizadas con Arduíno – www.arduino.cc/es Bricolabs TEAM – bricolabs.cc (Tucho Méndez – sites.google.com/site/sitiotuchomendez, Andrés Diz e Rubén Fernández).
    10. Construción de pulsadores. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
    11. Adaptación de xoguetes. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
    12. BJ Adaptacioneswww.bj-adaptaciones.com (Gil Barrero Llano).
  • Na clausura actuación de María Fumaça – http://youtu.be/KnA4Pc0ofAs.

Horarios

Venres
  • 16.30 – 17.00: Recollida de documentación.
  • 17.00 – 17.30: Benvida e inauguración.
  • 17.30 – 18.30: Relatorio: A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos (Mónica Arenas Ramiro).
  • 18.30 – 20.00: Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade?
  • 20.00 – 21.00: Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 (Miguel Gendre)
Sábado
  • 09.30 – 11.30: Obradoiros simultáneos I.
  • 11.30 – 12.00: Descanso.
  • 12.00 – 14.00: Obradoiros simultáneos II.
  • 14.00 – 16.00: Descanso.
  • 16.00 – 18.00: Obradoiros simultáneos III.
  • 18.00 – 18.30: Descanso.
  • 18.30 – 19.30: Reflexións dos obradoiros e conclusións finais.
  • Actuación de María Fumaça.

Prezos

Como actividade sen ánimo de lucro o que se cobra é máis simbólico que real para sufragar (só en parte) os gastos de relatores e organización (ver formulario de inscrición).

Comité científico

  • Blanco Corral, Maria. Mestra de educación infantil, dirección de TADEGa.
  • Couto Escanciano, Feliciano José. Mestre de educación especial, dirección de TADEGa.
  • Domínguez Besada, Ana Belén. Mestra de audición e Linguaxe, dirección de TADEGa.
  • Fernández Carreira, Susana. Mestra de audición e linguaxe, dirección de TADEGa.
  • Fernandez Gacia, Juan José. Mestre de primaria. Presidente de TADEGa.
  • García García, Irene. Coordinación de CampUSCulturae.
  • Junquera Méndez, Mª Belén. Mestra de inglés, dirección de TADEGa.
  • Mayo Pais, Mª Emma. Profesora asociada da Universidade Internacional de la Rioja, doutora en psicoloxía pola USC, dirección de TADEGa.
  • Neira Cruz, Xosé A. Escritor, coordinación de CampUSCulturae.

Comité organizador

  • Acuña Abalde, Uxía. Mestra de educación infantil.
  • Blanco Baluja, Susana Marina. Orientadora na ESO.
  • Couto Escanciano, Feliciano José. Mestre de educación especial, dirección de TADEGa.
  • Da Silva Rubio, Mª Cruz. Mestra de educación primaria, presidenta de PorDereito.
  • Fernández Carreira, Esteban. Mestre de educación infantil.
  • Fernández Fariñas, Nuria. Mestra de educación infantil.
  • Fernández Fernández, Alejandro. Mestre de audición e linguaxe.
  • Franco Vázquez, Ana. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral).
  • Herrera López, Santiago. Mestre de educación primaria.
  • Ivars Ferrer, Emilio. Dirección de Divertic e TecnoNEEt.
  • López Díaz, Mª Luz. Mestra de pedagoxía terapéutica.
  • Míguez Mato, Francisco Javier. Mestre de pedagoxía terapéutica.
  • Moura Barros, Carolina. Mestra de audición e linguaxe.
  • Nicolás Giménez, Patricia. Mestra de educación infantil.
  • Nieto Castro, María Belén. Profesora de atención a personas dependentes, traballadora social.
  • Orol Méndez, Ermitas. Mestra de audición e linguaxe.
  • Pena Barbeito, Patricia. Mestra de educación primaria.
  • Roo Mayo, Elena Vanesa. Mestra de pedagoxía terapéutica.
  • Soto Pérez, Francisco Javier. Dirección de Divertic e TecnoNEEt.

Co noso estilo característico

  • Preténdese un aire festivo cun formato áxil e novidoso.
  • Contidos prácticos que poder levar e usar nas aulas.
  • Non haberá certificación homologada. Como moito un non título lúdico tipo Eu estiven aquí en lembranza do evento e con selo europeo.
  • Centros de interese:
    • A idea: festexar a inclusión: natural, enriquecedora e única opción lexítima.
    • Ferramentas dixitais, experiencias de aula, proxectos innovadores, etc.
    • Achegas das TIC facilitadoras da inclusión.
    • Achegas: das familias, dos usuarios, das asociacións e do empresariado.

Onde me inscribo?

As persoas interesadas en participar, dispoñen de toda a información necesaria nesta web: (menú superior, opción encontros, apartado Congresos TADEGa, subapartado III Congreso. Santiago 2013 e alí poden escoller entre o programa, o formulario de inscrición e as listaxes de persoas admitidas.

Inscricións: http://tadega.net/?page_id=3650

Esfera do logotipo de TADEGa.

Logotipos de CampUSCulturae, da Unión Europea e da Universidade de Santiago de Compostela.

Logotipos de CampUSCulturae, da Unión Europea e da Universidade de Santiago de Compostela.

Logotipo de Educación 3.0

Logotipo de Educación 3.0

Logotipo de Pictoaplicaciones.

Logotipo de Pictoaplicaciones.

Logotipo de BJ Adaptaciones

Logotipo de BJ Adaptaciones

Logotipo de asociación: Por Dereito.

Xornadas Por Dereito 2013

0

Ferramentas para a inclusión

Temos o pracer de informarvos de que por 2º ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai celebrar as xornadas de formación e información de especial interese para as persoas con vínculos ou con interese en afondar no coñecemento do TEA.

Este ano serán en Pontevedra no Salón de Actos do Pazo da Cultura o día 25 de maio.

Poderemos escoitar a persoas de tanto prestixio no mundo do autismo como Juana María Hernández, Amaya Padilla ou Guadalupe Montero. Teremos tamén mestras galegas con experiencias dignas de coñecer. A Asocación Bata contaranos tamén como funciona a súa Unidade de Apoio Ambulatorio. As profesoras da UDC contarannos a importancia da Terapia Ocupacional na intervención en autismo e Manuel Gimeno falaramos dos productos gratuítos que a Fundación Orange pon á nosa disposición.

Contan con nós e que a acollida das Xornadas sexa polo menos tan boa como a do ano pasado.

Enblaces de interese

O reino dos mil chanzos

0
Captura da cuberta do libro

Captura da cuberta do libro

Podemos ver  o mundo por un burato ou por unha fiestra marabillosa e mergullarnos nel con tódalas consecuencias e ao mesmo tempo coñecer o mundo da diversidade funcional motora. Desde esta última posibilidade podemos debruzarnos sobre a fantasía dun conto infantil con moitos obxectivos, o máis importante: educar no mundo dos valores. A aceptación do diferente, a empatía, o degoiro de ser capaz e a liberación dos prexuízos é a materia do conto El reino de los mil escalones que agora para os galegos convértese en O reino dos mil chanzos.

Este conto non comeza coma os outros cun Érase unha vez, senón cun Déixame probar dunha vez. A protagonista é Agostiña, unha rapaza con parálise cerebral que libera a unha vila dun xigante malvado, metáfora da sociedade que despreza ao diferente ou que non lle deixa ser unha persoa autónoma nunha arela bastarda e incomprensíbel. Tódalas escenas, mitos, persoas e clixés serven de escusa para que a protagonista ache o seu lugar no mundo, non sen antes loitar polos seus dereitos.

É un proxecto solidario de ASPACE (Asociación de Atención a Persoas con Parálisis Cerebral e Discapacidades Afíns) de Castela e León que agora podemos desfrutar en galego. Os autores do conto cederon os beneficios a ASPACE polo que o produto da venda vai parar integramente a esta asociación.

O libro pódese pedir, ademais das librerías de conto infantil, a:

  • Federación ASPACE de Castilla y León
  • Teléfono 983 246 798
  • federaspacecyl@gmail.com

ou:

  • Editorial Lobo Sapiens
  • Teléfono 987 170 652
  • comercial@lobosapiens.net

Doutra banda na bitácora Necesidades educativas. Discapacidad motórica, en breve, poderanse acceder a actividades LIM (libros interactivos multimedia) sobre a lectura do conto. Pregamos difusión deste evento. Hai unha nota de prensa da asociación.

Enlaces que se citan:

Fracaso da Atención á Diversidade?

0

Compartimos o artigo do Blog da nosa compañeira Cuca da Silva, Pensando en Imaxes,
sobre Que está a suceder na educación?

“Non é que as cousas estiveran ben antes, pero agora van mais que mal…”
“Dende que comezou este curso recibín decenas de chamadas e correos electrónicos de nais desesperadas para todos os que están a pasar os seus fillos con autismo nos principais institucións de ensino.
Que nos queda dos tres pilares da inclusión: CONCIENCIACIÓN, RECURSOS y FORMACIÓN? A resposta é clara, NADAAAAAAAAAAAA”

Algúns detalles destas conversas cos pais son aberrantes:
“- Mi niño no tiene más que dos horas de apoyo a la semana.
– Mi hijo no tiene ningún apoyo, ni PT, ni AL.
– Mi hijo no puede ir de excursión porque no controla esfínteres. ¿Pero no tiene cuidadora? No no tiene. Y cuando se hace pis en el cole ¿quién lo cambia? Vamos nosotros a cambiarlo. OLEEEEEEEEE por la inclusión, oleeeeeeeee por la conciliación con la vida laboral!!
– Mi hijo sufre acoso por parte de sus compañeros de clase y su tutor. Pero su profesorado ¿no tiene constancia de su diagnóstico?,¿ hay plan de intervención dadas sus necesidades educativas? Nooo, ellos me dicen que es solo un niño mal educado, que lo que necesita es mano dura. BIENNNNNNNN POR LA FORMACIÓN, BIENNNNNNN por la aplicación de la ley de atención a la diversidad.
– El orientador y el INSPECTOR me dicen que como en este cole no le pueden dar apoyos a mi hijo que me lo lleve a otro centro. ¿LA INSPECCIÓN TAMBIÉN JUEGA AL JUEGO DE ELIMINAR A NUESTROS HIJOS DE LOS ORDINARIOS?
– Me dicen que deje al niño un año más en la guardería pues en el colegio no lo pueden atender.”

Podedes ver o artigo completo en :

http://www.pensandoenimaxes.blogspot.com.es/2013/01/fracaso-de-la-atencion-la-diversidad-no.html

Ir arriba