Axenda

Axenda de datas nas que se celebran reunións, xuntanzas, congresos, xornadas ou calesquera evento de interese.

Premio EGANET 2007 por la accesibilidad web de TADEGa.

I Xornadas TADEGa 2007

2

Fotografía do trofeo EGANET 2007 acadado por TADEGa e presentado nas xornadas. [D]

As I Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 28 de abril de 2007 en Santiago de Compostela baixo o título Novos recursos tecnolóxicos para a atención á diversidade e a procura da accesibilidade.

Programa
O programa de contidos e actividades desenvoltos o tedes no seguinte enlace ao programa en formato PDF.

Información detallada
Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, fotografías etc. nos que se explican polo miudo todo o acontecer destas xornadas que, ao noso xuízo foron altamente positivas.
Enlace con información detallada.

TADEGa en DOCENTIA 2007

7

Vía email por Juan:

“Ola rapaces.

Como tiña aviso de que ao mellor os medios non respondían axeitadamente e de que polo tanto puidera non ter dispoñible o acceso a Internet, fíxenme unha presentación en PowerPoint co material que precisaba tanto para a presentación con Felo (Venres) como para a presentación de Abraham (Xoves). O que significa que é unha presentación na que irei rapidiño cando toque uns temas e pausado cando toque outros conforme se presente a ocasión.

Espero que quede á vosa satisfacción.
Unha aperta
Juan.”

Aquí está a presentación ;)[D]

TADEGa.net, premio EGANET 2007

2

[D]

Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.orgwww.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade.

Os nervos de Antonio e meus eran moitos aínda que o premio deixounos descolocados pois non contabamos con que os ollos dos grandes caeran sobre iste novo grupo tan cheo de ilusións por facer da simbiose entre as TIC e a atención á diversidade un mundo de ferramentas fecundas para todos.

Sexa como fose, a responsabilidade que gañamos co premio tamén é importante e o reto que se nos achega tomámolo con novo pulo.

Antes de rematar esta boa nova, quería dar os lóxicos agradecementos ás moitas persoas que están detrás de todos estes esforzos:

  • A Abraham, o cacharreiro tecnolóxico maior desta bitácora e con quen comparto case que a diario o peso de ter a web ao día.
  • A Antonio polos seus desvelos e suxestións, compañeiro de fatigas de TADEGa. Nos seus miolos estivo a idea primixenia deste grupo.
  • Aos magníficos compañeiros e amigos do TecnoNEEt, inspiradores maiores da semente de TADEGa, e da urxencia da accesibilidade web, non como un ornamento artístico, senón como a única resposta posible á dignidade das persoas con discapacidade. E, dun xeito especial, aos grandes amigos con maiúsculas Javier, Manolo, Emilio… e sen deixar atrás a ningún dos grandes deste equipo: Domingo, Mª Dolores, Mª José…
  • A todas e todos os membros de TADEGa para quen se constrúe todo isto.
  • A Marisa e María arquitectas maiores dunha vida ilusionada e ilusionante por un mundo con máis vida para todos.

Ola mundo!

2

 

Un encerado ou pizarra de tiz agardando para ser usado. A imaxe mental que todos temos do ensino tradicional que pronto cambiaríamos por outros medios máis dixitais (probablemente?).

Un encerado ou pizarra de tiz agardando para ser usado. A imaxe mental que todos temos do ensino tradicional que pronto cambiaríamos por outros medios máis dixitais (probablemente?).

[D]

Meu deus! Isto é unha proba nada máis… e o que a aínda queda por aprender! Está claro que hai que botarse a andar e trabucarse de cando en vez. É o único xeito de medrar. Así que aló imos.

Ben, sabede que iste é o meu primeiro artigo nunha bitácora. E é toda unha aventura.

Acabados os preliminares do conto, pasemos ao que importa: aquí tedes a bitácora de TADEGa.net que imos adicar entre todos nós a contarvos: as noticias, as reflexións, os recursos da rede e todo o relativo ao uso das TIC na atención á diversidade (e tamén, por qué non, ata os pequenos relatos da historia de TADEGa).

Ir arriba