Tadega nos medios de comunicación

[D] Estabamos de noraboa e o seguimos estando. A raíz do premio EGANET 2007 do que xa dimos conta en artigos anteriores, distintos medios de comunicación fixéronse eco deste evento, e máis por deixar constancia no noso arquivo histórico que gardamos nesta bitácora que por autobombo (a pesares do que puidera parecer 🙂 ) queremos deixar aquí postos os enlaces máis significativos a estes recoñecementos (en orde cronolóxico): O relato

Ler máis

TADEGa.net, premio EGANET 2007

[D] Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.org – www.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do

Ler máis

Seica temos Blidget propio

O tema dos widgets revolucionou, revoluciona e revolucionará a blogosfera ( blog + widget = blidget ), xa non temos que facer filigranas co deseño e encher abondosas liñas de código para decorar, comunicar ou reformar a nosa web, aquí si que ten cabida o malogrado WYSIWYG que tanto se prodiga nas ferramentas da rede. Un TADEGa de peto para que estes á última das novas, para que o sindiques,

Ler máis

Xa temos o noso propio IBSN

[D] Pois si, xa temos o noso propio IBSN (Número de Serie de Blogs de Internet) que identifica inequívocamente na Internet calquera dos documentos que aquí se publiquen (equivalente aos ISBN dos libros e aos ISSN de revistas e xornais). Veredes ademais que acadamos unha numeración simpática (os prefixos telefónicos das 4 provincias galegas agás Ourense que nos quedamos coa última, mágoa porque o IBSN debe conter 3 guións e

Ler máis

TADEGa nos premios Eganet

[D] TADEGa.net está inscrita como participante nos premios Eganet (www.eganet.org – www.premioseganet.com). Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca os Premios EGANET, continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. A nosa candidatura quedou rexistrada na categoría de “Premio Tecnoloxía Accesible” ¿Quen sabe? Ao

Ler máis

Un pouco de historia

Un pouco de historia

  [D] A conta de que? Ben, como hai que empezar por algún lado, e como a historia de como naceu TADEGa débese gardar nalgures antes de esquecela (por se a fama se nos sube á cachola e despois precisamos de botar man dos datos para soltalos nunha rolda de prensa 😉 ) pois será bo tela aquí escrita. Vale, despois deste estrano e longo discurso, comezamos cos datos: 28

Ler máis

Ola mundo!

  [D] Meu deus! Isto é unha proba nada máis… e o que a aínda queda por aprender! Está claro que hai que botarse a andar e trabucarse de cando en vez. É o único xeito de medrar. Así que aló imos. Ben, sabede que iste é o meu primeiro artigo nunha bitácora. E é toda unha aventura. Acabados os preliminares do conto, pasemos ao que importa: aquí tedes a

Ler máis