Descargas

Rematou o II Congreso TADEGa

0

Viñeta do Carrabouxo onde se mira iste personaxe de Xose Lois cunha persoa que lle di 'Son de TADEGA e vostede?' e o Carrabouxo lle resposta 'Tamén pero sen o T'.

Coa resaca aínda do II Congreso TADEGa, queremos antes de nada darvos as grazas a todas as persoas que fixestes posible co voso traballo que o Congreso fora unha realidade.

Istes días pasaremos a avaliación do Congreso, do que atoparedes cumprida información dos relatorios en:

http://encontros.tadega.net/congreso/programa

Novas do Congreso Na TVG:

Novas do Congreso Na Voz de Galicia:

Ligazón á páxina da Voz de Galicia

Iphone coa aplicacion PICAA

Picaa no App Store

0
Iphone coa aplicacion PICAA

Imaxe de 3 iPhone/iPod onde se mira a aplicación PICAA

Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil

Veñen de publicar Picaa no App Store: Picaa para iPhone, iPod touch e iPad na App Store de iTunes

Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut.

Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación.

O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo.

A aplicación é gratuita, e na versión optimizada de xuño agardamos que xa estea a versión en galego, grazas a colaboración de TADEGa

http://scaut.ugr.es/picaa/

http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8#

logo

Messenguer Visual

0

logo

Logo del messenger visual de citap

O Messenger visual é un proxecto de servizo de mensaxería instantánea baseado en pictogramas, a fin de permitir a comunicación entre as persoas que teñen dificultade de lectura, escritura, fala ou movemento.

Usa un sistema alternativo de comunicación e de palabras que representan conceptos a través de símbolos.

O ambiente do programa tamén é máis visual. A idea é simple, pero ofrece unha excelente solución para miles de persoas: substituír a palabra (“mazá”, por exemplo) co símbolo (a imaxe dunha mazá).
Os símbolos están clasificados por temas e cada persoa, da súa conta, pode enviar varios nunha liña, por forma a relacionarse as palabras nunha frase. Entón, o xeito de construír a mensaxe é intuitivo.
interface do mesenger visual

“Destina-se a un tipo de poboación que agora non pode acceder a rede internet, a rede principalmente por mor da palabra escrita prevalece, explica Sandra Delgado, Coordenadora pedagóxica do Messenger Visual. Co Messenger é sensibilizar a poboación en xeral que moitas persoas non teñen acceso á rede. ”

O programa é software libre e emprega pictogramas ARASAAC organización, que tamén ten unha licenza Creative Commons, o que significa que todos son libres para usalo e melloralo.

A iniciativa foi desenvolvida no Centro de Innovación Tecnolóxica adaptados a persoas.

http://devel.cpl.upc.edu/messengervisual/

Centro de Innovación Tecnolóxica adaptados a persoas http://www.fundmaresme.com/messengervisual/

http://devel.cpl.upc.edu/messengervisual/downloads/1

Imaxe do Caracol Serafín

O caracol Serafín

1
Imaxe do Caracol Serafín

Pé de medio (e descrición alternativa): Imaxe do Caracol Serafín sorrindo.

Xogo didáctico multimedia e interactivo destinado a nenas e nenos de 3 a 7 anos de idade, accesible, ás persoas con cegueira ou discapacidade visual.

Consta dun conto interactivo e 17 actividades, que traballan os contidos do currículo educativo correspondentes ao segundo ciclo de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria.

Os contidos do xogo pódense traballar en 5 idiomas: castelán, catalán, éuscaro, galego e inglés.

Enlace descargar xogo: O caracol Serafín

Ir arriba