Bibliografía

Bibliografía especializada en todo o relacionado coa nosa bitácora.

XII Xornadas AGPETAL III Xornadas TADEGa

0

Unha vez pasadas as Xornadas, e os retallos organizativos que aínda quedan, iremos dixerindo todo o material, fotos, vídeos, contidos… que produciron as Xornadas. Hoxe o vídeo do Proxecto Foro TecnoNEEt (1), logros e perspectivas de futuro; e tamén o PowerPoint lo Lobo Feroz (2) que Borja de BJ-Adaptaciones (3) dixo que nos deixaba.

Grazas a todas e a todos.

[D-702]

Ligazons

(1)Ligazón á web do Foro TecnoNEEt
(2)Ligazón ao PowerPoint “La Historia do Gran Lobo Feroz”
(3)Ligazón á web de BJ Adaptaciones
(4)Ligazón ao álbum de fotos de Picasa das Xornadas

Conclusións Tecnoneet 2008

0

foto grupo tadega no tecnoneet 2008 [D-691]

Ola a todas e todos.

Comprácenos comunicarvos que, tras algunhas discusións nos comités encargados na súa elaboración, remítennos o documento definitivo de Conclusións do V Congreso Tecnoneet 2008. O colectivo tadeguiano en xeral sintese moi orgulloso diste documento no que traballaron activamente e, en especial o noso Juan.

Noraboa Presi

Curso creación contidos multimedia

0

lim. [D-659]

Moitos de vos preguntades a miúdo por programas e ferramentas de autor que faciliten a creación de actividades de traballo para os vosos alumnos e fillos, pois para os mestres a partires do próximo mes de febreiro poñeranse en marcha dous novos cursos de formación a distancia en PLATEGa. Os cursos están relacionados coas ferramentas de autor LIM e Ardora. Para inscribirse nas actividades hai que ir ao sistema de formación do profesorado (fprof) e buscar as seguintes referencias:

  • X0804047 – LIM e o proxecto Xogamos? Aplicación didáctica
  • X0804048 – Creación de actividades en liña con Ardora. Uso didáctico

Data límite de inscrición nas actividades ata o próximo día 9 de xaneiro.
Ambos cursos están deseñados para 50 alumnos e constan dun total de 30 horas . A temporalización do mesmo é do 02/02/2009 ao 15/05/2009.

E para os que non sexades mestres ou non vos concedan o curso, tendes moito para ir empezando a practicar en LIM cos tutoriais e o “curso autodidacta” na rede. As interesadas e interesados podedes ir probando, e as dúbidas que vos vaian xurdindo as anotades aqui nos comentarios e lle imos dando resposta, si? Animadevos!

Ligazóns que se citan

Créditos

  • Ardora é un programa totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sin caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Autor: José Manuel Bouzán Matanza
  • LIM e EdiLim son de uso e distribución libre, sempre que se respete a súa gratuidade e autoría. Autor: Fran Macías

Guía discapacidade neuromuscular

0

Imaxe Logo ASEM [D-622]

Nace a primeira Guía de las Enfermedades Neuromusculares: información y apoyo a las familias, presentada o pasado 14 de novembro en Barcelona no XXV Congreso da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares (ASEM) grazas á iniciativa  da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares e á Fundación Solidaridade Carrefour.

A guía ofrece unha ampla información sobre as enfermidades neuromusculares tanto ás persoas que as padecen, como as súas familias e aos especialistas que a tratan.

Con esta fin, a publicación divídese en tres áreas: sanitaria, psicolóxica e social. Nelas recóllense as particularidades que viven as persoas afectadas por enfermedades neuromusculares nos diferentes ámbitos da súa vida.

Do mesmo xeito, a guía contén diferentes apartados onde se inclúen teléfonos e direccións de organismos oficiais de interese, e aporta testimonios, un glosario, datos das entidades que forman parte da ASEM e páxinas web de utilidade.

Para o director xeral da Fundación Solidaridade Carrefour, Guillermo de Rueda, a edición desta guía supón “dar respuesta a una de las demandas más importantes tanto de las personas que padecen enfermedades neuromusuclares como de sus familias”, e espera que “esta publicación sea una herramienta útil y que sea de gran utilidad para las personas que sufren este tipo de dolencias, sus familiares y el cuerpo sanitario”.

Actualmente, a guía está editada por Formación Alcalá e poderá atoparse nas entidades que forman a ASEM, en hospitais e en entidades privadas ligadas ao campo da saúde e da discapacidade.

Enlaces de interese

  • Enlace á Guía na páxina Web de ASEM Galicia www.asemgalicia.com
Ir arriba