EDIGa de noraboa

[D-221] Veño de saber que EDIGa foi premiada na recente edición do SIMO co premio á Mellor web colaborativa do 2007. Só cabe aledarse por tan boa nova e enviarlles a todos os seus integrantes as nosas máis fondas felicitacións e parabéns. Sabemos todos os de TADEGa, que non é un premio sen esforzo. Ogallá sexa só un dos primeiros recoñecementos ao seu traballo e entrega.

TADEGa, EDIGa, SIDAR e TecnoNEEt

[D-214] Teño por costume dar unha volta case que tódolos días polas bitácoras dos bos amigos, dos que sabemos todos que, cando escriben algo, paga a pena lelo. E hoxe vexo que o noso amigo Javier Soto na súa bitácora de tecnología y discapacidad* fai un alto no camiño dos artigos rigorosos para comentar unha anédota e unha foto. De entrada parecería esta unha reflexión banal, pero non é así:

Ler máis

Aprobada a lei da lingua de signos

[D-199] Aprobada a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral Seguindo unha atenta lectura do que se publica nos cadernos de bitácora amigos, atópome hoxe domingo con que o noso amigo Domingo (curiosa homofonía) ben de publicar unha noticia moi salientable no seu caderno de bitácora ( http://domingomendez.blogspot.com ). O pasado 10 de outubro aprobouse por unanimidade a lei que recoñece a

Ler máis

Taller de software para personas con discapacidade

[D-189] Taller de software para personas con discapacidade motórica e/ou intelectual Da man dos nosos admirados compañeiros do TecnoNEEt e dun entrañable e coñecido autor como é Antonio Sacco da Arxentina para o que xa temos colaborado nalgunha ocasión, terá lugar en vindeiras datas un magnífico taller no CPR de Cieza, Murcia que será, seguro, toda unha referencia. Estaremos moi pendentes. Polo de agora aquí quedan os datos que eles

Ler máis

Teletexto TVE: páxina 800

[D] Mais de 18 anos deste recurso tan axeitado non só para a comunidade xorda senón para estar ao tanto das novas do mundo das discapacidades en xeral, moi boa xestión e cunha accesibilidade a prova de plataformas: DvB, DVB-T… aínda que na internet fáltalle un fervor… parabéns. Atoparédelo no enderezo http://www.rtve.es/tve/teletexto/

A cegueira, unha experiencia

[D] A nosa compañeira Emma acábanos de enviar á lista de correo un artigo impagable. O seu relato persoal coa cegueira, especialmente no tocante ao descoñecemento de quen, os que nos cremos normais, temos sobre as discapacidades e sobre a cegueira en particular. Grazas Emma por compartires estos anacos de vida con todos nós. Non cae en saco roto. Aquí tedes o enlace ao seu artigo relatando esta experiencia persoal.

25 aniversario da LISMI

[D] O Congreso dos Diputados ven de acoller unhas xornadas para conmemorar istes 25 anos da lei que se ben supuxo o primeiro esforzo pola non discriminación, integración escolar, igualdade de oportunidades, prestacións económicas, accesibilidade (lexislación), etc. das mulleres e homes con algunha discapacidade, en moitos ámbitos semella que os 25 anos non chegaron para moito. Coido que aínda queda un longo camiño…

Traducir recursos ao galego

[D] Un dos valores engadidos que pode aportar unha comunidade activa como a nosa de profesionais da Educación interesados na optimización do uso das TIC (Tecnoloxías da Atención á Diversidade na Educación Galega), é a traducción dos recursos tecnolóxicos máis salientables do panorama actual ao galego para así rachar unha das fendas dixitais que xorden en Galicia por mor do idioma. Ese é o noso caso, así que dito e

Ler máis

I Xornadas TADEGa 2007

[D] As I Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 28 de abril de 2007 en Santiago de Compostela baixo o título Novos recursos tecnolóxicos para a atención á diversidade e a procura da accesibilidade. Programa O programa de contidos e actividades desenvoltos o tedes no seguinte enlace ao programa en formato PDF. Información detallada Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, fotografías

Ler máis

TADEGa en DOCENTIA 2007

Vía email por Juan: “Ola rapaces. Como tiña aviso de que ao mellor os medios non respondían axeitadamente e de que polo tanto puidera non ter dispoñible o acceso a Internet, fíxenme unha presentación en PowerPoint co material que precisaba tanto para a presentación con Felo (Venres) como para a presentación de Abraham (Xoves). O que significa que é unha presentación na que irei rapidiño cando toque uns temas e

Ler máis