Axenda

Axenda de datas nas que se celebran reunións, xuntanzas, congresos, xornadas ou calesquera evento de interese.

Startup Weekend EDU

0

94d9431cd60141c6835be24dc4791699Ola! Xa estamos aquí de volta.

TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata:

¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado?

¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante?

¿Estamos de broma? En absoluto, do 14 ao 16 de outubro en Santiago de Compostela iso xustamente é o que vai pasar: validar unha idea e desenvolvela en equipo durante 54 horas, xunto a outras persoas con iguais aspiracións.

Quedan poucas prazas. Atrévete!

Startup Weekend EDU Galicia:

http://galicia.up.co/events/9693

Graciñas por ser e por estar!

Cartaz anunciador da película "Vida".

Imos de estrea: “Vida”

0
Cartaz anunciador da película "Vida".

Cartaz anunciador da película “Vida”.

Estamos moi ilusionados

  • Onde: Auditorio Municipal de Ourense.
  • Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A
  • Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida

Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa.

Sinopse de Vida

Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións.

Sinopse de Máis ca Vida

Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man.

Enlaces de interese

Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com

Moita merda!

Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito porque, daquela, época na que non se inventaran os coches, a xente trasladábase en cabalo ás representacións das obras, e moita merda de cabalo á porta significaba moito éxito de público. Pois para todo o equipo de “Vida” e “Máis ca vida” xa sabedes: Moita merda!

Posible símbolo de xornal ou novas.

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

0
Posible símbolo de xornal ou novas.

Posible símbolo de xornal ou novas. Extraído da base de https://thenounproject.com a modo de exemplo dunha futura sinalética na que TADEGa está traballando.

 

O curso reanuda o seu roteiro. Os plans para este 2016 recén inaugurado son moitos e do máis interesante. Así que atentos ás novas que pouco a pouco iremos contando por aquí. O símbolo de lectura, xornal, novidades ou como queirades interpretalo ten relación directa con parte disas novidades que iremos contando no seu momento. Pero polo de agora, imos cinguirnos a algo moi solicitado pola xente tadeguiana, especialmente polas persoas que asistiron ao IV Congreso TADEGa, Vigo 2016 que acabamos de clausurar fai poucos días.

Materias e recursos do congreso compartidos

O dito, acabamos de publicar fai uns días a relación de materiais, recursos, e presentacións de todas as persoas que interviron no congreso e que amablemente nos cederon esta documentación, (vos podedes guiar polo menú da nosa web: Encontros > Congresos TADEGa > IV Congreso. Vigo 2015 > Documentación ) ou tamén ir directamente ao seguinte enlace: http://tadega.net/xuntanzas/iv-congreso-tadega-vigo-2015/documentacion15

Cartaz anunciador do IV Congreso TADEGa.

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

0

Non esquezas a túa cita!!

22 Novembro 2015

  • Queres coñecer como empregar os procesos de Gamificacion na aula?
  • Aplicas as novedades da Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía?
  • No obradoiro de tablets, descubrirás as metodoloxías mais axeitadas
  • Queres unha impresora 3D para a túa aula? Participa niste sinxelo concurso
  • Apetéceche montar na práctica un robot para a aula?
  • E MOITAS MÁIS SORPRESAS…

Lembra que a partir deste día a inscrición no IV CONGRESO TADEGA, increméntase en 15 € https://goo.gl/N6MXYS

Ir arriba