Axenda

Axenda de datas nas que se celebran reunións, xuntanzas, congresos, xornadas ou calesquera evento de interese.

Logotipo da asociación AGPETAL.

XIII Xornadas AGPETAL

5
Logotipo da asociación AGPETAL.

Logotipo da asociación AGPETAL.

Informamos da vindeira celebración das XIII xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profedsorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe) que abordará o tema A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva

Estas xornadas terán lugar os días 8, 9 e 10 de novembro de 2012 nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Entre outras intervencións, caben salientar as de 3 magníficas tadeguianas: Susana Viqueira Cobas, Esther Frade Fraga e Mª Belén Junquera Méndez. Seguro nos achegarán contidos, ideas e propostas xeniais.

O prazo de matrícula queda aberto e vos achegamos aquí o tríptico con todos os detalles e datos necesarios.

Nestas xornadas as persoas socias de TADEGa teñen un desconto na matrícula polos acordos de colaboración entrambas identidades.

Saúdos.

Enlaces que se citan

  1. Tríptico en formato PDF do programa [enlace 1]

Cursos de Especialización

0

Desde APAE os informamos de que ya tenemos fechas para las formaciones de este primer trimestre de curso. A lo largo de estos meses podremos facilitaros las fechas de los del segundo y tercer trimestre, que esperamos os resulten de interés.

Para obtener más información sobre los cursos de este trimestre no tenéis más que pinchar sobre ellos y acceder al doc., donde figura el temario, la fecha límite de inscripción, fecha del curso, etc.

En la sección de “Formaciones 2012/2013” que figura en la cabecera del blog de APAE tenéis un acceso al formulario de inscripción on-line para cada uno de los cursos, y es allí donde podréis encontrar también la lista de admitidos. Nuestro blog es http://www.atenciontempranaapae.blogspot.com.es/

En cuanto dispongamos de las fechas de los siguientes cursos iniciaremos el proceso de inscripción.

Para cualquier consulta, como siempre os podéis poner en contacto con nosotros por teléfono o por correo electrónico (apae.atencion@gmail.com).

Un saludo.

Imaxe de cabeceira do VII Congreso TecnoNEEt.

Conta atrás para o VII Congreso TecnoNEEt

0

Como xa sabedes case todas e todos vós, os días 18, 19 e 20 de outubro en Cartaxena teremos o I Congreso Nacional de Dificultades Específicas de Aprendizaje (DEA) xunto co VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad (TecnoNEEt) que este ano leva por título Respuestas flexibles en contextos educativos diversos.Como hai moita xente de TADEGa anotada neste congreso tanto como organizadores como asistentes, e como ademais moitas destas persoas son docentes que traballan no ensino público, deixamos aquí postos os datos necesarios e o modelo que fai falla para solicitar os días de permiso no centro para asistir a esta actividade formativa.

  • O modelo de solicitude, pode descargarse aquí: enlace.
  • Unha vez cumprimentado anexaráselle documentación relativa ao congreso (neste caso por exemplo o programa que figura na web).
  • Entregarase esta documentación no centro (no que se está destinado no momento de producirse a ausencia).
  • A dirección do mesmo, e cun mínimo de anticipación de 10 días naturais, deberá emitir un informe que se xuntará á solicitude para ser remitidos ambos documentos á xefatura territorial.
  • Caso de non ter resposta antes do congreso poderíase consultar telefónicamente na inspección educativa.
  • Á volta do congreso deberase emitir un breve informe do acontecido no congreso así como un xustificante de ter asistido.
Imaxe de cabeceira do VII Congreso TecnoNEEt.

Pé de medio (e descrición alternativa): Imaxe de cabeceira do VII Congrso TecnoNEEt, na que figuran impresos os datos básicos do mesmo tal e como se explican neste artigo.

 
Imaxe pictografica ARASAAC dunha persoa cega

Curso Discapacidade Visual (actualización)

0
Imaxe pictografica ARASAAC dunha persoa cega

Imaxe pictografica ARASAAC dunha persoa cega

O Alumnado con discapacidade visual e o seu contexto: Centro Educativo e Familia

Texto actualizado:

Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

TADEGa organiza os días 25 e 26 de Novembro, en colaboración co gabinete de psicoloxía Emma Mayo Psicóloga, un curso sobre “o alumnado con discapacidade visual e o seu contexto”.

Consideramos que este curso é moi necesario pois, segundo datos da propia Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) publicados na súa web (http://www.once.es/new/afiliacion/datos-estadisticos), en Galicia existen un total de 265 rapaces entre os 0 e os 18 anos con discapacidade visual (142 homes e 123 mulleres), polo que é moi probable que nalgún momento da túa vida profesional teñas que impartir clases a algún destes rapaces/as, incluso a pesares de non telo feito con anterioridade e de non saber, a priori, que metodoloxía seguir.

A través deste curso pretendemos que coñezas qué é iso da discapacidade visual, pero non só a través das definicións teóricas existentes, senón que pretendemos proporcionarche unha experiencia práctica que che axude a poñerte na pel dese posible alumno/a cego e/ou deficiente visual que, probablemente, algún día atoparás na túa aula. Ademais, proporcionarémosche diferentes estratexias para facilitar a intervención (organización da aula, localización do alumno, pautas de comunicación, recursos que facilitan o proceso educativo, adaptacións necesarias, tecnoloxías para a discapacidade visual…etc.) sen esquecernos de algo fundamental: a familia.

Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para atender, dun xeito eficaz, aos alumnos/as que presentan discapacidade visual, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función do grado de discapacidade que presenta o alumno, así como doutras variables.

Contidos do curso

  • Miramos o síntoma ou estudamos ao neno?
  • Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (I)
  • Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (II)
  • O meu compañeiro ten unha discapacidade visual, como podo axudalo?
  • A familia
  • O meu centro é un centro inclusivo para un alumno con discapacidade visual?
  • Debate e conclusións
  • Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

    Ligazóns

    (Ábrense nunha ventana nova)

Ir arriba