Congreso TecnoNEEt 2008

[D-312] Unha magnífica noticia Como xa recollen nos seus respectivos cadernos de bitácora de Javier Soto, Domingo Méndez ou Celestino Arteta, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital. Baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital, o Congreso celebrarase no Campus da Muralla do

Ler máis

Sobre dificultades instrumentales

(Aviso: Artigo en castelán – Artículo en castellano) [es] Intervención en el aula ante las dificultades de lecto-escritura El lunes 16 de enero comienza en el CEP Azuqueca el curso Intervención en el aula ante las dificultades de lecto-escritura, destinado al profesorado en general y a los orientadores, cuyos objetivos fundamentales son: Definir y conocer el concepto de dislexia y sus implicaciones. Facilitar estrategias que ayuden a identificar la dislexia.

Ler máis

I Premios EDIGa 2008

[D-304] A convocatoria Os premios EDIGa convócanse co obxectivo de incentivar o uso dos novos soportes dixitais interactivos, de difundir experiencias educativas e o de crear unha comunidade de aprendizaxe tendo como referente as TIC: As categorías CATEGORÍA A: Elaboración de Materiais Didácticos. CATEGORÍA B: Boas prácticas SMARTBoard / Experiencias innovadoras. Os premios 1º Premio SMART: un kit de 5 unidades SENTEO: Unha viaxe a BETT 2009. 2º Premio SMART:

Ler máis

Xornadas de Sensibilización: A Discapacidade

[D-300] As actitudes ante a discapacidade son un dos pilares fundamentais para a inclusión educativa e social. Unha actitude positiva cara a discapacidade fai posible que a integración total sexa unha realidade. Mellorar a actitude das persoas sen discapacidade lógrase a partir do coñecemento das características das distintas discapacidades, dos dereitos, da interacción con persoas con discapacidade, etc. Este é motivo principal polo que o Departamento de Orientación e o

Ler máis

Xa temos Congreso TecnoNEEt 2008

[D-256] Un acontecemento longamente agardado Xa temos aquí o congreso [1] por excelencia. O maior e mellor evento de toda Iberoamérica no que ao uso e aproveitamento das TIC na atención á diversidade se refire. De feito, TADEGa [2] débelle moito a TecnoNEEt [3], pois foi no seu congreso de 2006 [4], onde TADEGa cobrou forma a raíz da xuntanza que amablemente nos facilitou a organización do congreso de todos

Ler máis

II Xornadas TADEGa

II Xornadas TADEGa

  [D-244] Está visto que levamos uns días de contento a contento; estas novas xornadas que estamos a preparar, terán lugar o sábado día 15 de decembro en xornada de mañá (inclúe xantar con opción a prolongar o debate a parte da tarde) no edificio MUPEGA de Santiago que amablemente nos cede os seus locais. Entre outros asuntos a tratar, abordaremos: Constitución de TADEGa como asociación. Debate dos seus estatutos

Ler máis

Xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade

[D-224] EGANET (asociación sen ánimo de lucro, formada por empresas e profesionais galegos do sector de Internet e as novas tecnoloxías) ven de informarnos na súa páxina web (www.eganet.org) de 2 eventos de suma importancia no ámbito galego. 26 e 27 de novembro de 2007, curso Accesibilidade Web organizado por EGANET cunha duración de 16 horas, destinado a profesionais con coñecementos intermedios de desenvolvemento de aplicacións web, a se celebrar

Ler máis

Parálise cerebral e deficiencias afíns

[D-222] Por medio da bitácora amiga AEDIR (Asociación de Educación e Diversidade da Rioxa), tomamos nota das Xornadas Técnicas que ASPACE-A Rioxa (Asociación de atención ás persoas con Parálise Cerebral e afíns desta comunidade) vai celebrar na súa universidade. Trátase dunhas xornadas técnicas de ámbito universitario nas que un dos días adícanse a desenvolver a temática do uso e aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para este

Ler máis

Discapacidade intelectual e saúde mental

[D-217] O I Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental terá lugar o venres, día 16 de novembro, no hotel Torres de Compostela nesa localidade coruñesa. Esta actividade forma parte do Programa Desvantaxe Social que, xunto coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta, ven traballando estes últimos anos para mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos da saúde mental.

Ler máis

II Xornadas sobre o TDAH

[D-202] II Xornadas formativas ANHIDA sobre hiperactividade e déficit de atención Nota: Asociación ANHIDA (Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención). Organizadas pola Asociación ANHIDA (anhida.org), estas xornadas céntranse no TDAH (Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade) e terán lugar os días 9 e 10 de novembro na cidade de Vigo. Obradoiros: O neno con TDAH no seu contorno familiar O neno con TDAH no contorno educativo

Ler máis