Historia

Relatos da historia de TADEGa, dos seus membros, anécdotas…

Cartaz anunciador das IV Xornadas TADEGa 2010.

IV Xornadas TADEGa (actualizado 24/2/10)

0

Na asociación aledámonos de presentarvos unhas novas xornadas para este 2010. Máis en concreto o venres 26 e sábado 27 de febreiro de 2010 no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. O seu título Competencia dixital na atención á diversidade

Os datos

Cartaz anunciador das IV Xornadas TADEGa 2010.

Pé de media (e descrición alternativa): cartaz anunciador das IV Xornadas TADEGa 2010. Nel pódese ler tamén o lema das xornadas: -Competencia dixital na atención á diversidade- así como os temas que se tratarán e que poden ser lidos no documento PDF que se xunta a este artigo.

Avisos

Relación (actualizada 24/2/2010) de persoas admitidas (En formato PDF).

Aclaracións ás vosas preguntas

  • Prezos de matrícula: (Ata o 15 de febreiro inclusive). Persoas socias de TADEGa e/ou DIVERTIC: 25 €. Persoas non socias: 45 €.
  • Número de prazas: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes rematando o prazo de inscrición o 15 de febreiro de 2010. Posteriormente, e só no caso de quedar prazas libres, admitiríanse solicitudes novas cun incremento de 20 € sobre o prezo de matrícula.
  • Certificacións:
    • Solicitada a certificación pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, válida para funcionarios, interinos e titulacións universitarias estén ou non en activo por un total de 10 horas.
    • O número de horas máximo sen asistencia con dereito a certificado é do 10%.
    • Coa lexislación vixente, a certificación obtida é válida para o baremo das oposicións, o que non resta que na vindeira convocatoria de oposicións se moficase algún aspecto da norma que puidera facer inviable o anterior, polo que a garantía absoluta de validez non é posible.
  • Neste momento, e conforme se van producindo as inscricións estamos notificando por correo electrónico a conformidade correspondente de xeito individual e unha vez cumprimentados todos os pasos necesarios. No momento en que detectamos algunha anomalía tamén a advertimos por correo electrónico.

Enlaces e datos de referencia

E como o mellor que podemos facer é ir directos á substancia, aquí vos deixamos xa cos enlaces para acceder ao tríptico do programa, e para o proceso de inscrición:

  • Enlace ao tríptico das xornadas: programa (En formato PDF) Actualizado o martes 23 de febreiro.
  • Enlace ao formulario para inscribirse: inscrición.
  • Relación de hoteis en Pontevedra (actualizado 16/2/2010) (En formato PDF).
  • Formularios adicionais (para o profesorado de ensino non universitario) nos que se poden pedir axudas económicas e permisos de asistencia (En formato PDF).
  • Enlace de Google coa ubicación do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Unha resposta para Iago

4

A historia

Fai tempo dabamos conta nesta bitácora de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto.

No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación.

Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el.

Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste.

Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer.

O video orixinal de Iago

Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo de Iago elaborado pola súa mai no que Iago nos amosa, con moitísimo esforzo, unha mensaxe que nos conta con xestos e pictogramas que, pasado a palabras di: Hola, yo quiero que tú, me esuches, me veas, me hables y me ames.

A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña

Nota provisional: Lamentablemente a xente de Youtube entende que o audio que acompaña a este vídeo, aínda tendo explicacións orais do narrador para a súa comprensión, vulnera os dereitos de autor por levar unha musiquiña de fondo. Por tal motivo silenciou totalmente o audio que agora non se pode escoitar sen aviso previo nin dar audiencia. No momento en que podamos, faremos unha versión idéntica con música libre que substituirá a actual. Desculpade as molestias.

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos.

Enlaces de interese

  1. A nosa nova sobre o premio de Iago:
    tadega.net/Bitacora/?p=1250
  2. A web de Xandre:
    www.ContosDeXandre.net
  3. A páxina do concurso de curtos:
    www.yotambientengoderechos.com/…
  4. O caderno dixital de Mamiago:
    HablaPorMiDiceIago.blogspot.com
  5. Sitio de Internet do CEIP Sal Lence:
    centros.edu.xunta.es/ceipsallence

Un apunte pequeno: 2º aniversario

1
Tarta de aniversario (como son poucos anos, só é unha madalena).

Pé de imaxe (e descrición alternativa): Mini tarta de cumpreanos (tan só unhas velas pinchadas nunha magadalena).”

Botamos a andar fai ben pouco

Non vos quero machacar con máis paragrafadas enormes nin discursos interminables. Só é para comunicarvos unha boa nova (seguindo o estilo do Nadal que cómpre para estes días): hoxe 15 de decembro, a nosa asociación TADEGa cumpre 2 anos.

Moitos non son, é verdade. Pero intensos si, moito moitísimo.

Graciñas por ser e por estar.

Sábado, 7 de novembro

0
Logotipo de BJ-Adaptaciones.

Logo: BJ-Adaptaciones.

Seminario e asemblea

Non perdas esta cita. Sesión dobre para os amigos e amigas desta asociación:

  • Por unha banda e en sesión de mañá, micro-xornada/seminario sobre símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura a cargo de: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona.
  • Por outra banda e en sesión de tarde, asemblea xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa.
  • Polo medio, un xantar sinxelo de confraternidade para quen queira participar (sempre que nos comunique previamente por correo electrónico a súa asistencia) e ao estilo Ribadeo (cada un paga o seu).

Polo miúdo

Sen máis preámbulos:

  • Data: Sábado 7 de novembro dende as 10 da mañá ata as 7 e media da tarde.
  • Lugar: Santiago de Compostela, Salón de actos do MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego).
  • Matrícula: Non se precisa preinscrición previa.
  • Prezos: Socias/os 5 euros por asistente. Non socios/as 10 euros.

Horario

  • 10,00 – Chegada e inscrición nas xornadas.
  • 10,20 – Símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura. Relator: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona.
  • 12,00 – Descanso-café.
  • 12,30 – Debate aberto con Borja Romero Salord (BJ Adaptaciones) Feliciano José Couto Escanciano, Ana Belén Domínguez Besada (Asociación TADEGa).
  • 13,00 – Comunicación de novidades TADEGa, presentación do proxecto: Xandre, o elefante sen sombra (en fase probas).
  • 14,00 – Xantar de confraternidade.
  • 16,30 – Asemblea Xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa (remitirase en breve convocatoria oficial, orde do día, e copia dos estatutos). Estará aberta a outros participantes non socios aínda que sen calidade de voto.
  • 19,30 – Peche da asemblea e reacondicionamento do salón de actos.

Graciñas por ser e por estar.

Logotipo de TADEGa.

Logotipo de TADEGa.

Ir arriba